Skip to Content

1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Reto de las emociones

Probas de nivel lingüístico 2023-2024

CALENDARIO DE AVALIACIÓN DE MATERIAS PENDENTES (1º TRIMESTRE)

En documento adxunto podedes consultar as horas e aulas dos exames das materias pendentes.

Orientación persoal, académica e profesional

  • Aplicación interactiva de orientación para o alumnado.  Poderedes facer un test de orientación académica sinalando o curso actual. Os resultados finais recolleranse nun Consello Orientador. Mostrará o itinerario formativo que debes seguir para acadar dita profesión laboral. Busca o teu!

 

  • Blog da orientadora para apoio a profesores, alumnos e familias:

            

 

Acto de benvida ás familias - 1º ESO e 1º BACH

O mércores, día 27 de setembro de 2023, celebramos no centro un acto de benvida ás familias dos grupos de 1º ESO e 1º Bacharelato, no seguinte horario:

  • 1º ESO - 27/09/2023, ás 18:00 h.
  • 1º BACH - 27/09/2023, ás 19:00 h.

Animámosvos a asistir e participar.

Xornada de comezo do curso 2023-2024

Datas e horario da xornada de comezo do curso 2023-2024. O alumnado deberá acudir á xornada de presentación na hora indicada para cada curso ou nivel. A xornada de presentación terá unha duración dunha hora e media.

Probas libres da ESO. Convocatoria setembro. Publicación das listaxes definitivas de admitidos (validacións e exencións)

  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos coas validacións e exencións de lingua galega: venres 21 de xullo de 2023. Poderá consultarse no taboleiro do centro.
  • A publicación das listas de alumnado distribuído por tribunal e sede da realización da proba publicarase antes do 18 de agosto de 2023.
  • As probas celebraranse, en sesións de mañá e tarde, o día 1 de setembro de 2023 (convocatoria extraordinaria).
  • sesión da mañá terá dúas partes:

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

Convocados os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023. Acceso á convocatoria prema AQUÍ

Cualificacións finais ESO (Diúrno)

ENTREGA DE NOTAS

As cualificacións correspondentes á 3ª avaliación e á avaliación final ordinaria para os cursos da ESO publicaranse en ABALAR o martes, día 27 de xuño, ás 20:00 h. Serán entregadas en formato físico polo/a titor/a o mércores, día 28 de xuño, ás 12:00 h.

PERÍODO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓNS

O período de revisión e reclamación das cualificacións finais da convocatoria ordinaria serán os días 28 e 29 de xuño, entre ás 09:00 h ata ás 14:00 h.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023

Mañá, 31 de maio, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 cuxa Orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut