Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Composición do tribunal. Convocatoria 2023

Publicada a Resolución do 26 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2023.

Máis información:

Etiquetas: 

Axudas FCT

Publicada a Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 7 de xuño de 2022.

Etiquetas: 

Convocatoria programa eduemprende EduTecEmprende 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán no programa EduTecEmprende durante o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 27 de xaneiro e o 16 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Premios a proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2023

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 27 de febreiro de 2023.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Comezo do período de inscrición. Convocatoria 2023

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Etiquetas: 

Convocatoria programa eduemprende Atrévete 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán no programa Atrévete durante o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 24 de xaneiro e o 13 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións definitivas. Segunda convocatoria 2022

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas da segunda convocatoria 2022 para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Resolucións mobilidades do proxecto Erasmus+ KA116-2020

Publicada a Resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao medio e grao básico de centros educativos que forman parte do consorcio de mobilidade que desenvolverá un proxecto KA116 con múltiples beneficiarios no marco do programa Erasmus+. Proxecto 2020-1-ES01-KA116-079503.

Estadías formativas 2022. Avaliación da comisión de selección

Publicada a avaliación da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2022 dirixidas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

Modificación do calendario escolar para o curso 2022-2023

Publicada a Orde do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Etiquetas: 
Distribuir contido