Skip to Content

Novas

Solicitude Comedor

Xa está dispoñible o modelo de solicitude de praza no comedor escolar coa correspondente autodeclaración de prezos.

Deberase entregar no centro antes do 31 de xullo.

Modelo

Libros de texto e material - Curso 2023-2024

Libros de texto e material da ESO:

Libros de texto de Bacharelato:

 

Fin de curso - Entrega de notas

ENTREGA DE NOTAS E DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA: Día 23 ás 13.30hs nas aulas de grupos.

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO: día 23 xunto coa entrega de notas.

RECOLLIDA DE ORDENADORES EDIXGAL (só alumnado que abandona o centro): día 19 (4ºESO) e 26 de xuño (resto de alumnado que abandona o centro).

REVISIÓN DE CUALIFICACIÓNS: 26 de xuño de 10.00hs. a 13.00hs.  O alumnado e os seus titores legais poderá solicitar as aclaracións que precise sobre as cualificacións da avaliación final, ou extraordinaria no caso de bacharelato.

RECLAMACIÓNS: 26 e 27 de xuño (ata as 14.00hs.). Se persiste o desacordo coa cualificación final ou coa decisión de promoción/titulación, o alumnado ou os seus titores legais poderán solicitar por escrito a revisión da cualificación e/ou a decisión de promoción/titulación.

RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS:  28 de xuño ás 13.00hs. na secretaría do centro.

RECLAMACIÓNS Á XEFATURA TERRITORIAL: Tras o proceso de revisión no centro, de persistir o desacordo, solicitude por escrito para que se eleve a reclamación á Xefatura Territorial. 29 e 30 de xuño,  na secretaría do centro (9.00 a 14.00hs)

 

1º BACHARELATO - AVALIACIÓN ORDINARIA

Entrega de notas: no salón de actos o 6 de xuño de 2023 ás 18,00hs.

Atención ao alumnado (revisión de cualificacións): 7 de xuño - horario específico para cada profesor/a.

Reclamacións: 7 e 8 de xuño, ata as 14,00hs. na secretaría do centro previa consulta á dirección do centro.

Becas e axudas para estudos postobrigatorios

A convocatoria de becas dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias: BAC, FP grao medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico para o curso 2023/2024.

Prazo de presentación: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023, ás 24.00 horas, ambos inclusive.

As solicitudes de beca deberán presentarse, en todo caso, no prazo indicado no parágrafo anterior, aínda que dito prazo non coincida co prazo de matrícula correspondente.

Achegamos enlace á convocatoria e a páxina web do Ministerio onde está toda a información sobre as becas.

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

Actualización dos Criterios de Promoción e Titulación

Despois da publicación dos decretos de curriculum, Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, procede a modificación dos criterios de promoción e titulación para o curso escolar 2022/2023 e seguintes, e coa concreción adoptada polo claustro deste centro o 21 de novembro de 2022.

Concreción curricular - Criterios de promoción e titulación

Eleccións ao Consello Escolar

Convocada a renovación parcial dos membros do Consello Escolar pola Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Unha vez constituída a Xunta Electoral, fanse públicas as convocatorias de cada sector co calendario electoral e os censos electorais:

Convocatoria alumnado

Convocatoria pais, nais, responsables legais

Convocatoria profesorado

Censo electoral (publicados únicamente nos taboleiros do interior do centro)

CALENDARIO:

  • Presentación de candidaturas, do 2 ao 16 de novembro, de 8,30 a 14,30hs (na secretaría do centro).
  • Proclamación de candidatos e inicio da campaña electoral: 21 de novembro.
  • Fin da campaña electoral: 25 de novembro
  • Eleccións: 28 de novembro nos seguintes horarios,
    • Alumnado, de 9:00 a 14:00hs.
    • Pais, nais, responsables legais, de 8:30 a 14:30hs.
    • Profesorado, segundo determine o claustro.
  • Proclamación dos candidatos electos: 29 de novembro.

En bici ao Xograr

Poñemos en marcha o servizo de préstamo de bicicletas.

O alumnado interesado en solicitar o préstamo dunha bicicleta deberá ler atentamente as normas de utilización e os seus responsables legais deberán cubrir a solicitude e entregala na vicedirección do centro.

O préstamo será por un periodo dun mes, renovable en función da dispoñibilidade.

 

 Información e préstamo de bicis

EDIXGAL 2022/2023

Poden consultar información sobre o proxecto neste documento.

Servizo de soporte Premium:

Teléfono: 881 86 99 00

Email: soporte.premium@edu.xunta.gal

WhatsApp: 604 06 78 56

Telegram: @Serviciopremiumedixgal

 

Seguro opcional para o portátil: Se así o desexa, pode contratar un seguro anual (válido dende setembro de 2022 ata agosto de 2023), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía.

O custe anual do devandito seguro é de 49€ (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse no seguinte enlace:

 Contratación

 Díptico Informativo Cobertura

Distribuir contido


by Dr. Radut