Carnés profesionais. Listaxe definitiva de solicitudes, datas e material permitido. Primeira convocatoria 2023

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da primeira convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2023, así como as datas de celebración das probas, o material de consulta permitido para a realización da segunda parte da proba e a listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B.

Selección de estadías formativas 2023. Resolución definitiva da comisión de selección e avaliación

Publicada a Resolución definitiva da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2023 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

Probas de acceso a ciclos de grao superior. Exames e respostas da convocatoria 2023

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2023 de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao medio. Listaxe definitiva de solicitudes, sedes e instrucións. Convocatoria 2023

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2023, así como as instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba.

Etiquetas: 

Selección de estadías formativas 2023. Resolución provisional

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2023 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

Premios a proxectos de innovación na FP. Relación de proxectos presentados. Convocatoria 2023

Publicada a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria da Resolución do 23 de xaneiro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Etiquetas: 

Carnés profesionais. Listaxe provisional de solicitudes. Primeira convocatoria 2023

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da primeira convocatoria 2023 de probas de carnés e habilitacións profesionais, así como unha actualización da nota informativa.

Xornada do programa eduInspira 2023 no CIFP Someso

Celébrase hoxe no CIFP Someso unha das xornadas do programa eduInspira 2023, enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduEmprende.

A xornada conta coa presencia do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do presidente da Cámara de Comercio de A Coruña e do presidente da consultora tecnolóxica Altia.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023

Publicado o calendario, a oferta clasificada por provincia e concello, e a actualización da información das Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023.

Etiquetas: 

Visita ao Centro Galego de Innovación da FP no marco de FPInnova 2023

A directora xeral de Formación Profesional de Galicia, María Eugenia Pérez Fernández, acompañada da directora xeral de FP de Andalucía, de representantes da administración educativa de Navarra e de Castela-A Mancha e de directores de centros de FP de varias comunidades autónomas visitaron o CGIFP en Ourense e comprobaron de primeira man as novas tecnoloxias do centro e os proxectos innovadores que se están a desenvolver nel.

Etiquetas: 
Multimedia: 
Distribuir contido