Skip to Content

Exames de setembro

Exames setembro

Exames de setembro 2021

Durante as probas extraordinarias de setembro, o alumnado só poderá acceder ao centro para a realización das mesmas sen poder permanecer nel máis tempo do necesario. Así mesmo, só poderá dirixirse á aula na que terá lugar a proba extraordinaria seguindo en todo momento as indicacións relativas aos espazos de entrada e saída.

Deberánse respectar as seguintes normas:

  • Uso obrigatorio da máscara de protección en todo o recinto escolar.
  • Hixiene de mans ao acceder ao centro e de xeito frecuente.
  • Manterase unha distancia de seguridade interpersoal (1.5ms.).
  • Empregar material de uso propio. O alumnado non compartirá material con ningún dos seus compañeiros/as.
  • Ventás, portas, persianas, dispositivos de funcionamento de iluminación serán unicamente empregados polo profesorado, coas medidas de seguridade e hixiene que proceda.
  • Uso de aseos da planta baixa e planta primeira (acceso individual).

EXAMES:

  • Días 1 e 2: exames extraordinarios de ESO e 1º BAC. (Pica no enlace para ver os horarios).
  • Día 3: Entrega de notas e consellos orientadores (ESO), recollida dos libros de texto ás 17.00hs.
  • Día 6: De 10.00 a 13.00hs. atención ao alumnado e ás familias.
  • Días 6 e 7: De 9.00 a 14.00hs reclamacións ás cualificacións na secretaría por parte dos/das responsables legais do alumnado.
  • Día 9: Resolución das reclamacións ás 10.00hs. De continuar a disconformidade poderase solicitar que os expedientes de reclamación se remitan á Xefatura Territorial ata as 14.00hs. do día 10.

MATRÍCULA:

  • Días 6 e 7:  de 8.30 a 14.30hs.
  • Día 9: Mercadiño libros bacharelato; deposito no centro dos libros para vender, ata o martes 7 de setembro; compra de libros, o xoves 9 de setembro entre as 9.30 e as 12.30hs.

  • Día 10 e seguintes: Entrega de vales das axudas para compra de material.

INICIO DAS CLASES:

  • 15 de setembro, horario pendente de publicación.
  • Entrega de ordenadores (Edixgal 1º  e 4º da ESO, e novo alumnado no centro) e libros do fondo, unha vez comezadas as clases.

EXAMES DE SETEMBRO 2020

 

Durante as probas extraordinarias de setembro, o alumnado só poderá acceder ao centro para a realización da proba sen poder permanecer nel máis tempo do necesario. Así mesmo, só poderá dirixirse á aula en que terá lugar a proba extraordinaria seguindo en todo momento as indicacións relativas aos espazos de entrada e saída.

Deberanse respectar as seguintes normas:

  • Uso obrigatorio da máscara de protección en todo o recinto escolar.

  • Hixiene de mans ao acceder ao centro e de xeito frecuente. Dispensadores de solución hidro alcohólica nas entradas e en todas as aulas.

  • Manter a distancia de seguridade interpersoal (1.5 m).

  • Empregar material de uso propio. O alumnado non compartirá material  con ningún dos seus compañeiros/as.

  • Ventás, portas, persianas, dispositivos de funcionamento de iluminación serán unicamente empregados polo profesorado, coas medidas de seguridade e hixiene que proceda.

  • Uso de aseos da planta baixa e planta primeira (acceso individual).

 

  • Días 1 e 2: Exames extraordinarios de ESO e BAC. (pincha no enlace para ver os horarios)

  • Día 3: Entrega de notas e consellos orientadores, recollida dos libros de texto e dos ordenadores EDIXGAL (só 2º da ESO) ás 17:00 horas.

  • Día 4: De 10:00 a 12:00 horas atención ao alumnado e as familias.

  • Días 4 e 7: De 09:00 a 14:00 horas reclamacións ás cualificacións na secretaría por parte dos/as responsables legais dos/as alumnos/as.

  • Día 9: Resolución das reclamacións ás 14:00hs. De continuar a disconformidade poderase solicitar que os expedientes de reclamación se remitan á xefatura territorial ata as 14:00hs do día 10.

  • Días 4, 7, 9 e 10: Matrícula do alumnado non matriculado en xuño-xullo. Horario de secretaría: de 8:30hs. a 14:30hs (preferentemente os días 4 e 7).

  • Día 10: Mercadiño libros bacharelato; deposito no centro dos libros para vender, ata o mércores 9 de setembro; compra de libros, o venres 11 de setembro entre as 16h30 e as 17h30, no salón de actos.

  • Día 11 e seguintes: Entrega de vales das axudas para compra de material.

  • Día 14: Publicación definitiva da listaxe de libros concedidos FONDO LIBROS.

  • Día 16: Comezo das clases.

  • Reparto de ordenadores (Edixgal 1º ESO) e libros do FONDO LIBROS: Unha vez comezadas as clases.

Distribuir contido


by Dr. Radut