VI Concurso de Podcasts - Radio na biblio

 

 
 
 
 
 
Portal Educativo publica a convocatoria do VI Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. A Dirección Xeral de Innovación e Ordenación Educativa fai publica a Resolución de 22 de marzo de 2024 pola que se convoca o VI  Concurso de Podcasts - Radio na Biblio en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades , integrados ou non no programa Radio na Biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas 2024, dedicado este ano á intelectual, escritora, activista política, cultural e medioambiental, articulista, tradutora, profesora, filóloga e violinista Luísa Villalta; polo que as temáticas dos podcasts, nas oito modalidades previstas, deberán tratar sobre aspectos bio-bibliográficos da autora homenaxeada, especialmente aqueles vinculados á lingua materna, a estimulación da lectura da poesía, o mundo da edición e da tradución, o activismo cultural e medioambiental nos anos 90 a relación entre literatura e música e a muller na literatura galega ou as mulleres nas Letras Galegas.
 
O prazo de presentación remata o 15 de abril de 2024.