Proxecto de FP dual do ciclo Electromecánica de maquinaria. Listaxe de persoas admitidas

Publicada a listaxe de persoas admitidas e en espera ao proxecto experimental  de formación profesional dual que se desenvolverá no CIFP As Mercedes, en colaboración coas empresas José Estévez As Ferreiras, S.L.; Maquinaria Agrícola del Noroeste, S.L., e Agrobarreiro, S.L., para que ata 15 persoas poidan realizar o ciclo formativo de grao medio de Electromecánica de Maquinaria (MTMV03) autorizado na Orde do 25 de novembro de 2014 pola que se amplían os proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, autorizados pola Orde do 6 de xuño de 2014.

O período de matriculación das persoas admitidas remata ás 13:00 horas do día 9 de xaneiro.

Etiquetas: