Skip to Content

Blogue de admin

Aula nas ondas: entrevista a Concha Sabucedo

O pasado mércores 24 de abril o noso centro participou nunha nova edición do programa "Aula nas ondas" de Radio Líder Noia.

Os alumnos Alejandro Pedreira, Pablo Villar e Rubén Lago, de 3º ESO, xunto coa súa profesora de Proxecto Competencial, Elena Martínez, entrevistaron a Concha Sabucedo, docente de Xeografía e Historia do noso centro e recentemente xubilada.

Picade na imaxe e poderedes escoitar a entrevista.

 

Visita ás minas de SanFinx

O pasado 17 de abril o alumnado de 1º ESO participou nunha visita ao museo da mina de San Finx, en Lousame. Alí atenderon ás explicacións do persoal do museo sobre a actividade e as características desa explotación mineira do século pasado. Ao rematar a visita, realizaron unha andaina de varios kilómetros por unha paisaxe de importante valor natural e etnográfico. Para organizar esta actividade colaboraron os departamentos de Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Tecnoloxía.

Semana Cultural: Deporte

Un grupo de alumnas e alumnos participaron o pasado 12 de abril no campionato provincial de cros celebrado no circuíto "Virxe do Loreto" no concello de Pto. do Son.

Os resultados acadados non poideron ser mellores (ver arquivo adxunto): Primer posto por equipos na categoría de cadete feminino. Medalla de ouro para José Manuel Arufe (cadete masculino). Candela Lago medalla de prata na categoría de cadete feminino. Tercer posto por equipos na categoría de infantil feminino.Pero por riba dos resultados hai que dicir que foi un fermoso día de deporte e unión con todas as rapazas e rapaces dos centros participantes da provincia. Temos que dar tamén a noraboa a toda a organización polo seu traballo e bo trato recibido.

 

Semana Cultural: Teatro

O mércores 10 de abril foi día de teatro no centro. O departamento de Lengua Castellana programou dúas representacións teatrais para o alumnado de ESO e 1º Bach.

As obras representadas foron TEMPESTADES para o alumnado de 4º e 1º Bach e ABADÓN para 1º,2º e 3º de ESO. Ámbalas dúas foron representadas polo actor de recoñecido prestixio internacional RICARDO FRAZER que leva xa 3.500 representacións na súa traxectoria. A súa gran capacidade creativa permitelle interpretar personaxes de tódolos xéneros contaxiando o seu amor polo teatro.

O alumnado e profesorado quedou gratamente satisfeito polos espectáculos e con ganas de máis. As representacións desenvolvéronse no Coliseo Noela, agradecemos o labor do personal técnico do teatro e a colaboración do Concello de Noia.

 

 

Certificación da Competencia Dixital

Para acceder á proba de certificación de nivel da competencia dixital ComDix Intermedio - Área 4 para alumnos e alumnas de 2º Bacharelato, pincha no seguinte enlace:

 

ENLACE Á PROBA

21 de marzo: Día da Poesía

O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía. Na Biblioteca fixemos unha selección de títulos de poesía moi variados: poesía galega, poesía castelá, poesía estranxeira traducida, poesía para nenos e nenas, poesía para adultos, poesía clásica, poesía actual...

Pasa pola Biblioteca e bota un ollo, porque "a poesía non morde" e "ninguén morreu de ler poesía"!!

Distribuir contido


by Dr. Radut