Skip to Content

Blogue de admin

Novidades na Biblioteca

Non marches de vacacións sen coller un libro para o Nadal...

Boas festas e boas lecturas!!

Obradoiro de poesía con Ismael Ramos

Este luns, 11 de decembro, tivemos con nós ao poeta Ismael Ramos impartindo un obradoiro de poesía dirixido ao alumnado de 4º de ESO. Foi unha tarde ben amena e enriquecedora, xa que ademais de contarnos a súa experiencia como estudante deste centro, Ismael falounos do proxecto "Casa do silencio" e destapou esas palabras “tabú” das que tanto custa falar cando un inicia o camiño cara á madurez.

Falamos de relacións familiares, da identidade de xénero, de menstruación, de saúde mental… de todo! Conseguimos liberar eses tabús que ás veces se atragoan nas nosas gorxas adolescentes e que apreixan o noso corpo deixándonos sen aire. Si, fixemos terapia e aprendemos que a mellor forma posible para liberarnos dos nosos medos e incertezas é a poesía.

 

 

Chapas para entrega de premios Ponte Nas Ondas

Para celebrar o premio conseguido no concurso Ponte Nas Ondas, un grupo de rapaces e rapazas de 2º ESO deseñaron e construíron chapas para levar ao acto de entrega de premios. Na imaxe podedes ver algunhas delas.

Panel decorativo para a nosa radio

Estreamos un panel decorativo para darlle algo de vida ao noso espazo de radio. Está construído en cartón, usando a cortadora láser do Polo.

Día Internacional da Seguridade da Información

Cada 30 de novembro celébrase o Día Internacional da Seguridade da Información. Pensamos que é un bo momento para insistir na importancia de coidar os nosos datos e a nosa identidade dixital, e para iso creamos unha páxina con xogos e novas que de seguro vos interesarán, tanto se sodes xente nova como non tanto.

Pincha na imaxe para descubrila!

 

Guía de mediación parental

Presentámosvos a guía de mediación parental creada polo INCIBE e traducida ao galego por compañeiros/as do IES Aquis Celenis. Trátase dun documento que pode axudar a xestionar o uso do móbil e outros dispositivos no ámbito familiar. Nos documentos adxuntos atoparedes diferentes modelos de pactos familiares relacionados con esta guía. Agardamos que vos guste e poidades sacarlle partido.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut