Admisión a ciclos formativos de grao básico. Convocatoria 2022

Nesta páxina atopará a documentación e as listaxes do procedemento de admisión a grao básico de formación profesional para o curso 2022-2023.

Información e documentación

Listaxes do procedemento de admisión

Prazas liberadas

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos de grao básico de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 7 de setembro ás 9:00 horas ata o día 23 de setembro ás 13:00 horas. Para matricularse nun ciclo de grao básico con prazas dispoñibles será necesario cumprir os requisitos establecidos no punto noveno da Resolución do 26 de maio de 2022:

  1. Ter 17 anos e non ter estado escolarizado no curso escolar anterior, ou ter 18 ou 19 anos, ou facer 20 no ano de inicio do ciclo formativo.
  2. Non estar en posesión dun título de formación profesional nin calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo de grao básico teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase no propio centro por orde de chegada empregando o anexo I.

Etiquetas: