Admisión a formación profesional de grao básico. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2023-2024

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a FP de grao básico para o curso 2023-2024.

Etiquetas: 
Tema: 

Admisión a cursos de especialización. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2023-2024

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a cursos de especialización para o curso 2023-2024.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o luns 10 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 12 de xullo de 2023. A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático.

Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria curso 2023-2024

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde as 9:00 horas do luns 10 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 12 de xullo de 2023.

Etiquetas: 
Tema: 

Instrucións para o desenvolvemento dos cursos de especialización no curso 2023-2024

Resolución do 7 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos cursos de especialización de formación profesional no ano académico 2023-2024 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que proximamente será publicada en DOG.

Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP do sistema educativo no curso 2023-2024

Resolución do 7 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2023-2024, que proximamente será publicada en DOG.

Listaxe provisional de centros e ensinanzas de formación profesional plurilingües. Convocatoria 2023/2024

Publicada a listaxe provisional de centros e ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2023/2024.

Contra esta listaxe poderanse presentar alegacións ante a Directora Xeral de Formación Profesional no prazo de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da súa publicación.

Data de publicación: 06/07/2023.

Etiquetas: 

Admisión FP dual. Listaxes provisionais de solicitudes. Convocatoria 2023

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2023-2024.

Etiquetas: 
Tema: 

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións definitivas. Primeira convocatoria 2023

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas da primeira convocatoria 2023 para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Orde pola que se actualiza a oferta de formación profesional para o curso 2023-2024

Publicada a Orde pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2023-2024.

Ademais de establecer a relación de ensinanzas de Formación Profesional autorizadas para o curso 2023-2024, a norma contén disposicións de organización e ordenación desta ensinanzas.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Cualificacións definitivas. Convocatoria 2023

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

A partir do 22 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso a grao medio en calquera dos centros de inscrición (centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que impartan ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2022-2023).

Etiquetas: 
Distribuir contido