Skip to Content

1º ESO

Orientación persoal, académica e profesional

  • Aplicación interactiva de orientación para o alumnado.  Poderedes facer un test de orientación académica sinalando o curso actual. Os resultados finais recolleranse nun Consello Orientador. Mostrará o itinerario formativo que debes seguir para acadar dita profesión laboral. Busca o teu!

 

  • Blog da orientadora para apoio a profesores, alumnos e familias:

            

 

Acto de benvida ás familias - 1º ESO e 1º BACH

O mércores, día 27 de setembro de 2023, celebramos no centro un acto de benvida ás familias dos grupos de 1º ESO e 1º Bacharelato, no seguinte horario:

  • 1º ESO - 27/09/2023, ás 18:00 h.
  • 1º BACH - 27/09/2023, ás 19:00 h.

Animámosvos a asistir e participar.

Xornada de comezo do curso 2023-2024

Datas e horario da xornada de comezo do curso 2023-2024. O alumnado deberá acudir á xornada de presentación na hora indicada para cada curso ou nivel. A xornada de presentación terá unha duración dunha hora e media.

Cualificacións finais ESO (Diúrno)

ENTREGA DE NOTAS

As cualificacións correspondentes á 3ª avaliación e á avaliación final ordinaria para os cursos da ESO publicaranse en ABALAR o martes, día 27 de xuño, ás 20:00 h. Serán entregadas en formato físico polo/a titor/a o mércores, día 28 de xuño, ás 12:00 h.

PERÍODO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓNS

O período de revisión e reclamación das cualificacións finais da convocatoria ordinaria serán os días 28 e 29 de xuño, entre ás 09:00 h ata ás 14:00 h.

Enquisa de valoración da Biblioteca Escolar 2023

Desde o Equipo da Biblioteca Escolar do IES Santa Irene, queremos facervos chegar unha breve enquisa para avaliar, e así mellorar, o noso labor.

Estará dispoñible ata o 30 de maio.

Enquisa prema AQUÍ

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2023/2024

Lista definitiva de admitidos. Proceso de admisión 2023-2024

Publicada no tablón de anuncios do centro a lista definitiva de alumnado admitido para o curso 2023-2024.

Poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir de mañá, martes, día 16 de maio de 2023.

Bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2023

Convocatoria de bolsas e axudas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Plazo de presentación de solicitudes

08 de maio de 2023 - 20 de setembro de 2023

Máis información e acceso á convocatoria premendo AQUÍ

Enquisas Convivencia Escolar 2023

No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 estase a realizarEnquisa de Convivencia Escolar 2023cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos).

Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros públicos e privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Así mesmo, recórdase que nesta enquisa participan todos os colectivos que conforman a comunidade educativa -alumnado, profesorado, persoal non docente e familias- e que para cumplimentar a enquisa precísase unha clave de acceso ao cuestionario do seu colectivo.

Enquisa para as familias - Prema aquí

Enquisa para o alumnado de ESO/ESA - Prema aquí

Enquisa para o alumnado de Bacharelato - Prema aquí

Información e instrucións

Semana da Ciencia 2023

Semana da Ciencia 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut