Información xeral

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DXEFPIE), no compromiso que como entidade acreditada en calidade mantén coa sociedade, está establecendo un modelo de traballo por procesos para satisfacer as necesidades e demandas de alumnos e equipos docentes.

O traballo por procesos implica un sistema de organización que garante a calidade do servizo. A devandita calidade queda reflectida, de forma evidente, na rede de Centros Certificados e Centros Integrados de Formación Profesional da que dispón a Consellería de Educación.

A Rede de Centros Certificados na norma ISO 9001:2008 está sometida a un sistema de traballo por procesos que busca a satisfacción de toda a comunidade educativa (alumnos, familias, persoal docente e non docente) e garantir os dereitos dos usuarios, someténdose a auditorías (externas e internas) e reflectindo a súa traxectoria no certificado logrado.

Estas actuacións en calidade foron posteriormente apoiadas co establecemento do chamado Marco de Referencia Europeo de Garantía da Calidade na Educación e a Formación Profesional (EQAVET), un conxunto amplo de recomendacións do Parlamento e do Consello da Unión Europea aos Estados membros para axudarlles a fomentar e supervisar a mellora permanente da calidade dos seus sistemas de educación e formación profesional, a partir duns parámetros comúns e dun ciclo reiterado de planificación, aplicación, avaliación e revisión.

Este Marco Europeo supón un reforzo á liña estratéxica establecida e despregada pola DXEFPIE no referente á calidade ao permitir modernizar e facer máis eficaces os sistemas de educación e formación profesional; mellorar a articulación entre o ensino, a formación e o emprego; vincular a educación formal, non formal e informal e desenvolver a concesión de cualificación sobre a base da experiencia adquirida.

CONTACTO:

  • Teléfono da asesoría de calidade: 981 54 65 43
  • Correo electrónico da asesoría de calidade:
    calidade@edu.xunta.es 
  • Correo Postal:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Subdirección Xeral de FP – Servizo de Xestión da FP
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
Bloque 2, 2º andar
15781 Santiago de Compostela
A/A  Asesoría da Calidade

Etiquetas: