Bibliotecas LIA, ampliando horizontes. Belén Escariz Ferrín CEIP de Quintela (Moaña-Pontevedra) |
|
Biblioteca é a creativa como auga é a líquida. Mónica P. Múñoz Sobrino CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Vigo-Pontevedra) |
|
Desde a biblioteca da EOI de Ferrol ata Rosalía de Castro sen fronteiras. Virginia Fernández González EOI de Ferrol (Ferrol-A Coruña) |
|
O refraneiro galego baixo a lupa violeta. María Vilasó Martínez IES Eduardo Pondal (Ponteceso-A cCruña) |
|
A lenda da Moucha do monte Xalo: un produto final máxico. Pablo Otero e Iván Pena CRA de Culleredo (Culleredo-A Coruña) |
|
Lectura e familias na biblioteca Xoán Farias. Rosa Grille, Pablo López, Kelly Picos e Rosana Rodiles CEIP de Pazos (Ferrol-A Coruña)
|
|
Beatriz Hernández e Lucía Somoza IES Espiñeira (Boiro-A Coruña) |
Novos artigos sobre bibliotecas escolares na Revista EDUGA de xuño de 2022
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de facer público o novo número da Revista Galega do Ensino (EDUGA), que conta cunha sección fixa de Bibliotecas Escolares. Neste número 83 de xuño de 2022 pubícanse un total de sete artigos, nas tres sub-seccións: Biblioteca escolar, Boas prácticas e Hora de ler. Nestes artigos, atopamos reflexións e actividades sobre o programa Lectura e familias, oralidade, colaboración entre bibliotecas, igualdade, lendas e creatividade e como as transformacións das bibliotecas en espazos creativos e LIA.2 abren novos camiños ás comunidades educativas.
Materiais da XIV Xornada dos Clubs de Lectura
O pasado 10 de xuño, celebrouse no Palacio de Congresos, en Santiago de Compostela, a reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que reuniu a preto de 400 persoas, entre participantes, relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado.
No enlace adxunto a redeBE podedes acceder aos vídeos das presentacións e aos materiais aportados polos poñentes.
XIV Xornada dos Clubs de Lectura
O vindeiro 10 de xuño, celebrarase no Palacio de Congresos, en Santiago de Compostela, a reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Neste curso 2021/2022 recibiron asignación, a través da convocatoria do programa, un total de 370 centros que matriculan alumnado de Educación Primaria, ESO, BAC, FP, Ensinanzas de Persoas Adultas, e Ensinanzas de réxime especial (Conservatorios e Escolas de idiomas). Esta XIV Xornada dos Clubs de Lectura reunirá así a preto de 400 persoas, entre participantes, relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado.
Entregarase, así mesmo, o Premio dos Clubs de Lectura 2022, que desta vez recaeu na escritora Antía Yáñez, por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2020/2021, tal e como se recolle na Resolución do 22 de abril de 2022, que explica as particularidades deste premio, que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado e Carlos Negro, María Reimóndez, Andrea Maceiras e Eva Mejuto.
O programa contempla así mesmo a participación do escritor e experto en LIX Freddy Gonçalves e sesións simultáneas de lectura fácil, itinerarios lectores persoais , poesía, teatro e banda deseñada. Os Clubs de lectura estarán representados nunha mesa de experiencias. Pechará a xornada a escritora Care Santos, a terceira autora máis lida nos Clubs de Lectura no curso 2020/2021.
Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2022/2023 - Centros públicos
O DOG publica hoxe a Orde do 11 de maio de 2022 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades , para o curso 2022/2023.
Ao igual que en anos anteriores, seleccionaranse un mínimo de 25 centros novos para a súa incorporación ao PLAMBE, podendo ampliarse este número no caso de baixas ou renuncias de centros xa integrados neste programa en convocatorias anteriores. Os centros que se incorporaron nas convocatorias 2008/09 a 2012/13, poderán recibir, ademáis da asignación para fondos, unha asignación complementaria para a renovación de mobiliario e outros equipamentos imprescindibles para o funcionamento da biblioteca escolar. A continuidade no PLAMBE esixe a solicitude correspondente a través desta convocatoria, coa entrega da documentación que se solicita en cada caso, así como acadar unha valoración positiva na memoria de actividades deste curso 2021/2022.
O prazo de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Bibliotecas Escolares Solidarias 2021/2022
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 23 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias"do curso 2020/2021.
Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" aos 5 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.
Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias de un total de 64 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", destinada ao alumnado de 5º e 6º de primaria, no curso 2021/2022.
Esta é unha iniciativa integrada no Plan LIA 2021/2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Dirección Xeral de Centros e RR HH) en colaboración coa Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
IV Concurso de Podcasts - Radio na Biblio: Seleccionados en las Modalidades III e IV
Estos son os tres podcasts seleccionados na Modalidade III; alumnado de Educación Secundaria, e na Modalidade IV, alumnado de Bacharelato, ensinanza de Persoas Adultas ou Ciclos Formativos. A selección recoñece a orixinalidade do traballo, a calidade sonora e de contido e o uso da radio como ferramenta de inclusión. Un percorrido pola vida e obra de Florencio Deglado Gurriarán a través de distintas linguas.
Domadora de serpes
A neniña brinca á comba nun xardín de algures
Un,
dous,
tres.
Fuxen da retorta serpe
os paxariños dos pes
e as volvoretas das trenzas.
Un,
dous,
tres.
Os paxariños dos pes
fuxen, con medo, da cobra.
A túa gorxa, leda frauta,
fai beilar á serpe tola.
Un,
Dous,
tres.
Fera, alritada, asubía
ao feitizo das túas mans,
e chouta, ergueita, pra darche
tráxica aperte no van.
Un, dous, tres;
un, dous, tres...
Rápida estordega,
mais viras e viras
o corpo de vimio
e á cobra alporizas.
¡Fuxide, paxaros,
que a serpe asubia!
Cantigas na frauta...
¡Apresa, neniña!:
un, dous, tres,
un, dous, tres...
Poema de Florencio Delgado Gurriarán recitado polo alumnado do CEE Saladino Cortizo que cursa o ciclo de tránsito á vida adulta.
IV Concurso de Podcasts - Radio na Biblio: Seleccionados nas Modalidades I e II
Estos son os cinco podcasts premiados na Modalidade I, alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, e na Modalidade II, alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria; pola orixinalidade do seu traballo e a calidade sonora e de contido. Un percorrido pola vida, obra e lugares de Florencio Delgado Gurriarán.
Letras galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén.
Achégase o día grande das Letras Galegas e as bibliotecas escolares, neste ano 2022, incorporan a Florencio Delgado Gurriarán ao seu traballo en prol da nosa lingua. O seu compromiso vital coa terra e a lingua a través do seu traballo como poeta, articulista, editor, tradutor e a súa labor como activista cultural e político, convida a facer lectores en galego a través do achegamento a súa figura .
Na imaxe, colaxe-obxecto de Ana Piñón Vale do IES Agra do Orzán de A Coruña.
Velaquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2022:
- CEIP P. A Cristina (Carballo-A Coruña): Semana das Letras Galegas
- CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela-A Coruña): Día Das Letras Galegas
- CEIP de Atín-Cela (Mos-Pontevedra): Xincana Florencio Delgado
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Podcasts, Apadriñamento lector
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Día das Letras Galegas
- CEIP do Hío (Cangas-Pontevedra): Letras Galegas 2022
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Letras Galegas 2022
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): Semana das Letras Galegas
- CEIP Manuel Vidal Portela (Pontevedra): Letras Galegas
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Florencio Delgado Gurriarán: AS NOSAS LETRAS!
- CEIP P. Montemogos (Bueu-Pontevedra): XXXIV Semana Cultural e Letras galegas 2022
- CEIP P. Mosteiro de Caaveiro (A Capela-A Coruña): Letras Galegas 2022
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Verbas e Radio, Verbas nas Américas, Podcast, Exposición
- CEIP P. Nº1 de Tui (Tui-Pontevedra): Festival "As Nosas Letras"
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Letras Galegas 2022
- CEIP P. Pepe de Xan Baña (Sta. Comba-A Coruña): As nosas letras, Premios, Podcast
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): Semana Cultural das Letras Galegas
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A Coruña): Letras Galegas 2022
- CEIP Saco e arce (Toén-Ourense): Recursos, Sácalle a lingua, Romaría das Letras
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): #17 de maio_Día das Letras Galegas
- CEIP P. da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Letras Galegas 2022, II Romaría das Letras Galegas
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Festa das Letras
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Coñecendo a Florencio Delgado, EI, EP
- CEP Xosé María Brea Segade (Rianxo-A Coruña): Festival das Letras
- CPI Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Mes das letras 2022
- CPI P. Virxe do Monte (Cospeito-Lugo): Letras Galegas 2022
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Un paseo pola vida de Florencio Delgado Gurriarán
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): As nosas palabras, Palabras fermosas
- IES Chamoso Lamas (O Carballiño-Ourense): Maio-Letras Galegas
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Letras Galegas 2022
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Día das Letras Galegas 2022 I, II
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Podcast Letras Galegas
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Liña do tempo, Corgomófilo en 20 diapositivas, Un alfabeto para Florencio, Pasatempos a bordo!
- IES de Vilalonga (Sanxenxo-Pontevedra): Audios e podcast do día das Letras Galegas
Resolución do IV Concurso de Podcasts - Radio na biblio
O Portal educativo publica a resolución de 12 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, relativa á convocatoria do IV Concurso de Podcasts - Radio na biblio en colaboración coa CRTVG (Radio Galega). A convocatoria estaba destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que traballan a radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán, poeta, articulista, editor, tradutor e activista cultural e político no exilio.
Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da páxina do Diario Cultural; así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
- PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO
- TEXTO DA RESOLUCIÓN
- AUDIOS NA WEB DO DIARIO CULTURAL DA RADIO GALEGA
Materiais dos Encontros PLAMBE 2021-2022
Os pasados 24 e 25 de marzo celebráronse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2021/2022, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, o patrimonio inmaterial. Ademais, presentáronse un total de 18 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado e outros... ).
No enlace que adxuntamos a redeBE podedes acceder aos vídeos das presentacións e aos materiais aportados polos poñentes.
Actividades do Día do Libro 2022 nas Bibliotecas Escolares de Galicia
O mes de abril visibiliza o traballo que, ao longo do ano, as nosas bibliotecas desenvolven arredor do libro e a lectura .
Imaxe de pacodíaz en Gráficas Anduriña
Velaquí algúns exemplos:
- CEIP P. A Cristina (Carballo-A Coruña): Apadriñamentos lectores, Arte no Concello, Voluntariado, Teatro
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia-A Coruña): A segunda vida dos libros, Lecturas compartidas
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Kamishibai con Música, Recomendacións lectoras
- CEIP P. da Espiñeira-Aldán (Cangas-Pontevedra): Semana do Libro 2022, Retos
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Día Internacional do Libro
- CEIP do Hío (Cangas-Pontevedra): Día do Libro, Recomendacións lectoras, Xornada creativa
- CEIP da Igrexa-Candeán (vigo-Pontevedra): Día do Libro
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Chegou o Día do Libro e con el... , Visita de Paco Nogueiras
- CEIP de Leirado (Salvaterra do Miño-Pontevedra): Contos de sempre, Contos colaborativos
- CEIP Manuel Vidal Portela (Pontevedra): Apadriñamentos
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Mes das Letras 2022
- CEIP P. Monte Baliño (Pantón-Lugo): Día do Libro 2022
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): Contacontos EI, Día do Libro EP, Encontros con autoras
- CEIP P. Nº1 de Tui (Tui-Pontevedra): Versionando as portadas
- CEIP P. O Mosteirón (Sada-A Coruña): En-Caixa-Contos!
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): I Roteiro Literario
- CEIP Pepe de Xan Baña (Santa Comba-A Coruña): Grandes escritores, A volta ao mundo en máis de 80 libros
- CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha-A Coruña): Mes do Libro
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): 23 de abril, Día Internacional do Libro
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): Mes dos Libros, Para que?, Unha historia con portadas, Clubes de lectores
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): Día do Libro, Unha visita moi especial, Padriños e madriñas lectoras
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Abril, Mes dos Libros, Familias que contan!, Booktubers
- CEIP Vistahermosa (Ourense): ECOlibros
- CPI P. de Castroverde (Castroverde-Lugo): Ler está de moda!
- CPI Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Día do Libro 2022
- CPI Virxe da Saleta (Cea-Ourense): Crea o teu libriño, Bolboreta marcapáxinas, Día do Libro
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Asoman as palabras, Contos en palabras
- EEI de Vilalba (Vilalba-Lugo): Teatro de sombras
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Semana do libro
- IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño-Ourense): Semana do libro
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Visita Arantza Portabales, Nee Barros, Laura Suárez, Obradoiro de Ilustración, Bookface
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Día do Libro 2022
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz-Lugo): Misterios no Día do Libro
Día Miundial do Libro e do Dereito de Autor - 2022
Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2022.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso o escritor, editor e tradutor, Xosé Ballesteros, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose na parte menos visible do libro, esa marabillosa viaxe colectiva que inician autores/as e ilustradores/as, con parada en editoriais, imprentas, librarías, para atopar, finalmente, porto seguro nas nosas bibliotecas escolares.
"Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo"
Neste mes, e todo o ano, non esquezamos que os libros chegan as nosas mans grazas a unha cadea de traballo colectivo que non debemos romper. Habitemos este espazo que creamos xuntos/as.
Premio dos Clubs de Lectura 2022 para Antía Yáñez
Co gallo da celebración do Día do Libro, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade , fai pública a Resolución de 22 de abril de 2022 pola que se recoñece a Antía Yáñez co Premio dos Clubs de Lectura 2022.
No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. Na resolución de creación do premio contemplábase que “o Premio dos Clubs de Lectura poderá entregarse unha soa vez a un autor ou autora. No caso de que o primeiro creador da relación resultante nun curso xa tivese recibido o premio, este seralle concedido ao autor ou autora seguinte na relación”. Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro(2018), María Reimóndez (2019), Andrea Maceiras (2020) e Eva Mejuto (2021).
Antía Yáñez é unha das autoras máis seguidas polo lectorado infantil e xuvenil galego. Dous dos seus títulos, Be water e Senlleiras están incluídos entre os 50 libros máis lidos nos Clubs de lectura no curso 2020/2021.
VIII Concurso de Traballo por Proxectos
O Portal Educativo publica a Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, do 6 de abril de 2022, pola que se convoca, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), o VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS, vinculados ou apoiados pola biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, para traballos realizados durante o curso 2021/2022.
As modalidades nas que se pode participar son as seguintes:
1. Proxectos de carácter interdisciplinario, ou Proxectos Documentais Integrados , coordinados desde a biblioteca escolar, e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (e un 40% dos departamentos, no caso dos centros de ensinanza secundaria).
2. Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, nas seguintes sub-modalidades:
a. Traballos de grupo/nivel
b. Traballos de ciclo/departamento
c. Proxectos realizados na materia de libre configuración de 1º/2º de ESO “Investigación e Tratamento da Información”, ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria.
3. Proxectos de investigación intercentros, promovidos desde as bibliotecas de ata un máximo de tres centros de ensino co fin de desenvolver un proxecto común, de temática xeral ou científica.
4. Proxectos realizados con metodoloxía científica. Co fin de estimular a curiosidade por distintos fenómenos das ciencias experimentais ou sociais e reforzar o desenvolvemento do pensamento científico do alumnado, establécese unha nova modalidade, á que se poderán presentar traballos realizados co apoio dos recursos e oportunidades da biblioteca escolar, en calquera dos formatos anteriores: proxecto interdisciplinario, grupo-nivel, grupo internivelar/departamento ou na materia de “Investigación e Tratamento da Información” de 1º/2º de ESO, ou semellante en ensino primario, baixo as pautas do método científico.
O prazo de presentación de traballos remata o 10 de xullo de 2022.
Imaxe do CEIP de Outes (Outes-A Coruña)
As/os 50 autoras e autores máis lidos polos Clubs de Lectura no curso 2020-2021
Como en anos anteriores, trala revisión das memorias dos Clubs de lectura correspondente ao curso 2020/2021, e á vista das lecturas realizadas polos diferentes grupos integrados no club de lectura de cada centro participante, pódese coñecer a relación dos 50 títulos máis lidos así como o número de lectura realizadas de cada autor ou autora, tendo en conta as diferentes obras lidas de cada un deles.
Publícase agora a relación dos 50 autores e autoras máis lidos polos clubs de lectura nese período.
Día Internacional do Libro Infantil 2022
Ler é liberdade. Ler é respirar.
Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
A plenitude do teu universo só medra cando les.
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa quelogo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
As historias son menciña. Curan. Reconfortan.
Inspiran. Ensinan.
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan
os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.
Mahsi cho. Moitas grazas.
RICHARD VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO
Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A sección patrocinadora deste ano é Canadá que difunde a mensaxe de Richard Van Camp e o cartel de Julie Flett.
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.
Encontros PLAMBE 2021-2022
Os vindeiros 24 e 25 de marzo celébranse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2021/2022, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, o patrimonio inmaterial. Ademais, presentaranse un total de 18 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado e outros... ).
Un espazo de encontro no que as bibliotecas escolares de Galicia teñen a palabra.
A Poesía ten a palabra
En tempos confusos como os que vivimos, cómpre viaxar polas métaforas das imaxes e as palabras, asolagar as nosas bibliotecas de poesía, buscar acubillo en versos reparadores, descubrir a poética do máis pequeno e próximo...
Hai moitos ollos no mundo,
ollos ledos e baleiros,
pequerrechos, preguiceiros,
ollos tristes e profundos.
Ollos ollando os abrentes,
ollos con olladas frías,
ollos de noites e días,
olladas de ollos doentes.
Ollos claros e marróns,
azuis, negros, verde escuro,
ollos que baten nos muros,
ollos-corisco e limón.
Ollos das pombas feridas,
ollos limpos, meiguiceiros,
ollos que aluman carreiros,
ollos de olladas perdidas.
Hai moitos ollos na terra,
ollos ollando as olladas
doutros ollos e as moradas
de tantos ollos que berran.
Paseniño, paseniño. Antonio García Teijeiro
Recursos:
- Maleta viaxeira Poesía Primaria
- Maleta viaxeira Poesía Secundaria
- Pinterest Poesía Infantil e Primaria
- Rede Lectura: Poesía Infantil
- Rede Lectura: Poesía Xuvenil
A Poesía das bibliotecas escolares galegas:
- CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Vigo-Pontevedra9: Tres en un
- CEIP de Atín-Cela (Mos-Pontevedra): Día da Poesía
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): 21 de marzo, Día da Poesía
- CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos-Pontevedra): Natureza e Poesía
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Clubs de lectura, Recitado
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): Día da Poesía 22, Insua dos Poetas
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): Visita de Olga Novo e Día da Poesía, Poesía e Natureza
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A Coruña): Caligramas recitados
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Día Mundial da Poesía
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): Agasallos especiais, Poemas a viva voz
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): 21 de marzo_Día da Poesía
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo-A Coruña): Recital de Poesía
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Día da Poesía
- CEIP Vista Alegre (Burela-Lugo): Mes da poesía
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Día da Poesía
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños-A Coruña): Poesías da nosa contorna
- CPI P. Virxe do Monte (Cospeito-Lugo): Día da Poesía
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Semana da Poesía
- EEI Fina Casalderrey (Pontevedra): Día da Poesía
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Un mes con moitas palabras
- EOI Monforte (Monforte de Lemos-Lugo): Ponte a proba!
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Día da Poesía e Aniversario de Miguel Hernández
- IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia-Ourense): Marzo Mes da Poesía, Poesía con Inés Mirás
- IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño-Ourense): Día da Poesía 2022
- IES Monelos (A Coruña): Lembrando a Miguel Hernández
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz-Lugo): Tempo de poesía e teatro
- IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense): Día da Poesía, Recitando!
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): 21 poetas par 0 21M, 30 poemas para un 30 cabodano, Miguel Hernández 80 anos despois
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria-Lugo): Medre a poesía!
- Centros de ensino da comarca de Sarria (Sarria-Lugo): I Edición do Día da Poesía en Sarria
Materiais da Xornada de Biblioteca Creativa 2021/2022
O pasado 4 de febreiro celebrouse, na EGAP en Santiago de Compostela, a Xornada de Formación de Biblioteca Creativa 2021/2022.
Nesta xornada, os 125 centros que integran oprograma compartiron experiencias que son bos exemplos da evolución que pode vivir unha biblioteca escolar que acolle todo tipo de linguaxes (oral, escrita, icónica, audiovisual, artística...) e posibilita á comunidade educativa múltiples oportunidades de aprendizaxe, expresión e creación.
No enlace que adxuntamos a redeBE podedes viaxar por estos espazos de expresión e autonomía a través das experiencias dos centros, coñecer a ALFIN/AMI baseada no xogo con Felicidad Campal e Ana Ordás e achegarse aos obradoiros de escornabots, impresión 3D, creatividade, E-téxtiles e xogo.
E-LBE.2: Lectura dixital para as bibliotecas escolares
En novembro de 2012, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizou unha convocatoria, destinada aos centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares, dun proxecto piloto para a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Este proxecto incorporou a 50 centros.
A Xunta vén de ampliar o acceso á plataforma do proxecto E-LBE.2, de lectura e préstamo de contidos dixitais nas bibliotecas escolares. Deste xeito, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon a disposición dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) unha ferramenta que enriquecerá as súas coleccións.
En total están accesibles máis de 3500 títulos, que se poden ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (ordenador, tableta, móbil...), con dispoñibilidade de lectura en liña e fóra de liña e para todos/as os/as usuarios/as (profesorado, alumnado e familias) que conten con carné das bibliotecas escolares.
Os fondos E-LBE.2 son variados, actuais e están seleccionados atendendo aos criterios que, en xeral, seguen as bibliotecas escolares galegas.A selección, xestión e control dos contidos, e a súa actualización coordínanse desde a asesoría de bibliotecas escolares:
- Coleccións con temáticas específicas, aprendizaxe de idiomas, robótica, saúde, nutrición, apoio a materias, acceso a revistas e liteara, entre outras.tura para todos os niveis e etapas, entre outras.
- Catálogo intelixente: recomendacións de lectura a medida que vai coñecendo os gustos dos/as usuarios/as.
- Módulo de accesibilidade para axudar aos/as lectores/as: tipografía específica para dislexia e lectura en audio de todos os libros dispoñibles.
- Lectura en calquera momento e lugar: accesible 24/7 e modalidade de lectura con ou sen conexión.
- Acceso desde seis dispositivos diferentes e sincronización no último punto de acceso, permitindo tamén ás familias poder gozar desta solución.
- Estatísticas de lectura en tempo real.
.
8M: Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible
O Día Internacional da Muller 2022 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. A información máis recente da que dispoñemos permitiunos entender que existe un vínculo fundamental entre xénero, equidade social e cambio climático e recoñecer que, sen igualdade de xénero hoxe, o futuro sostible e equitativo seguirá estando fóra do noso alcance.
A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.
Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo "Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: "A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030" apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e empoderar ás mulleres e as nenas. Concienciar, difundir e apoiar iniciativas na liña sinalada pola propia ONU: «a igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible». Se se promove a igualdade no acceso á educación, á atención médica, a un traballo decente, e unha representación nos procesos de adopción de decisións políticas e económicas, impulsaranse economías sostibles, igualitarias e máis humanas.
As bibliotecas escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ...
Actividades nas bibliotecas escolares galegas:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Lecturas, Día Internacional da Muller, Imos coñecelas un pouco mellor
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia-A Coruña): 8M Enredadas
- CEIP A.D.R. Castelao (Vigo-Pontevedra): Así celebramos...
- CEIP do Carballal (Marín-Pontevedra): Mulleres das nosas rías
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): 8 de marzo, Día da Muller
- CEIP de Cespón (Boiro-A Coruña): Día Internacional da Muller, 8 de marzo
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): 8 de marzo, Día da Muller
- CEIP P. da Espiñeira-Aldán (Cangas-Pontevedra): Galegas Todas
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Día Internacional da Muller
- CEIP do Hío (Cangas-Pontevedra): Mulleres no cine, Concurso, Encontros con mulleres de cine
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Marzo, con M de Muller; As mulleres das nosas vidas
- CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela-A Coruña): Mulleres Galegas, Retos 8 de marzo
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): Muller traballadora
- CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos-Pontevedra): 8M-Día Internacional da Muller
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): 8M - Tarefa de TOD@S
- CEIP P. de Monforte (Monforte de Lemos-Lugo): Muller e artesanía
- CEIP P: Monte Baliño (Pantón-Lugo): 8 de marzo
- CEIP P. Montemogos (Bueu-Pontevedra): A Quinta Ferreña, As mulleres da nosa vida
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): 8M, LIP DUB, Rompemos cos roles?
- CEIP Os Tilos (Teo-A Coruña): Xuntas no mesmo camiño
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Día Internacional da Muller
- CEIP P. Pena de francia (Mos-Pontevedra): O muro da igualdade, Radio-Historia do 8 de marzo
- CEIP Pepe de Xan Baña (Santa Comba-A Coruña): A muller como referente
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): A muller e a nena na ciencia e 8 de marzo, Visita de Olaga Novo
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A coruña): Día Internacional da Muller!!
- CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros-A Coruña): 8M. As nosas mulleres valentes
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Día Internacional da Muller
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): O día da cor morada, Encontro con Baia Fernández
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): #8M_Día Internacional da Muller
- CEIP P. Santa Mariña (Vigo-Pontevedra): Día Internacional da Muller
- CEIP P. da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Día Internacional da Muller Traballadora
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): 8 de marzo - Día internacional da muller
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Voces Bravas
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Día Internacional da Muller
- CPI P. Virxe do Monte (Cospeito-Lugo): As nosas avoas
- CRA de Culleredo (Culleredo-A Coruña): 8M-5 Mulleres do Noroeste
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Igualdade, non só unha palabra, Mulleres referentes
- EOI A Coruña: Lecturas en vídeo
- IES Arcebispo Xelmirez I (Santiago de Compostela-A Coruña): Nin caladas, nin submisas, nin illadas!
- IES de Brión (Brión-A Coruña): Olimpíada de Biólogas, Coñécelas?, Quiz 10 escritoras imprescindibles
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Encontro con Aurora Marco (Irmandiñas); Habelas, hailas (Lecturas 8M)
- IES Espiñeira (Boiro-A Coruña): Grazas Antonia!, Ler non é cousa de mulleres, 8M
- IES Lamas de Castelo (Carnota-A Coruña): 8M - Día Internacional da Muller
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Exposición Día da Muller, Obradoiro creativo
- IES Monte das Moas (A Coruña): Mulleres dos oficios tradicionais
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Día da Muller Traballadora
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Poesías para o 8 de marzo
- IES de Vilalonga (Sanxenxo-Pontevedra): 8 de marzo
- IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives-Ourense): Encontro con mulleres da nosa contorna
IV Concurso de Podcasts - Radio na Biblio
O Portal Educativo publica a convocatoria do IV Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca con data de 1 de marzo de 2022 , o IV Concurso de Podcasts - Radio na Biblio en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade , integrados ou non no programa Radio na Biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán, poeta, articulista, editor, tradutor, activista cultural e político no exilio.
O prazo de presentación remata o 29 de abril de 2022.
Día Mundial da Radio 2022: A radio e a confianza
No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión."
Este ano, o undécimo Día Mundial da Radio celébrase co lema: "A radio e a confianza". Os recentes acontecementos mundiais e a pandemia do COVID-19 erosionaron a confianza nos medios en xeral, alimentada pola circulación de contidos falsos que se propagan rapidamente, sobre todo nas redes sociais. Con todo, os estudos demostran que moitos cidadáns seguen outorgando maior confianza á radio que a calquera outro medio. Este nivel de confianza reforza a importancia de ofrecer aos cidadáns contidos informativos precisos e fiables. Os cidadáns esperan unha información verificable e independente, que se comparta en aras do interese público, que obrigue aos poderosos para render contas e que axude á sociedade para construír un futuro mellor para todos.
Un lema en sintonia co traballo das bibliotecas escolares adscritas ao programa Radio na biblio nos tempos estraños que nos toca enfrontar, que convida a seguir combatendo a desinformación e a traballar coa alfabetización mediática e informacional nas nosas comunidades educativas.
Imaxe de "Radio Castelao", a emisora da biblioteca do CEIP Alfonso Daniel Rofríguez Castelao (Navia-Vigo)
A Radio nas bibliotecas escolares de Galicia:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Día Mundial da Radio
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Radio "Rufo Soños"
- CEIP da Igrexa-Candeán (Vigo-Pontevedra): Radio Candeanina
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): Radip Pingueira_A Música dos pobos abandonados
- CEIP P. Pepe de Xan Baña (Santa Comba-A Coruña): Os cantares de Rosalía
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): Día mundial da Radio
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Día da Radio
- CPR Divino Maestro (Lugo): Entrevista a Paco Martín
- EOI de Vilagarcía (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): Radi Maré_ Tupper, Café de Pota, Día Mundial da Radio
- IES Illa de San Simón (Redondela-Pontevedra): Día Internacional da Memoria TRANS 2021
- IES Gregorio Fernández (Sarria-Lugo): Radio Bolboreta
11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
Máis información:
- ONU Mulleres
- 11 de febreiro org
- Mujeres con Ciencia
- Maletas viaxeiras: Ciencias Primaria, Ciencias Secundaria, Biblioteca Creativa
- Pinterest Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares
- Pinterest Biblioteca creativa
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Selección de lecturas
- CEIP A Paz (Vigo-Pontevedra): Seleccción de fondos
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
- CEIP do Hío (Cangas-Pontevedra): Día da Muller na Ciencia
- CEIP Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): Muller na ciencia
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Leo le... 11F
- CEIP P. Montemogos (Bueu-Pontevedra): As nosas farmacéúiticas!, Vídeoconferencia con investigadoras do CSIC
- CEIP Nosa Sra. de Xuevncos (Boborás-Ourense): Selección de recursos
- CEIP P. Os Tilos (Teo-A Coruña): Día da Muller e a Nena na Ciencia
- CEIP P. Pepe de Xan Baña (Santa Comba-A Coruña): Ciencia en Feminino
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): O talento non ten xénero
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Día da Muller e a Nena na Ciencia
- CEIP Virxe do Carme (Sober-Lugo): Ciencia en Movemento, Visita de Patricia Domínguez
- CEIP Virxe do Rocío (Vigo-Pontevedra): 11 de candeas, Laboratorio do Doutor Bacilus, Nais e Científicas
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Xogando para aprender no 11F
- CIFP Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Exposición, Falamos coa investigadora Kelly Conde
- CPI da Cañiza (A Cañiza-Pontevedra): Recursos, María José Alonso, Montaxes, Radio "Son da ESO"
- CPI Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Día da Muller e a Nena na Ciencia
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Contacientíficas
- IES A Xunqueira I (Pontevedra): Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
- IES Aquis Celenis (Caldas de Reis-Pontevedra): Exposición, A muller na ciencia
- IES de Brión (Brión-A Coruña): Olimpíada de mulleres biólogas
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Científicas no Cine
- IES Espiñeira (Boiro-A Coruña): Selección de fondos, Recital de Estíbaliz Espinosa
- IES Illa de San simón (Redondela-Pontevedra): Presentación de "Galegas na Ciencia"
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Científicas na rede no 11F
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Lendo e falando de ciencia en feminino
- IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives-Ourense): Reto Día da Muller e a Nena na Ciencia
Día Escolar da Non Violencia e a Paz
Como cada 30 de xaneiro, chega unha data con gran potencialidade educativa: O Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha ocasión para que as nosas bibliotecas se comprometan como defensoras da paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar. Para que conformen o espazo da biblioteca como un auténtico viveiro de cidadanía, un lugar facilitador do diálogo, o debate, a reflexión, a lectura crítica e o acceso á información, no que se promova unha participación activa cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.
O Obxectivo 16 da Axenda 2030 chama a "Promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, facilitar o acceso á xustiza para todos e construír a todos os niveis institucións eficaces e inclusivas que rendan contas."
Entre as súas metas atopamos moitos dos eixos de traballo das nosas bibliotecas escolares ao longo do curso: reducir todas as formas de violencia, participación cidadá, acceso á información e libertades fundamentais...
As bibliotecas escolares galegas promoven, nesta data, actividades variadas e recompilacións de recursos:
- CEE Miño (Ourense): Celebración do Día da Non Violencia e a Paz
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): O Día Escolar da Paz e da Non Violencia
- CEIP A.D.R. Castelao (Vigo-Pontevedra): 30 de Xaneiro-Día Escolar pola Paz
- CEIP Arquitecto Casas Novoa (Santiago de Compostela-A Coruña): 30 de xaneiro-Día da Paz
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia-A Coruña): Recomendacións lectoras Día da Paz, Unha marea de Paz
- CEIP de Atín-Cela (Mos-Pontevedra): Día da Paz
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Día Escolar da Paz e Non Violencia
- CEIP de Cervo (Cervo-Lugo): Día da Paz e da Non Violencia
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): Lecturas das Familias
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Día da Paz 2022
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Un mar cheo de Paz
- CEIP P. da Espiñeira-Aldán (Cangas-Pontevedra): Lecturas pola Paz
- CEIP de Esteiro (Ferrol-A Coruña): Sadako, Selección de lecturas
- CEIP de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Kahoots
- CEIP Igrexa-Candeán (Vigo-Pontevedra): Lecturas-Paz e Medio Ambiente, Murais
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (Pobra de Trives_Ourense): Camiños pola Paz, Radio Pingueira, Poemas pola Paz, Danza da Paz
- CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos-Pontevedra): Cartas de gratitude pola Paz
- CEIP P. Monte Baliño (Pantón-Lugo): Carreira da Paz, Semana da Paz, Día da Paz
- CEIP P. de Montemogos (Bueu-Pontevedra): Día da Paz, Contacontos pola Paz
- CEIP P. Mosteiro de Caaveiro (A Capela-A Coruña): Un desexo solidario
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Día da Paz
- CEIP P. Nº1 de Tui (Tui-Pontevedra): Proposta "Libro de bandeiras"
- CEIP P O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Lecturas pola Paz
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): Día da Paz
- CEIP P. Os Tilos (Teo-A Coruña): Día da Paz 2022
- CEIP Otero Pedrayo (rábade-Lugo): Bailamos pola Paz
- CEIP P. Pepe de Xan Baña (Santa Comba-A Coruña): A palabra é Paz
- CEIP de Petelos (Mos-Pontevedra): Programa de Radio
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Non hai Camiño para a Paz, a Paz é o Camiño
- CEIP P. de Sigüeiro (Oroso-A Coruña): Recomendacións lectoras-Camiño da Paz
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Día da Paz
- CEIP Víctor López Seoane (A Coruña): Celebración da Paz
- CEIP Virxe do Rocío (Vigo-Pontevedra): Figuras de Paz en Vigo, A Paz no Resío
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Día Escolar da Non Violencia e a Paz
- CPI P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Día da Paz e da Non Violencia
- CPI Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Paseo das estrelas pola Paz
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Sadako, Selección de lecturas
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): A Paz sen fronteiras, nos cantares, na palabra feita poesía
- IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño-Ourense): Día da Paz 2022
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Mural, Voluntariado, Pulseiras
- IES Monte das Moas (A Coruña): Pombas da Paz, Día da Paz, Lecturas para a Paz
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Deportistas Olímpicas e Paralímpicas
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Día Escolar da Non Violencia e a Paz
- IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense): Palabras tamén para a Paz
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Lecturas poéticas pola paz, Lecturas para falar da GUERRA e da PAZ
- IES Xelmirez I (Santiago de Compostela-A Coruña): Día Internacional das Vítimas do Holocausto
- IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives-Ourense): Día da Paz