Proxectos de Asociacións Estratéxicas KA203 Erasmus+. Convocatoria 2018

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), Axencia Nacional en España para o Programa Erasmus+ no ámbito da educación e a formación, anima ás institucións de Educación Superior con carta ECHE a participar na convocatoria 2018 de proxectos de Asociacións Estratéxicas KA203.

Na páxina web do SEPIE encontrará dispoñible toda a información necesaria para participar na Convocatoria Erasmus+ 2018 cun apartado específico para os proxectos de Educación Superior KA203.

Para presentar a súa solicitude dentro desta convocatoria deberanse consultar os seguintes documentos:

 - Documentos da Convocatoria 2018:

 - Información sobre pasos previos á solicitude con instrucións técnicas

 - Material de apoio con documentos que facilitarán o proceso de presentación da solicitude, como:

 - O formulario electrónico de solicitude KA203

É importante ter en conta que a Declaración Responsable é un documento que deberá achegarse obrigatoriamente á solicitude e deberá de ser asinada electronicamente polo representante legal da organización solicitante. Os Mandatos de socios non españois deben formalizarse con sinatura manuscrita.

O prazo de presentación de solicitudes para proxectos de asociacións estratéxicas da Acción Clave 2 finaliza o 21 de marzo de 2018 antes das 12:00 horas.

Para calquera consulta pódese enviar unha mensaxe á seguinte dirección de correo electrónico: asociaciones.es@sepie.es

Etiquetas: