Skip to Content

Avaliación e exames

Avaliación extraordinaria da ESA (1º Cuadrimestre)

No días 22 e 23 de abril de 2024 terá lugar a avaliación extraordinaria para os matriculados no 1º Cuadrimestre da ESA III e da ESA IV (Curso 2023-24). Consulta o arquivo adxunto para coñecer as datas, as horas de avaliación e o día de entrega de notas. 

Probas de nivel lingüístico Cambridge English - Convocatoria de reunión

O luns, día 22 de abril de 2024, ás 18:30 h o persoal de Cambridge English convoca a todo o alumnado inscrito nas probas de acreditación de nivel en lingua inglesa coa finalidade de preparar as probas e resolver posibles dúbidas. As familias do alumnado poden asistir a dita reunión, se así o desexan.

Recórdase que as probas realizaranse o sábado, día 04 de maio de 2024.

CALENDARIO DE EXAMES DE PENDENTES (ORDINARIA E EXTRAORDINARIA)

En documento adxunto poden consultar o calendario de exames correspondentes á convocatoria final ordinaria e extraordinaria. 

CALENDARIO DE EXAMES DA FINAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE 2º BACH

Nos documentos adxuntos poderán consultar as datas relativas ao final das avaliacións ordinaria e extraordinaria así como o calendario de exames. 

Demo da proba da proba de acreditación dixital - Nivel Intermedio

Recórdase que o alumnado de 2º de Bacharelato que se inscribiu na proba de acreditación da competencia dixital pode acceder á demo da mesma premendo nesta ligazón. Recoméndase ao alumnado acceda a esta demo para familiarizarse coa configuración antes de facer a proba.

CALENDARIO DE EXAMES DA AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE 2º BACHARELATO (adultos)

Publicamos o calendario de exames da Avaliación final ordinaria e extraordinaria de 2º de BACHARELATO Adultos correspondente ao presente curso 2023/24. Podedes consultar toda a información no documento adxunto.

Acreditación da competencia dixital do alumnado

A Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades ven de publicar as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa as etapas de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

Os niveis de competencias dixitais que se acreditarán no curso 2023-2024 son os seguintes:

  • ComDix Iniciación (Equivalente a nivel A2)
  • ComDix Intermedio (Equivalente a nivel B2)

O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

As acreditacións do alumnado terán unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
  • Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

O alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e o alumnado de 2º de bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición entregando o impreso adxunto na secretaría do centro ata o día 15 de marzo de 2024, incluído. Os impresos serán entregados a todo o alumnado en formato físico, polo que non é necesario que o alumnado o imprima.

As convocatorias de probas específicas, no curso 2023-2024, realizaranse consonte ao seguinte calendario:

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase no centro durante o mes de abril. Terá unha duración de 20 minutos e realizarase en horario lectivo.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase no centro durante o mes de maio. Terá unha duración de 90 minutos e realizarase en horario lectivo.

Informarase do día e da hora das probas coa antelación suficiente para a organización das mesmas.

Aínda que a inscrición nas probas é voluntaria recoméndase a todo o alumnado de 2º de Bacharelato presentarse ás mesmas.

As probas son gratuítas para todo o alumnado.

Normativa completa premendo AQUÍ

Máis información premendo AQUÍ

Instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU)

Xúntase a Resolución do 20 de febreiro de 2024, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25.

Acceso á Resolución premendo AQUÍ

Probas INEF 2024 (Universidade de A Coruña)

Convocatoria das probas físicas de acceso aos estudos de grao en ciencias da actividade física e o deporte, da facultade de ciencias do deporte e a educación física da universidade de A Coruña (UDC), para o curso académico 2024-2025.

Máis información premendo AQUÍ

CALENDARIO DE EXAMES DE PENDENTES (3ª avaliación)

No documento adxunto pódense consultar as datas e as aulas asignadas para a realización dos exames de pendentes correspondentes á 3ª avaliación.

Distribuir contido


by Dr. Radut