Gallego

G1702042 - Trinity College. GESE graos 7 a 9. Nivel B2

Summary: 

Probas de acreditación de inglés B2
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten interese en facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. A tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería dará a oportunidade de presentarse ao exame Trinity GESE B2 desenvolto polo Trinity College.

Referencia: G1702042
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  21/05/2018  -  25/05/2018
Data límite de inscrición: 06/04/2018
Lugar: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
Prazas:  50

Certificación B2 Trinity GESE

Para máis información preme aquí.

Trinity College London
Trinity College London

G1702039 Trinity College. GESE grados 7 a 9. Nivel B2

Summary: 

Probas de acreditación de inglés B2
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten interese en facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. A tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería dará a oportunidade de presentarse ao exame Trinity GESE B2 desenvolto polo Trinity College.

Referencia: G1702039
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  03/04/2018  -  06/04/2018
Data límite de inscrición: 04/03/2018
Lugar: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
Prazas:  100
Certificación B2 Trinity GESE

Para máis información preme aquí.

Trinity
Trinity

Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés

Summary: 

Cursos intensivos de preparación das probas de certificación das EEOOII de inglés
Gallego

Se ata agora estiveches sen tempo para preparar as probas de certificación das EEOOII de Inglés, agora é o teu momento. Xa non hai escusa. Tes ao teu dispor varios cursos para formarte e abordar estas probas en Santiago de Compostela e en Ribeira.

- Santiago de Compostela (preme no apartado correspondente e terás información máis cumprida dos horarios de cada curso)

     - S1701205 Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés B1

     - S1701203 Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés B2

     - S1701202 Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés C1

- Ribeira (preme no apartado correspondente e terás información máis cumprida dos horarios de cada curso)

     - S1701206 Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés B1

     - S1701204 Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés B2

Preparación EEOOII Inglés
Preparación EEOOII Inglés

Recursos na Rede para a competencia oral en inglés

Summary: 

Actividade formativa do plan anual 2017-18
Gallego

G1701065 - Recursos na Rede para a competencia oral en inglés

Forma de participación: Na Rede

Datas: 22 de xaneiro a 9 de marzo de 2018

Competencias profesionais docentes:

Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras - Destrezas comunicativas verbais e non verbal: técnicas e estratexias para o desenvolvemento e mantemento.

Interlocutor/a e referente (forma de ser e relacionarse cos demais) - Habilidades persoais, sociais e relacionais. Estratexias de mellora.

Referencia: G1701065
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  2º trimestre, curso académico 2017/2018
Data límite de inscrición: 15/12/2017
Lugar: Na Rede
Prazas:  50

Horas totais:

Horas presenciais: 0
Horas non presenciais: 30

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Criterios de selección: Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos:

1.Familiarizarse cos trazos da linguaxe oral e as estratexias principais para manter a fluidez da comunicación.

2.Coñecer e poñer en práctica fórmulas e estratexias típicas da comunicación oral.

3.Coñecer e practicar a linguaxe e as funcións de uso cotián durante a interacción e o manexo da aula.

Contidos:

1.Revisión e análise dos trazos e estratexias básicas do discurso oral: fórmulas, frases feitas, parafrasear, definir, repetir, aclarar dúbidas, buscar alternativas, etc.

2.Análise de fragmentos do discurso oral en distintos contextos e con distintas funcións para identificar as estratexias da linguaxe oral que empregan os falantes nativos e a súa posterior posta en práctica en distintas simulacións.

3.Recompilación e posterior uso da linguaxe oral empregada na aula para distintas tarefas, destrezas e agrupamentos.

 

ASESORA RESPONSABLE DA ACTIVIDADE: Diana Pastoriza Espasandín

Enderezo electrónico: dianapastoriza@edu.xunta.es

 
Competencia oral en inglés
Competencia oral en inglés

IV Xornadas galegas de linguas estranxeiras

Summary: 

IV XORNADAS GALEGAS DE LINGUAS ESTRANXEIRAS, 1 de abril en horario de mañá e tarde
Gallego

O Departamento de Linguas do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) anuncia a celebracion das IV XORNADAS GALEGAS DE LINGUAS ESTRANXEIRAS, que terán lugar o día 1  de abril en horario de mañá e tarde na EGAP (Escola Galega de Administración Pública).

Estas Xornadas están abertas a todos os docentes da Comunidade, interesados nos idiomas obxecto da convocatoria: inglés, francés, alemán, portugués e italiano.

O aforo é limitado, polo que a admisión se realizará segundo os criterios de selección publicado no Plan de formación.

O código de inscrición e o enlace en fprofe é o G1602006 

 

 

Linguas estranxeiras
Linguas estranxeiras

Instrumentos e estratexias para a detección do abandono escolar temperán

Gallego

Podes acceder á aula virtual do proxecto facendo clic na seguinte ligazón: All Aboard

All Aboard
All Aboard

G1602007 Programas Europeos: O programa Erasmus +. Convocatoria curso 2016-17

Summary: 

O programa Erasmus + ten como obxectivo atender as necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes na formación profesional de grao medio e de grao superior (incluídas as estadías transnacionais de estudantes en empresas), nas ensinanzas artísticas superiores e no ensino universitario –calquera que sexa a duración dos estudos, incluídos os de doutoramento–, así como das institucións que imparten estes tipos de formación.
Gallego

PROGRAMA - Mañá - 10:00 - 12:00 Conferencia inaugural - "Erasmus+: convocatoria 2017. A internacionalización dos centros educativos" por Beatriz Tourón Torrado (SEPIE) 12:00 - 12:30 Pausa café 12:30 - 14:00 Conferencia - "Programas europeos nun centro educativo: beneficios e oportunidades. Por que é interesante participar en programas europeos para un centro educativo" por Gonzalo Constenla Bergueiro (EOI de Santiago de Compostela) - Mañá - 16:00 - 17:15 Obradoiros simultáneos: - Os Programas Europeos na Formación Profesional, ciclos formaivos de grao superior - Francisco Antonio Orge Lorenzo (CIFP Carlos Oroza - pontevedra). - Os Programas Europeos na Educación Escolar - Beatriz Alonso Pérez-Ávila e María Olga Varela Vázquez (IES Alfonso X o Sabio - Cambre). - Os Programas Europeos na Educación de Adultos - Nancy Casielles Iglesias (EOI de Ourense).; - Os Programas Europeos na Formación Profesional, ciclos formativos de grao medio - Asunción González Cabaleiro (CIFP Valentín Paz Andrade - Vigo). - Etwinning e Erasmus + - Mª Carmen Fernández Vázquez (IES de Poio - Pontevedra) e Ángel Sebastian Junquera (CAFI). 17:15 - 17:30 Pausa 17:30 - 18:45 Obradoiros (segunda quenda) 18:45 - 20:00 Mesa redonda - Moderadora: Beatriz Tourón Torrado (SEPIE). Inteveñen as persoas relatoras dos obradoiros

erasmus+
erasmus+

S1601052 A creatividade a través da interacción no ensino do inglés

Summary: 

Curso para docentes de inglés
Gallego

Prazo de inscrición aberto en fprofe para este curso presencial en inglés sobre creatividade e interacción na aula.

Obxectivos

1.Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas que fomenten estratexias para desenvolverse en espazos culturais variados.

2.Utilizar e fomentar un discurso que permita a construción do coñecemento facendo uso de procedementos discursivos verbais e non verbais.

3.Xerar oportunidades para a participación en debates e para a toma de decisións sobre temas relevantes fomentando a tolerancia e o espírito crítico.

Contidos

1.Coñecemento de técnicas e metodoloxías innovadoras que favorecen o desenvolvemento da creatividade e a competencia comunicativa da lingua inglesa.

2. Estratexias e recursos que exercitan e facilitan a interacción en lingua inglesa.

3.Familiarización con distintas dinámicas grupais que favorecen o desenvolvemento das capacidades dos discentes e poñen en valor as fortalezas de todos e cada un.

4.Toma de conciencia do valor pedagóxico

Ver Programa no pdf adxunto.

 

S1601052  A creatividade a través da interacción no ensino do inglés
S1601052 A creatividade a través da interacción no ensino do inglés

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros

Summary: 

Prazas dispoñibles! Podedes facer a inscrición en FPROFE Mércores 28 e xoves 29 de setembro | EGAP (Santiago de Compostela)
Gallego

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros

Formación aberta na Rede: "O currículo na aula"

Summary: 

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Esta actividade virtual permitirá ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas. Prazo de inscrición: Ata o 21 de abril de 2016.
Gallego

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Trátase dunha actividade coas seguintes características:

  • Lévase a cabo de forma virtual na Rede, a través de Platega2.

  • Está conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria.

  • Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Ao tratarse dunha formación en aberto non ten asociado recoñecemento de horas de formación.

 

Permite ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas.

Podes automatricularte en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=209.  Introduce os teus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.

A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio. Estará conformada por 4 módulos:

  • Currículo e aproximación á programación

  • Rúbricas e mínimos esixibles

  • Perfil de competencia.

  • Tarefas integradas.

O prazo de inscrición xa rematou, pero hai posibilidade de visualizar os contidos do curso como convidados.

 

 

 

 

 

Formación Aberta na Rede: O currículo na aula
Formación Aberta na Rede: O currículo na aula