Proxectos de formación para o profesorado de FP. 2022-2023

Publicada a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2022-2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.

Bolsas Retorna mocidade FP. Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Convocatoria 2022

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas de bolsas do programa Retorna Mocidade convocadas pola Orde do 4 de agosto de 2022. Data de publicación: 14/11/2022

Poderanse presentar as reclamacións oportunas no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación.

Etiquetas: 

II Encontro Galego de Ciberseguridade 2022

Os días 9 e 10 de novembro terá lugar o II Encontro galego sobre Ciberseguridade no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia que contará coa participación como relatores de profesorado e alumnado dos Cursos de Especialización en Ciberseguridade dos centros CIFP Politécnico de Santiago, CIFP Rodolfo Ucha e IES San Clemente, que impartirán tamén os obradoiros técnicos Wireshark/tshark para análise forense en rede e Threat Hunting e Intrusión nunha contorna de Directorio Activo e análise forense dese ataque.

Etiquetas: 

Bolsas Retorna mocidade FP. Listaxe provisional de solicitudes. Convocatoria 2022

Publicada a listaxe de solicitudes admitidas e excluídas das bolsas Retorna mocidade convocadas pola Orde do 4 de agosto de 2022. Data de publicación: 31/10/2022

Etiquetas: 

Edugal 2022. Salón da oferta de educación e formación de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades participa en Edugal 2022, a 11ª edición do Salón da oferta de educación e formación de Galicia, que se celebra no Recinto Feiral de Pontevedra durante os días 26, 27 e 28 de outubro de 2022.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Axudas FCT

Publicada a Orde do 13 de outubro de 2022 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou formación profesional dual, convocadas pola Orde do 7 de xuño de 2022.

Etiquetas: 

Xornada de xestión e promoción das mobilidades Erasmus+

Hoxe, 14 de outubro de 2022, celébrase no CIFP Compostela a xornada de xestión e promoción das mobilidades Erasmus+ nos consorcios de FP de Galicia. Nesta xornada participarán varios coordinadores de programas europeos de centros de formación profesional de Galicia, compartindo as súas experiencias na xestión dos mesmos.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Xornada de FP Básica. Curso 2022-2023

O próximo 4 de outubro celebrarase a Xornada de FP Básica na Escola Galega de Admisitración Pública, en Santiago de Compostela, na que máis de 200 persoas implicadas na atención educativa do alumnado dos ciclos formativos de grao básico compartirán un espazo común para a reflexión, a construción de coñecemento e a difusión sobre estas ensinanzas.

Etiquetas: 

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes do programa Retorna Mocidade FP 2022-2023

Publicada a Orde do 29 de setembro de 2022 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Orde do 4 de agosto de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna mocidade para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional no curso académico 2022/23 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

Etiquetas: 

Relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP 2022-2023

Publicada no DOG a Resolución do 20 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2022/23, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Etiquetas: 
Distribuir contido