Skip to Content

Taboleiro

Admisión a Ciclos de Formación Profesional

Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 25 de xuño ata o 5 de xullo ás 13.00hs.

Toda a información sobre solicitudes, prazos e listaxes se publica no portal de FP.

Estuda no noso centro o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. TRÍPTICO.

Fondo solidario de libros de texto / Axudas de material

Aberto o prazo para a solicitude de axudas para a compra de material escolar para o curso 2021/2022

Prazo de presentación de solicitudes: 21/05/2021 - 22/06/2021

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde. O noso centro participa no proxecto EDIXGAL en todos os cursos da ESO.

Este centro facilitará ordenadores a todo o alumnado da ESO e o seu fondo propio de libros de texto a aqueles que o soliciten no impreso de matrícula.

Información sobre o procedemento e solicitude na sede electrónica

Descarga do modelo de solicitude (Anexo I) e Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (Anexo II - Obrigatorio: debe conter todas as sinaturas dos membros computables).

Información básica sobre as axudas e a súa tramitación

Orde fondo solidario (DOG) e Extracto

ABAU e acceso á universidade para o curso 2021-2022

Información importante sobre a ABAU e o proceso de acceso á universidade

Recoméndase a lectura do seguinte documento con información importante sobre as probas da ABAU (normas e instrucións) e sobre o proceso de preinscrición e formalización da matrícula na universidade.

Documento importante sobre a ABAU e o proceso de acceso á Universidade

Na páxina web da CIUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) podedes atopar toda a información referente ao acceso ao Sistema Universitario Galego:

Premios extraordinarios de bacharelato

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (código de procedemento ED311A) para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

Solicitude de participación

Reserva de opcións de matrícula curso 2021-2022

Ata o 18 de maio, o alumnado xa matriculado no centro, e aquel que solicitou a admisión, poderá entregar a súa reserva de opcións de matrícula na secretaría do centro (de 8.30 a 14.30hs) ou no correo secretaria.xograr@gmail.com

Reservas para:

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BAC

2º BAC

Distribución de máscaras para o alumnado da ESO

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar a Orde que regula a distribución de máscaras ao alumnado de ensinanzas obrigatorias que se pode consultar no portal educativo.

O alumnado beneficiario será o que tivese concedida a axuda de material escolar. Xa que eses datos xa se coñecen no centro, non haberá que presentar solicitude de novo e as máscaras seranlle entregadas ao alumnado polo procedemento que determine o centro.

Se algunha familia non presentou no seu momento a solicitude de axudas para a adquisición de material escolar e reunía os requisitos, poderá presentar a solicitude de máscaras na secretaría do centro. O prazo para facelo é do 14 ao 27 de novembro.

Esperamos empezar co reparto de máscaras ao alumnado nesta mesma semana.

As máscaras facilitadas polo centro compren coas características esixidas pola convocatoria: máscaras hixiénicas reutilizables conformes á normativa UNE 0065

Ficha técnica das máscaras adquiridas polo centro

Novembro, tebro, noitebro...

COMUNICACIÓN DO CENTRO

Para tranquillidade de todos/as COMUNICAMOS que a información que sae na prensa indicando que no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria se ten comunicado un caso positivo por Sars-Cov-2 é rotundamente falsa.

Lóxicamente non somos inmunes, e como en todos os sitios, haberá casos, pero neste intre nin desde o centro comunicamos nin se nos comunicou ningún caso positivo nin de alumnado nin do persoal do centro.

Coidémonos todos/as!

Publicación da listaxe definitiva dos libros de texto adxudicados por FONDO LIBROS

O luns 14 de setembro publícase a listaxe definitiva de admitidos ao Fondo Solidario de Libros de Texto (3º e 4º da ESO). Poderedes consultala no recibidor do edificio principal e proceder á recollida dos libros adxudicados desde ese mesmo día solicitándoos na conserxería. Para recollelos deberá acudir ao centro o proxenitor que figura como solicitante.

Respecto aos libros de 1º e 2º da ESO pronto publicaremos a data de recollida, así como dos ordenadores Edixgal do alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro neses cursos.

Adiamento do inicio de curso

Como a maioría saberiades polos medios de comunicación, o inicio de curso adíase unha semana quedando do seguinte xeito:

- 23 de setembro: 1º ESO, 2º ESO, 1º BAC e 1º CICLOS

- 24 de setembro: 3º ESO, 2º BAC e 2º CICLOS

- 25 de setembro: 4º ESO

Pronto publicaremos nesta páxina web os horarios concretos así como as reunións que organizaremos coas familias.

Seguimos traballando para poder dar o mellor servizo educativo.

Máis información na seguinte ligazón

Distribuir contido


by Dr. Radut