Skip to Content

Teatro en francés representado por alumnos de 2º de Bacharelato

 

Deixando a un lado medos e temores, e sobre todo apostando por facer algo como é usar unha lingua estranxeira en público e para expresar un xénero literario. Foi o caso dos alumnos de 2ºde Bacharelato que atrevéronse a representar en francés dúas pequenas pezas teatrais adaptadas para un público estudiantil, celebrando deste xeito o Día do Teatro, que conmemorouse o pasado día 27 de marzo.

 

Tras diversos e compretos ensaios chegou o día da verdade para os “actores e actrices”. Ante eles un público formado por alumnos de francés do noso centro, neste caso de 3º e 4º da ESO, e de 1º de Bacharelato. Así, representaron todos eles as pezas teatrais “La pause café” e “Le restaurant”, que foron do agrado dos asistentes e serviron para suliñar como unha lingua estranxeira, neste caso o francés, serve para moito, incluído para facer teatro.

Grazas a Daniel Fernández Vázquez (Pierre), Lucía Méndez Gómez (Alexandre), Denise Torre Vázquez (Fanny), Miriam Balboa Arias (Étienne) e Jennifer López Alonso (Émilie) , actores en “La pause café”. E tamén a Nerea Cabanas Rodríguez (Mademoiselle Dupuis), Susana Fernández García (Mademoiselle Dupont), Noelia López Eirao (Monsieur Dumas) e Alba Díaz Rodríguez (Véronique Dubois), que representaron “Le restaurant”. Superon correctamente estudar o seu papel, meterse na pel dos personaxes, empregar unha lingua estranxeira estudiada na aula e disfrutar con todo ilo.

 

Aquí vos deixamos algunhas fotos



page | by Dr. Radut