O NOSO CENTRO

 

CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ

ENDEREZO: Casardomato, Nº 1, O Pino - 32001-Ourense

TELÉFONO: 988 78 88 96

CORREO ELECTRÓNICO: ceip.albino.nunez@edu.xunta.gal

PÁXINA WEB:www.edu.xunta.gal/centros/ceipalbinonunez

OFERTA EDUCATIVA: Educación Infantil e Educación Primaria

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

Actualizado 23/05/2023

  

Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2024/2025. Nos seguintes enlaces tedes toda a información:

  ORDE COMPLETA DA CONVOCATORIA

   Extracto reducido da orde

  ACCESO Á APLICACIÓN FONDOLIBROS

  ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA ONDE SE RECOLLE A   DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

  ANEXO I  (solicitude) e  ANEXO II (comprobación membros computables da unidade familiar)

  ANEXO II adicional, para cubrir en caso de familias numerosas

  

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO 2024

Nesta ocasión o Equipo de Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propuxo ao alumnado que nos contara cal é o seu libro favorito. Aos máis cativos-as entregóuselles unha ficha na que tiñan que debuxar o libro elixido mentres que aos/ás máis maiores se lles pediu que fixeran un pequeno resumo do libro que máis lles gusta. Nesta publicación podedes ver o resultado do gran traballo que fixeron convertido nunha revista dixital coas súa recomendacións lectoras. Na biblioteca queda a versión impresa.

 Revista Dixital Dia Do Libro

 
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLO VOSO TRABALLO!!!
Ademais desta actividade tamén levamos a cabo o apadriñamento lector que tanto lle gusta ao alumnado. Que ben o pasan lendo uns aos outros diversos contos seleccionados da biblioteca. 

INAUGURACIÓN DO AREEIRO

Queda inaugurado oficialmente o areeiro, arranxado recentemente polo Concello de Ourense, para que os cativos e cativas poidan ter un bo espazo de lecer.

E que mellor, que inaugurar este espazo cos máis pequenos e pequenas do colexio, que o pasaron en grande creando as súas construcións.

Powered by Drupal - Design by artinet