Proxecto de FP dual do ciclo Electromecánica de maquinaria. Listaxe definitiva de solicitudes

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes de admisión ao proxecto experimental  de formación profesional dual que se desenvolverá no CIFP As Mercedes, en colaboración coas empresas José Estévez As Ferreiras, S.L.; Maquinaria Agrícola del Noroeste, S.L., e Agrobarreiro, S.L., para que ata 15 persoas poidan realizar o ciclo formativo de grao medio de Electromecánica de Maquinaria (MTMV03) autorizado na Orde do 25 de novembro de 2014 pola que se amplían os proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, autorizados pola Orde do 6 de xuño de 2014.

O período de selección por parte da entidade colaboradora, do 19 ao 31 de decembro e a relación de persoas admitidas e en espera, a partir do 2 de xaneiro.

Etiquetas: