Europa. Next Station II (2013-2014)

É un proxecto de mobilidade do alumnado dentro do Programa de Aprendizaje Permanente Leonardo da Vinci, presentado e coordinado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que da continuidade ao proxecto Leonardo “Europa. Next Station” (2012-2013) xa finalizado e que amplía o número de mobilidades de 51 a 100 alumnos, que é o número máximo aceptado pola convocatoria 2013.

Este proxecto foi aprobado polo OAPEE (Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos), actualmente o Servizo para a Internacionalización da Educación (SEPIE) en xuño de 2013. O Programa foi dirixido a persoas en Formación Profesional Inicial (IVT) que comprende ao alumnado que cursa ciclos formativos de grao medio e programas de cualificación profesional inicial.

Neste proxecto participaron os 19 centros que forman parte da rede de centros integrados de formación profesional (CIFP) de Galicia co fin de que 96 alumnos de ciclos formativos de grao medio que cursaron os seus estudos neles realizaran o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) en empresas de distintos países da Unión Europea: Finlandia, Alemaña, Portugal, Francia, Polonia, Italia, Irlanda, Países Baixos e Malta. Acompañaron ao alumnado 15 profesores.

Estas mobilidades do alumnado foron financiadas con fondos da Unión Europea e tiveron unha duración de 10 semanas nas que desenvolveron o programa formativo proposto polos titores de FCT dos CIFP correspondentes. Na xestión do proxecto participaron os coordinadores de programas internacionais destes centros.

A finalidade deste proxecto é incrementar o número de mobilidades IVT dos estudantes de ciclos de grao medio de Formación Profesional nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia para que melloren a súa formación lingüística  e cultural, o coñecemento de diferentes formas de produción, deseño, materiais e formas de traballo noutros países da Unión Europea. Ao mesmo tempo recibimos alumnado deses outros países para que realicen as súas prácticas en Galicia.

Con esta actuación continuamos desenvolvendo a rede de contactos entre centros educativos NETWORKING-GALICIA iniciada en 2012 para fomentar o intercambio de socios de acollida e de envío en novos proxectos de mobilidade para o alumnado e o profesorado de Galicia e de distintos países comunitarios.

Información e contacto:

Asesoría de emprendemento

Correo eléctrónico: eduemprende@edu.xunta.es

Teléfono: 981 54 65 64Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente

Etiquetas: