Skip to Content

1º ESO

Adxudicación definitiva do fondo solidario de libros para o curso 2020/21

Informamos de que xa poden consultar na Secretaría do centro os libros de texto do fondo solidario adxudicados aos seus fillos para o curso 2020/21.

As familias do alumnado ao que lle corresponda o "cheque de axuda para a compra de material escolar" poden recollelo en Secretaría.

Calendario fin de curso 2019/20 ESO, ESA e 1º de Bacharelato diúrno e adultos

Xúntase actualizado o calendario de final de curso 2019/20 para ESO, ESA e 1º de BACHARELATO diúrno e adultos. Inclúe datas de  entrega de notas, prazos de reclamacións e outras novas importantes. 

Calendario fin de curso 2018 19. ESO e 1º de Bacharelato diúrno e adultos

Xúntase o calendario de final de curso 2018/19 para ESO, ESA e 1º de BACHARELATO diurno e adultos. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e outras novas importantes.

 

Alumnado de centros adscritos admitido en 1º de ESO

No arquivo adxunto aparecen relacionados alfabéticamente as alumnas e alumnos dos centros CEIP Canicouva e CEiP Pintor Laxeiro que están admitidos en 1º de ESO para o curso 2019-2020.

A Hora de Ler

Comezamos o día 8 de Novembro a Hora de Ler.

Trátase dun programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o fomento da lectura nos centros educativos de Galicia.

A Convocatoria e o calendario nos arquivos adxuntos.

Fondo Solidario de libros de texto. Listaxe definitivo

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Podedes consultar a lista de libros que se concederon a través don Fondo Solidario de Libros de Texto. Darémosvos os libros tan pronto como sexa posible. Poñerémonos en contacto cos vosos pais a través dunha circular. A recollida de libros será en horario de tarde e tendes que vir acompañados dos vosos pais.

Libros do Fondo Solidario

Listaxes do alumnado que recibe libros e do alumnado excluído

Aqueles alumnos/as que teñen libros asignados serán avisados ao longo da próxima semana das datas de entrega. Serán os pais/nais/titores legais quen recollan os libros e asinen o xustificante de entrega.

Aqueles alumnos/as que non teñen libros asignadospero están admitidos deberán esperar a que se repartan libros aos anteriores e se lles asignen a eles.

Fondo de libros

A publicación das listaxes definitivas dos alumnos de 1º e 3º de ESO que recibirán libros de texto do fondo solidario do centro non se pode realizar porque desde a Consellería aínda se están a realizar as correccións necesarias.

Libro de receitas e chistes

Para ir deixando bo sabor de boca de cara o fin do curso. Dende a aula de Pedagoxía Terapéutica, partindo do interés común pola cociña dos alumnos que acoden a mesma . Estamos  a elaborar un libro de receitas con comidas de diferentes partes do mundo ademais das típicas do noso país. 

  

Actividade Letras Galegas 2016

                                                Letras Galegas 2016: Homenaxe a Manuel María

                             

Distribuir contido


by Dr. Radut