Evento multplicador do proxecto europeo Sfate no CIFP Compostela

O pasado 23 de novembro tivo lugar no salón de actos do CIFP Compostela o evento multiplicador do proxecto europeo Erasmus+ KA202, Sfate. Smart Farm Training for Employment.

Mediante a celebración do evento multiplicador a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, socio coordinador, difundiu os resultados obtidos dentro do marco do proxecto: o portal Sfate - ferramenta dixital que permite ensinar e aprender sobre a agricultura intelixente (smart farm) a través da exploración -, o informe de estudo sobre novos empregos e innovación agrícola (study report) - que proporciona un estado da cuestión agrícola no mundo rural das zonas xeográficas nas que se desenvolve o proxecto – e a propia implementación do proxecto Sfate nas aulas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Para levar a cabo o evento, a Consellería contou coa participación dos seus dous socios galegos: a Federación EFA de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (Escola Politécnica Superior de Lugo) , así como de persoal dos centros educativos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que participaron activamente na parte de difusión e obradoiro-debate.

Sfate, proxecto de dimensión transnacional que conta con socios en Eslovenia, Francia e Alemaña, ten como propósito aproximar a innovación aos actores rurais e especialmente aos máis novos, os cales están máis familiarizados coas ferramentas dixitais e tecnolóxicas, dando resposta así aos desafíos da terceira revolución no sector agrícola.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Evento multplicador do proxecto europeo Sfate no CIFP Compostela

Etiquetas: 
Multimedia: