Carta de Mobilidade de Formación Profesional 2015

Con data 29 de abril, publicouse na web do SEPIE o formulario, en castelán, para participar no proceso de concesión da Carta de Mobilidade de Formación Profesional  que pode atopar en:

Entre os requisitos para poder participar no proceso, deberanse haber desenvolto ao longo do Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP), polo menos, tres proxectos de mobilidade LEO01,LEO02 o LEO03 cun grao de execución do 80% como mínimo.

Lembrámoslle que a Carta de Mobilidade de Formación Profesional, ao contrario que a Carta ECHE, non constitúe un documento indispensable para participar na acción KA102, Mobilidade de estudantes e persoal de Formación Profesional por motivos de aprendizaxe, senón que outorga un recoñecemento á calidade na xestión de proxectos de mobilidade, reservando ata un 70% do orzamento global da acción para a execución dos proxectos das institucións galardoadas con dito recoñecemento.