Galeuropa 2016

Galeuropa 2016. Programa de mobilidade transnacional xuvenil

 A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa de mobilidade transnacional Galeuropa 2016

Obxecto das axudas

Realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos.

A quén vai dirixida a mobilidade transnacional

A mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que manteña todos os requisitos de inscrición no momento da selección, agás o de idade.

Obxectivos que se pretenden acadar:

- Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade.
- Complementar a competencia profesional e persoal.
- Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos.
- Fomentar a autonomía persoal.

Duración das prácticas formativas

Mínimo de 2 meses e máximo 4 meses consecutivos. Rematará en todo caso o 20 de novembro de 2016.   Mínimo de 100 horas mensuais.

Norma reguladora

ORDE do 23 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil.