Visita de estudos para especialistas de educación e formación profesional
Enviado por pablogulin a Xov, 01/03/2012 - 12:10Summary:
Summary:
Summary:
Quedan prazas libres nas xornadas 'Competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro III' (cód. G1102004), do venres 23-sábado 24 de marzo.
XEFATURA DE DEPARTAMENTO
ASESORES DE LINGUAS COOFICIAIS
ASESORES DE LINGUAS ESTRANXEIRAS
ASESORA LINGUAS ESTRANXEIRAS
ASESOR LINGÜÍSTICO SOCIAL
ASESORA LINGUAS ESTRANXEIRAS
ASESORA LINGÜÍSTICO SOCIAL
ASESORAS LINGUAS ESTRANXEIRAS
ASESOR LINGÜÍSTICO SOCIAL
ASESORA LINGUAS ESTRANXEIRAS
ASESOR LINGÜÍSTICO SOCIAL
ASESOR LINGUAS ESTRANXEIRAS
ASESORES LINGÜÍSTICO SOCIAL
ASESOR LINGUAS ESTRANXEIRAS
Summary:
Docentes das catro provincias galegas reuniranse para se formar, reflexionar e debater arredor da figura de Luísa Villalta na Xornada do Día das Letras Galegas. Luísa Villalta organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).
Logo da presentación oficial que contará coa presenza de Valentín García, secretario Xeral de Política Lingúística, Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta, desenvolveranse as conferencias da man de estudosos/as de recoñecido prestixio (Marga do Val, Inma López Silva, Henrique Rabuñal, Manuel Naveira, Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut ) que abordarán desde diferentes perspectivas a figura de Luísa Villalta (biografía, poesía, narrativa, teatro, compromiso...) así como unha mostra de boas prácticas e experiencias dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) dos centros educativos relativas á difusión da obra da escritora.
- o O o -
Quen dixo que o de comunicarse ben é dos de Linguas??!
Contamos con todo o profesorado de Galicia que queira mellorar a súa competencia comunicativa nesta xornada práctica.
Quererás repetir!!
Data: 04 de maio de 2024
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela
Código en Fprofe: G2302011
Summary:
G2302048 - Xornada galega de linguas estranxeiras. Curso 2023-2024
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade por medio do CAFI oganiza a Xornada galega de linguas estranxeiras. Curso 2023-2024. O programa inclúe conferencias plenarias por estudosos de recoñecido prestixio así como diversos obradoiros, repetidos en dúas quendas para facilitar a súa asistencia, coa finalidade de poder aplicalos directamente nas aulas.
Data: sábado 11 de maio de 2024
Lugar de celebración: Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
Inscrición: en Fprofe co código G2302048
Horario:
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de francés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de francés, a Consellería dará a oportunidade de se presentar ao exame DELF B2 e DALF C1 desenvolvido pola Alianza Francesa.
O DELF, Diplôme d’études en langue française e o DALF, Diplôme approfondi de langue française, son as certificacións oficiais internacionais expedidas polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos candidatos estranxeiros e dos franceses oriúndos dun país non francófono e que non posúen un Diploma do Ensino Público Secundario ou Superior francé.
Avalía as competencias comunicativas en todas as situacións habituais no ambiente laboral e profesional:
Referencia dos cursos para se apuntar en fprofe:
DELF. Alianza francesa. Nivel B2
- Código en fprofe: G2202011
Proba escrita: A proba escrita terá lugar en Santiago de Compostela o 05/06/2023 (de 9.30 a 12.00). O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela).
Proba oral: o profesorado poderá presentarse na Alianza Francesa de Santiago, Vigo ou A Coruña. Indicarase a data con antelación.
Prazas: 50
Observacións: non poderán ser seleccionados os candidatos/as que teñan acreditado o nivel B2 nin os mestres especialistas en francés.
Para máis información: DELF
Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es
DALF. Alianza francesa. Nivel C1
- Código en fprofe: G2202010
Proba escrita: a proba escrita terá lugar en Santiago de Compostela o 01/06/2023 (de 9.30 a 13.30). O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela).
Proba oral: o profesorado poderá presentarse na Alianza Francesa de Santiago, Vigo ou A Coruña. Indicarase a data con antelación.
Prazas: 50
Observacións: non poderán ser seleccionados os candidatos/as que teñan acreditado o nivel C1 nin o profesorado de secu ndaria especialista en francés.
Para máis información: DALF
Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es