Instrucións para admisión e matrícula nun proxecto de FP dual do ciclo Electromecánica de maquinaria

Instrucións para o procedemento de admisión e matrícula para o proxecto de formación profesional dual que se desenvolverá no CIFP As Mercedes, en colaboración coas empresas José Estévez As Ferreiras, S.L.; Maquinaria Agrícola del Noroeste, S.L., e Agrobarreiro, S.L., para que ata 15 persoas poidan realizar o ciclo formativo de grao medio de Electromecánica de Maquinaria (MTMV03) autorizado na Orde do 25 de novembro de 2014 pola que se amplían os proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, autorizados pola Orde do 6 de xuño de 2014.

 

Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día 3 de decembro ata ás 13:00 horas do día 17 de decembro.

 

Presentación da solicitude

Deberá presentarse unha única solicitude, por duplicado, que se entregará nalgún dos seguintes centros:

En caso de que a persoa solicitante presente máis dunha instancia ou solicite máis dun proxecto, non se terá en conta a súa petición.

 

Documentación

A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a)  Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.

b)  Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

c)  Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae.

 

Requisitos das persoas solicitantes

Para poderen acceder a este proxecto de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

  • Ter entre dezaoito e vinte e nove anos no momento de inicio do programa formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 36 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I desta orde.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

 

Calendario do procedemento

  • Presentación de solicitudes, do 3 ao 17 de decembro ás 13 horas
  • Relación provisional de persoas solicitantes, 18 de decembro
  • Reclamación á relación provisional de persoas solicitantes, os días 19, 20 e 22 de decembro
  • Relación definitiva de persoas solicitantes, 23 de decembro
  • Período de selección por parte da entidade colaboradora, do 19 ao 31 de decembro
  • Relación de persoas admitidas e en espera, a partir do 2 de xaneiro
  • Matrícula, desde a publicación da listaxe de persoas admitidas e en espera ata ás 13:00 horas do 9 de xaneiro.

 

Listaxes do procedemento de admisión

 


Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa que regula a FP dual).

Etiquetas: