Espazos de tecnoloxía aplicada FP. Relación provisional de proxectos admitidos e excluídos. Convocatoria 2023

Publicada a listaxe provisional de proxectos admitidos e excluídos na convocatoria da Resolución 23 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2023.

Relación de alumnado premiado no programa eduemprende Atrévete 2022-2023

Publicada a Resolución do 13 de xuño do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se fai pública a relación de premiados no concurso Atrévete a ter unha idea , convocado na Resolución do 19 de xaneiro do 2023.

Etiquetas: 

Centros seleccionados para participar no programa eduemprende Lanzadeiras Lugo 2022/2023

Publicada a Resolución do 9 de xuño de 2023 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no Programa de Lanzadeiras Lugo durante o curso escolar 2022/2023, convocado na Resolución do 5 de maio de 2023.

Etiquetas: 

Ampliación do prazo para a participación no Concurso Miniempresas Lugo 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se modifica a Resolución do 5 de maio do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a selección de centros que participarán no Programa Lanzadeiras Lugo durante o curso 2022/2023.

Mediante esta resolución ampliase o prazo para a participación no Concurso Miniempresas Lugo 2022/2023 ata o 22 de xuño de 2023.

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións provisionais e exames. Primeira convocatoria 2023

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas da primeira convocatoria 2023 para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 15 de xuño de 2023.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Cualificacións provisionais. Convocatoria 2023

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do 5 ao 9 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Cualificacións definitivas. Convocatoria 2023

Publicada a listaxe definitiva das cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

Etiquetas: 

Seminario sobre ciberseguridade no CIFP Politécnico de Santiago

O día 1 de xuño de 16 a 21 horas no salón de actos do CIFP Politécnico de Santiago impartirase por parte da Unidade de Delitos Telemáticos da Garda Civil o seminario Ciberseguridad: un futuro de posibilidades a tu alcance, dirixido a profesorado e alumnado galego dos cursos de especialización de Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información e Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación, así como da familia profesional de Informática e Comunicacións.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Exames e respostas da convocatoria 2023

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2023 de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Etiquetas: 

Espazos de tecnoloxía aplicada na FP. Convocatoria 2023

Convócase o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2023.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 26 de maio ata o 14 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos.

Distribuir contido