Skip to Content

Francés

Programación e profesorado do departamento

PD FRANCÉS 1ESO

PD FRANCÉS 2ESO

PD FRANCÉS 3ESO

PD FRANCÉS 4ESO

PD FRANCÉS 1BAC

PD FRANCÉS 2BAC

Resumo das programacións

CARGO

NOME

 XEFE/A DE DEPARTAMENTO  MIGUEL CUMBRAOS ÁLVAREZ

A LINGUA FRANCESA, EPICENTRO DUNHA ACTIVIDADE LINGÜÍSTICA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

54 alumnos  do IES Xograr Afonso Gómez, correspondentes a 3º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, tomaron parte nunha actividade con obxectivo lingüístico no Camiño Francés a Compostela, ao seu paso por Sarria,  proposta polo departamento de Francés, e que desenvolveuse o  pasado venres 5 de maio.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Concurso de posters en Francés

Como ven sendo habitual nos últimos cursos, a Asociación de Profesores de Francés de Galicia, en colaboración coa editorial Santillana, organiza un concurso de posters. Ditos posters son expostos nunhas xornadas de ensinantes desta lingua estranxeira que teñen lugar anualmente nun instituto de Santiago de Compostela.

 

No Xograr vimos participando nesta actividade con alumnos de 3º ESO en adiante. Desta volta o tema era un artista francófono, creando a partires deste eixo un poster en lingua francesa. Resultaron elixidos os traballos de Adrián No Pérez, Laura Tallos López e Verónica Vilar Fernández, todos eles de 4º ESO A. Os alumnos recibiron un pequeno agasallo por parte do Departamento de Francés e os seus traballos “pelexarán” cos dos restantes alumnos galegos que participan nesta actividade creativa.

 

 

 

 

 

 

 

 

Teatro en lingua francesa e actividades de simulación

Cincuenta e un alumnos de Francés segunda lingua estranxeira dos cursos 3º e 4º de ESO, así como de 1º de Bacharelato do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, acompañados de tres profesores, participaron nunha actividade lingüístico-cultural,  proposta polo departamento de Francés. Desplazáronse a Lugo con este fin o pasado martes 29 de novembro, onde traballaron e pasaron unha divertida e compreta mañá nun día tipicamente outonal.

Escomezaron a xornada cunha actividade  baseada nunha sinxela lista de preguntas de temática moi variada sobre  Lugo e provincia, preguntas en lingua francesa que, unha vez traducidas, debían contestar coa axuda de viandantes, peóns, comerciantes, etc.

A segunda parte era a asistencia á representación teatral “Le Petit Prince”, adaptación da coñecidísima novela do escritor Antoine de Saint-Exupéry e pensada para un público da idade dos alumnos sarriaos. Unha obra teatral que se detía en todos os personaxes que configuran o texto do escritor nado en Lyon e que fai unha interesante reflexión sobre a vida e o ser humano.

Para rematar a completa matinal, proseguiron cunha actividade de simulación, que incluía tres itinerarios diferentes pola zona vella da vila das murallas. Distribuídos en dez grupos, contaban cun diverso material en lingua francesa preparado polos seus profesores e planos da capital da provincia. Así, os estudantes xograrinos tiñan que descubrir unha serie de pistas e poder responder a unha batería de preguntas sobre temáticas dispares de

Acceso a fotos

Actividade lingüística no camiño de Santiago

Un total de 66 alumnos  do IES Xograr Afonso Gómez, que cursan estudos de 3º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, tomaron parte nunha actividade con obxetivo lingüístico no Camiño Francés a Compostela, ao seu paso por Sarria,  proposta polo departamento de Francés, e que desenvolveuse o 6 de maio do presente ano.

A primeira parte da actividade consistía en reunirse con persoas que viven e traballan en Sarria, que por razóns de variada índole – familiar, traballo, emigración, sociais, culturais, etc. –aprenderon a lingua francesa nun momento determinado e a empregan nas súas cotidianas ocupacións laborais. Tomar algo con iles ao tempo que falaban nesta lingua estranxeira que os rapaces e rapazas estudan no citado centro escolar. Para ilo contouse coa colaboración de Bar Camiño Francés, Restaurante Mesón Tapas, Hotel Alfonso IX, Albergue Monasterio La Magdalena, Hotel Vila de Sarria, Oficina de Turismo de Sarria, Paul de Samos, Albergue Internacional, J.Delbeau Productos Innovadores, Supermercado O Chanto Covirán e Café Travesía dos Soños, que prestáronse a axudar amablemente nesta tarefa con finalidade pedagóxica.

Teatro en francés representado por alumnos de 2º de Bacharelato

 

Deixando a un lado medos e temores, e sobre todo apostando por facer algo como é usar unha lingua estranxeira en público e para expresar un xénero literario. Foi o caso dos alumnos de 2ºde Bacharelato que atrevéronse a representar en francés dúas pequenas pezas teatrais adaptadas para un público estudiantil, celebrando deste xeito o Día do Teatro, que conmemorouse o pasado día 27 de marzo.

 

Tras diversos e compretos ensaios chegou o día da verdade para os “actores e actrices”. Ante eles un público formado por alumnos de francés do noso centro, neste caso de 3º e 4º da ESO, e de 1º de Bacharelato. Así, representaron todos eles as pezas teatrais “La pause café” e “Le restaurant”, que foron do agrado dos asistentes e serviron para suliñar como unha lingua estranxeira, neste caso o francés, serve para moito, incluído para facer teatro.

Distribuir contido


by Dr. Radut