Novas da Rede

2º Encontro Internacional de Formación Profesional de Galicia, Castela e León, e Portugal

A rede galega de Formación Profesional de hostalaría, como espazo para a innovación, a reflexión e o intercambio de experiencias para o sector, acolle o 2º Encontro, no marco da macrorrexión de Galicia, Castela e León, e o Norte de Portugal, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Este 2º Encontro que se celebra no CIFP Compostela de Santiago de Compostela, ten como fío condutor a posta en valor dos produtos do mar no sector da hostalaría e a súa utilización como factor diferenciador e impulsor da competitividade das empresa nun sector extratéxico para a nosa economía.

Na inauguración do encontro estarán presentes D. Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e  Dna. Rosa María Quintana Carballo, conselleira do Mar.

2º Encontro Internacional de Formación Profesional
2º Encontro Internacional de Formación Profesional