Xornada de Biblioteca Creativa 2024

 
 
 
O 5 de febreiro de 2024 celebrarase na EGAP a Xornada de Biblioteca Creativa que reunirá ás 169 persoas coordinadoras deste programa nas súas bibliotecas.
 
 
Inaugurará a xornada Bea Lema, debuxando con fíos na banda deseñada, continuando con obradoiros simultáneos de escornabots, impresión 3D, banda deseñada, collage, ficción dixital, creación e creación audiovisual. Pecharán coas experiencias de cinco centros que falarán do aproveitamento dos recursos da biblioteca creativa para o traballo por proxectos, gamificación,  recursos e dinamización de actividades.