Participación da FP galega en Termatalia 2022

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades participa cun stand de información sobre a FP na 20ª edición de Termatalia, feira internacional de turismo termal, saúde e benestar, que se celebra os días 29 e 30 de setembro en Ourense.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Carnés profesionais. Listaxe definitiva de solicitudes, datas e material permitido. Segunda convocatoria 2022

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da segunda convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2022, así como as datas de celebración das probas, o material de consulta permitido para a realización da segunda parte da proba e a listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B.

Admisión FP. Ciclos formativos e cursos de especialización con prazas dispoñibles

Aberto o prazo de matrícula en ensinanzas de formación profesional con prazas dispoñibles ata as 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2022.

Etiquetas: 
Tema: 

Admisión FP. Ciclos formativos de grao básico con prazas dispoñibles

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos de grao básico de formación profesional con prazas vacantes desde desde o mércores 7 de setembro ata as 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2022.

Etiquetas: 
Tema: 

Admisión a ciclos formativos. 3ª adxudicación ordinaria. Convocatoria curso 2022-2023

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

Etiquetas: 
Tema: 

Convocatoria de Retorna Mocidade FP 2022-2023

Publicada no DOG a convocatoria de Retorna Mocidade FP, que permitirá a persoas menores de 40 anos, de nacionalidade española, residentes no estranxeiro, e con vinculación con Galicia, regresar a Galicia, formarse no sector da construción a través de formación oficial e obter unha axuda que lles permita afrontar os custes da viaxe, do aloxamento e da manutención.

Etiquetas: 

Centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües e ciclos autorizados. Convocatoria 2022/23

Publicada a relación de centros educativos e ciclos formativos que serán plurilingües no curso 2022/23. Nestes ciclos impártese polo menos un módulo profesional de primeiro curso e outro de segundo curso en lingua estranxeira, e ademais impártense horas adicionais de formación lingüística en dita lingua en cada un dos cursos.

Etiquetas: 

Admisión a ciclos formativos. 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria curso 2022-2023

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

Etiquetas: 
Tema: 

Proxectos de formación. Resolución de avaliación. Curso 2021-2022

Publicada a Resolución de avaliación da comisión de selección e avaliación de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional correspondente á convocatoria do curso 2021-2022.

Admisión a formación profesional de grao básico. Listaxe de prazas adxudicadas. Curso 2022-2023

Publicación da listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos de grao básico de formación profesional para o curso 2022-2023.

Etiquetas: 
Tema: 
Distribuir contido