Skip to Content

Lingua e Lit. Galega

Programación e profesorado do departamento

PD LINGUA GALEGA 1ESO

PD LINGUA GALEGA 2ESO

PD LINGUA GALEGA 3ESO

PD ÁMBITO LINGÜÍSTICO E SOCIAL 3ESO

PD LINGUA GALEGA 4ESO

PD LINGUA GALEGA 1BAC

PD LINGUA GALEGA 2BAC

Resumo das programacións

CARGO

NOME

 XEFE/A DE DEPARTAMENTO MARÍA CARMEN VIVERO GONZÁLEZ
 PROFESORES/AS   MARTA CASTRO ALBA
 MARÍA DO CARME GARCÍA CONDE
 EVA GONZÁLEZ ÁLVAREZ

Día da Poesía e Día da Auga (21 e 22 de marzo de 2017)

Dúas celebracións seguidas , emparelladas, coma unha pegada trála outra. Daquela que mellor que mergullarse nas  Antoloxías poéticas  do século XX  (AA. VV) para extraer alfaias literarias!

Esa esculca fixeron  os rapaces e rapazas de 2º Eso C e 2º Pmar, para conmemorar estas celebracións:  verbas de auga flúen polas súas escolleitas, pingas poéticas que nutren a razón e hidratan a imaxinación.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ruteando polo Museo de Lugo :“Contos de Fantasmas no Museo”

Quen dixo que o Museo é aburrido? Serán os que non viñestes con nós, porque  o desafío foi bravo.... 37 alumnos de 2º ESO  divididos en catro grupos, o de Minos, o do Astrágalo, o do Paxaro e o do Carneiro Alado.

Poucos libros  tiñamos....pero descargámolos no móbil! Un plano...e a orientarnos nos  múltiples espazos! Unha hora de busca...e a resolver o caderniño lector e atopar solucións aos enigmas do museo!.

Contrarreloxo e con tres comodíns para as posibles dúbidas ou erros, terminamos reuníndonos para resolver cadansúa historia. Todos atentos, todos desafiantes.....o reto resolveuse cun empate entre dous equipos. So o tempo empregado foi xuíz para o equipo  gañador.

Parabéns aos participantes! Sodes campións de lectura, observación, atención e participación!

Ah! E o agasallo final... TODOS SABEMOS CAL FOI....VISITANTES  DE ESTREA do que aínda estaba por vir!...Coma  “ fantasmas no museo”

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut