Skip to Content

Blogue de admin

Premio a un podcast do IES Virxe do Mar

O podcast "Dona co carriño" da alumna Moira Penalta, de 2º da ESO, acaba de ser premiado no 6º Certame de imaxes do patrimonio inmaterial galego-portugués.

O concurso, organizado pola asociación Ponte... nas Ondas!, pretende contribuír á transmisión do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués. O alumnado participante debía recuperar unha fotografía familiar anterior a 1970 e elaborar un podcast sobre ela.

A nosa alumna Moira recuperou, para a materia de Proxecto Competencial, unha foto da súa bisavoa. Este é o podcast que gravou.

 

Os nosos parabéns para Moira!

REUNIÓN FAMILIAS-PROFESORADO

Estimadas familias: Iniciado o curso lectivo 2023-2024, dende o IES Virxe do Mar, convocamos aos pais/nais ou titores legais do alumnado a unha reunión-presentación cos/as titores/as que terá lugar o vindeiro luns día 25 de setembro.Para ver o horario do grupo da súa filla/o faga clic na imaxe ou no arquivo adxunto.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O INICIO DO CURSO 2023/2024

Pinchando en calquera das ligazóns pódense atopar as instruccións para o inicio do curso o próximo día 11. 

 

 

FAI CLIC PARA SABER MÁIS Tiada huraian foto disediakan.

ACTO DE RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES DE BACHARELATO

  Noraboa aos nosos mellores expedientes: Noa Balirac, Alba Nieto, Carla Martínez, Diego Lires e Sabela Rama.

VISITA ÁS ILLAS CÍES

 O alumnado de 1º ESO visitou as Illas Cíes o día 21 de xuño: fixeron unha ruta ata o faro, coñeceron as especies características do Parque e disfrutaron da praia. A actividade foi organizada polo seu profesor de Ciencias Naturais Santiago Robado.

ACTIVIDADES MULTIDEPORTE PARA REMATAR O CURSO

  Para finalizar o curso 22-23 o alumnado participou en diversas actividades deportivas e lúdicas organizadas para amañán do día 21 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut