Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións definitivas. Primeira convocatoria 2022

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas da primeira convocatoria 2022 para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Buscadores de ciclos formativos e de centros educativos con oferta sostida con fondos públicos no curso 2022-23

Dispoñibles os buscadores de ciclos formativos e cursos de especialización e de centros educativos con oferta FP sostida con fondos públicos no curso 2022-2023:

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 13:00 do 5 de xullo de 2022.

Etiquetas: 

Acto de clausura de eduemprende Atrévete 2021-2022

Onte tivo lugar o acto de clausura do programa Atrévete e a entrega de premios do concurso "Atrévete a ter unha idea" no CIFP Politécnico de Santiago.

O programa Atrévete, enmarcado dentro do plan de emprendemento Eduemprende, nace da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e diferentes asociacións e grupos empresariais, sendo o seu obxectivo prioritario o impulso da cultura emprendedora.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Ordes de actualización da oferta FP para o curso 2022-23, mapas de oferta e documentos de admisión

Publicadas no Diario Oficial de Galicia as Ordes polas que se actualiza a oferta de formación profesional para o curso 2022-23:

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Cualificacións definitivas. Convocatoria 2022

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

A partir do 22 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso a grao medio en calquera dos centros de inscrición (centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que impartan ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021-2022).

Etiquetas: 

Convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza FCT ou FP dual

Publicada a Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP Dual (código de procedemento ED202A).

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Etiquetas: 

Programa Atrévete 2021-2022. Relación de alumnado premiado

Publicada a relación do alumnado premiado no concurso "Atrévete a ter unha idea" 2021-2022.

Etiquetas: 

Oferta de formación profesional para o curso 2022-2023

Publicada no Portal FP a oferta de formación profesional sostida con fondos públicos polo réxime ordinario e polo réxime para persoas adultas en centros de Galicia, así como a oferta de cursos de especialización e de programas formativos básicos.

Están tamén dispoñibles os calendarios de admisión para réxime ordinario e réxime das persoas adultas, para FP dual e para cursos de especialización.

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións provisionais e exames. Primeira convocatoria 2022

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas da primeira convocatoria 2022 para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 20 de xuño de 2022.

Calendarios de admisión a ciclos de FP e cursos de especialización. Curso 2022/23

Publicados os calendarios de admisión para réxime ordinario e réxime das persoas adultas, para FP dual e para cursos de especialización.

Etiquetas: 
Distribuir contido