Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2023-2024) Así se crea unha explosión e "coca-cola". Descobre como facelo no noso vídeo deste experimento

Este mes experimentamos na nosa aula con "Coca-cola" e caramelos "Mentos". Plantexamos diferentes hipóteses sobre o que podería suceder ao mesturalos.

Nesta ocasión todos e todas coincidimos en que seguramente ía a "estoupar"... sería verdade?

    

Para comprobar a nosa hipótese, cada equipo puxo en práctica o experimento, seguindo os pasos que considerou oportunos.

   

Fixémolo no patio do colexio, para non manchalo todo... "por se estoupaba".

   

Tódolos equipos puideron comprobar que, efectivamente, cando metían os mentos na coca-cola... esta saía disparada. Eso si había que facelo "moi rápido".

    

As veces saía con tanta forza, que ata tiraba a botella polo chan.

   

Nesta ocasión fomos novamente os de Infantil 2, os encargados de crear o vídeo explicando o experimento.

O equipo "vaca", encargado de facelo, preparou o panel do manterial para poder usarlo na gravación do mesmo.

        

Despois de dialogar para acordar que parte explicaría cada quen, levamos a cabo a rodaxe deo vídeo.

Así quedou vídeo unha vez rematado. Agora xa podes repetilo na túa casa as veces que queiras.  

  

Anotamos as observacións no caderno de campo dos experimentos deste curso.

     

   

Podes ver os vídeos que creamos, de cada un dos experimentos deste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2023-2024

  

   

(2023-2024) Celebramos os aniversarios de abril... cociñando galletas!!

No mes de abril, só estaban de aniversario os profes PABLO e ÓSCAR, e para celebralo en lugar de facer unha tarta, escolleron "cociñar galletas" feitas de fariña, ovo, manteiga, azucre e chocolate.

Queres saber como as fixemos, e como nos quedaron? 

    

Pesamos os diferentes ingredientes que precisaríamos, segundo as cantidades que se indicaba na receita.

   

E fomos engadíndoos de un en un nun recipiente.

   

Tivemos que amasalos para mesturalos, ata que conseguimos crear unha masa.

Deberíamos agardar a que arrefriase ata o día seguinte no frigorífico.

    

Coa masa xa lista, despois dunha noite no frigorífico, chegou o turno de estirarla cun rodillo.

   

Cada quen escolleu o molde da figura que prefería para facer a súa galleta "personalizada", facendo forza na masa para "conseguir a súa galleta"

        

Decóramolas con pepitas de chocolotate.

     

Coa masa sobrante... fixemos outra chea de galletas, unhas con moldes e outras "con bolas e pepitas de chocolotate"

   

Tan só quedaba cociñalas todas no forno, e agardar a que se cociñasen. Os profes foron os encargados de facelo, por suposto.

  

Así de chulas quedaron as galletas que fixemos cada un de nós.

  

Xa estaban todas cociñadas... tan só quedaba esperar a que arrefiaran, antes de comezar a comelas.

        

Unha vez listas... chegou o momento de comelas. Estaban boísimas!!!

   

      

Á volta do recreo, aínda nos quedaban por probar outras galletas, feitas sen molde pero con pepitas de chocolate, que se cociñaran mentras estabamos no patio.... por suposto tamén estaban fantásticas.

    

Podes ver moitas máis imaxes no seguinte álbum da galería fotografía:

ÁLBUM NA GALERÍA: (2023-2024) Celebramos os aniversarios de abril... cociñando galletas

  

   

(2023-2024) Xa atopamos tódalas respostas na nosa investigación sobre "Os peixes". Podemos comezar a traballar na creación do álbum e do vídeo.

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

30/11/23: (2023-2024) Decidimos investigar sobre "os peixes" e damos comezo ao noso primeiro proxecto do curso 

26/01/24: (2023-2024) Continuamos a investigar sobre os peixes e xa temos as primeiras respostas ás nosas preguntas 

14/03/24: (2023-2024) Continuamos coa nosa investigación sobre os peixes e atopamos novas respostas

     

Nestas últimas semanas rematamos a nosa investigación sobre "Os Peixes".

Deste xeito, atopando tódalas respostas, temos feita a primera parte do noso "Proxecto de traballo"; e xa estamos listos para crear "os álbumes de peixes" e o "vídeo" que nos plantexaramos ao comezo do mesmo, como obxectivo e produto final.

    

Xa sabemos como nadan os peixes, atopamos a resposta lendo a información, e mirando un vídeo, que se atopaba no  recanto de información "virtual".

    

Fomos escribido o que facían os peixes para poder nadar.

    

Imitámolos "nadando" polo chan da clase.

    

Tan só quedaba reflexalo, entre todos e todas, no mural da investigación.

   

E así quedou unha vez rematado, respostando de paso,  a outra da preguntas que tiñamos previstas: "para que usaban as aletas"

   

Para investigar "de que tipos podían ser os peixes", novamente traballamos en "gran grupo", empregando información escrita e visualizando vídeos, no  recanto "virtual" de información.  

Discriminamos non  vídeo, a información relevante (que nos interesaba para a nosa pregunta), do resto de información que íamos escoitando.

   

Contamos o descuberto no mural da investigación.

     

Incluímos o código QR dun vídeo, dun dos poucos peixes que poden vivir tanto en auga doce como en salgada.

      

Finalmente así quedou reflexado no mural.

     

Por último, investigando por equipos cooperativos, e buscando no material impreso do recanto da investigación, descubrimos tódalas cores que podían ter os peixes.

Anotándoas primeiramente nunha folla por equipo, para logo "compartir" os descubrimentos cos restantes compañeiros e compañeiras.

 

   

Para plasmalo no mural da investigación, acordamos que o mellor sería pegar a fotografía dun peixe de cada cor, e escribir debaixo o nome da mesma.

    

Comprobamos que non se nos esquecera ningunha cor, controlándoo na folla nos que os anotara cada equipo. 

   

E así quedou finalmente reflexado no mural da investigación.

   

Deste xeito atopamos as respostas á tódalas preguntas que anotamos ao comenzo da investigación e, co mural completo, podíamos dar por rematada esta primeira parte do "Proxecto de traballo". 

    

No seguinte vídeo, podes ver como quedou o mural da investigación completo, con tódalas preguntas respondidas.

    

Agora xa podemos comezar a elaborar os produtos finais que nos marcáramos ao comezo do Proxecto de investigación:

    

Ademais tamén iremos elaborando o dossier individual, onde plasmaremos todo o que fomos aprendendo, e que temos anotado no mural da investigación.

   

Como sempre poderedes estar ao tanto de todo isto nas sucesivas entradas que iremos publicando neste mesmo blog.

(2023-2024) En marzo, sucedeu ademais todo isto en Infantil 2

No mes de marzo, en INFANTIL 2, sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

22/03/24: [Infantil xuntos] (2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de marzo 
14/03/24: (2023-2024) Continuamos coa nosa investigación sobre os peixes e atopamos novas respostas 
06/03/24: [Infantil xuntos] (2023-2024) Creamos unha fraga máxica e participamos nas actividades so Salón do Libro 2024

   

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Cada día o encargado ou encargado/a continuou a ser o/a responsable de completar o calendario online, levar a cabo os rexistros e outra chea de responsabilidades.

 

     

Para celebrar e traballar o 8M buscamos códigos QR, de mulleres relevantes ao longo da historia.

Blog da biblioteca (2023-2024) Revolucionarias, un proxecto co que poñemos en valor o 8M durante todo o curso

    

Participamos nun obradoiro de manualidades con "cartón", xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

Nel creamos un fantástico monicreque.

Blog da biblioteca (2023-2024) OBRADOIRO DE CARTÓN

   

Estrenamos unha nova casa-cohete, que eliximos e mercamos  coa opinión de todos e todas.

     

Plantamos e coidamos cebolas no invernadoiro, que xa medraron moitísimo nestas tres semanas.

     

Asistimos como público,  aos partidos do "deporte escolar", para animar aos compañeiros e compañeiras do noso colexio, que competían contra os do colexio de Tenorio.

 

        

Continuamos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas. 

   

Continuamos a participar nos "apadriñamentos lectores",  organizados pola Biblioteca do centro. Cada semana os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º veñen a lernos contos.

     

Cada venres participamos co préstamo de libros para casa, os venres, empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil. 

   

Seguimos coa nosa colaboración na elaboración dun menú semanal saudable, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

Podes velos todos no botón que atoparás na parte dereita desta web. 

   

 Por quendas seguimos a levar a mochila "de lecer" para as nosas casas.   

    

Asistimos ao musical do "Rei León" en Vilagarcía de Arousa.

     

Continuamos a explorar as nosas posiblidades creativas pintando con témpera.

    

Antes de rematar o trimestre elaboramos noso boletín de auto-avalación, onde nun dos seus apartados "escollimos" entre todos e todas, as "cousas boas" que nos gustan de cada un dos nosos compañeiros e compañeiras.

    

E deste xeito remata o mes de marzo, e este segundo trimestre... voltaremos con novas "aventuras" á volta das vacacións de "Semana Santa".

(2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de marzo

Ao rematar o mes de marzo, antes das vacacións de Semana Santa, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumprira anos ANA, KARÍA e YOEL, quenes foron os encargados de escoller unha tarta do noso libro de receitas.

    

Seguindo os seus pasos crearían unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.

Xunto aos compañeiros e compañeiras das súas aulas, prepararon as camisetas de agasallo e as coroas. Quedaron fantásticas!

   

Cos ingredientes que trouxera, días antes da celebración, preparamos a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.  

      

Tan só quedaba levala ao frigorífico e deixala alí ata o día seguinte.  

Cando chegou o día da celebración preparamos a mesa para os nosos convidados e convidadas, contanto cantos pratos, vasos e garfos precisaríamos.

   

Despois dun noite arrefriando no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.

   

Xa estabamos todos e todas preparados e preparadas!

    

Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz", "parabéns para ti" e "happy birthday".

     

Así o fixemos...

    

     

      

E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartisen a tarta entre os seus convidados e convidadas.

Estaba boísima!!!

(2023-2024) Continuamos coa nosa investigación sobre os peixes e atopamos novas respostas

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

30/11/23: (2023-2024) Decidimos investigar sobre "os peixes" e damos comezo ao noso primeiro proxecto do curso 

26/01/24: (2023-2024) Continuamos a investigar sobre os peixes e xa temos as primeiras respostas ás nosas preguntas 

 

Nas últimas semanas continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "Peixes", buscando as respostas a varias das preguntas que aínda quedaban por respostar. Para elo empregamos a información que tiñamos tanto no noso recanto de información "virtual", na web do colexio (recanto de infantil); así como libros e diferentes documentos impresos, no recanto da información da aula.

   

Descubrimos algunhas das causas polas que poden morrer os peixes, acordando de que xeito o plasmaríamos no mural da investigación.

   

Para outra das preguntas pendentes, "Por que morren fora da auga?", atopamos a resposta descubrindo como respiraban. Atopamos a resposta, discriminando a información que nos interesaba do resto; nun dos vídeos do noso recanto de información "virtual".

       

Entre todos e todas acordamos como contalo no mural, tanto o modo en que respiraban, como a razón pola que morrían cando estaban fora da auga. 

    

E así o reflectimos no mural da investigación. 

     

Tamén descubrimos, a través da visualización doutro vídeo, de que modo nacen os peixes; tal como o tiñamos escrito na lista do que "queríamos saber".

    

    

Así o contamos no mural, tal como acordáramos entre todos e todas.

    

Pouco a pouco imos completando o mural da investigación, coas repostas que imos atopando ás respostas plantexadas.

   

Aínda nos quedan varias preguntas por respostar, que iremos investigando nos videiros días.

Como sempre poderedes estar ao tanto do que sucede en futuras entradas do blog.

  

  

   

  

(2023-2024) Febreiro, o mes máis curto e mellor aproveitado!

Ola, ola, ola! EI1 está de volta coa súa entrada correspondente ao mes de febreiro. A pesar de ser o mes máis curto do ano escolar, na nosa clase sacámoslle moito partido e estivemos facendo de todo. Comezamos!

Este mes xuntáronse moitas actividades moi especiais, entre elas está a elaboración dun conto para o Salón do Libro. Coa a axuda do profe para parte da escritura e o debuxo da porta; os nenos e nenas da clase elaboraron o conto pintando a portada e contraportada, escribindo as palabras do interior e gravando efectos sonoros que incorporamos no conto a través de Códigos QR. Pasámolo super ben facéndoo, e o resultado fixo que mereza a pena todo o traballo. Se queredes saber máis desta actividade, podedes botar unha ollada aquí.

Estamos en febreiro, falando de actividades feitas durante o mes; pero os e as que pasads habitualmente por aquí, sabedes que na nosa clase calquer día do ano e bo para falar de igualdade, dereitos das mulleres e visibilizar mulleres das que os libros de historia moi convenientemente "esquecen". Pois ben, este mes continuamos avanzando co noso proxecto de igualdade "Revolucionarias", pero ademáis engadimos traballo extra para unha actividade moi especial que estamos a traballar no cole. Queredes saber cal é? Pois estade atentos, porque moi pronto a publicaremos na nosa páxina web e redes sociais.

Por suposto, seguimos a "caza" das letras tan rebeldes coas que convivimos na aula. É unha locura, cada vez que chegamos os luns, algunha colle a maleta e vaise por ahí a pasar o fin de semana fóra. Por sorte, os nosos nenos e nenas son moi observadores e sempre son capaces de atopar onde se agochan. Por suposto, complementamos esta aprendizaxe con actividades de lectura, escritura e conciencia tanto fonolóxica coma silábica e léxica a través de distintos soportes.

Tamén seguimos engadindo días ao noso calendario de aula, e con cada día, un xogo e actividade nova. Este mes, entre moitas outras cosas, exploramos e bailamos coa radio, cazamos Pokemon usando os nosos coñecementos sobre as letras, fixemos un Sonic de papel con tesoiras e pegamento, creamos robots, ampliamos coñecementos sobre os reloxos e as horas...

Entre as moitas celebracións deste mes, estivounha adicada a unha das mulleres máis lidas da nosa terra, Rosalía de Castro. Por suposto, quixemos colaborar o máximo posible nesta conmemoración que implicou a todo o cole, polo que pintamos e recortamos unhas letras moi chulas que  foron parte do mural que elaborou a escola en conxunta. Se queres saber máis sobre esta actividade, podes botar unha ollada aquí.

Outro dos momentos máis agardados da nosa semana, é o luns, pois é o día que o Porco Espín Serafín responde aos nosos escritos na mochila viaxeira, e prepara o material para entregar a mochila a un neno ou nena. Por iso as visitas á biblioteca os luns son obligatorias, e bueno... xa aproveitamos a viaxe e quedamos por alí lendo e xogando co material tan chulo que a profe Zaira sempre prepara para nós con moito agarimo.

Este mes non tivemos tanto tempo como quixeramos para os xogos motrices con plasti, pero aínda así, atopamos un pouquiño de tempo para poñernos mans a obra e facer un xogo onde traballamos o concepto "metade" e usamos coitelos e as mans para facer churros e moitas outras formas seguindo consignas.

O noso invernadoiro está de volta! Este mes plantamos cebolas, e agora ben a parte que máis tempo require, a de coidalas. Todos os luns e todos os mércores, os nenos e nenas da nosa clase imos ir a regar os nosos vexetais, de xeito que a finais de curso poidamos ter unhas deliciosas cebolas que levarnos a casa!

Os xogos tampouco faltaron, temos unha chea de xogos novos que estabamos desexando estrenar. E iso e precisamente o que fixemos este mes: explicamos como utilizalos, establecemos un sistema de turnos e normas de uso... E a xogar! A verdade e que é unha maravilla ver as creacións que os nosos nenos e nenas fans cando lles damos o material e deixamo voar a súa imaxinación.

Pero se algo fixemos este mes, iso foi arte. Pintamos, moldeamos, fixemos autorretratos, coñecemos a obra de moitos autores novos, experimentamos con novos materiais... Foi unha auténtica locura, pero ao mesmo tempo foi divertidisimo. Estamos a crear en conxunto un dossier de arte digno do mismísimo Picasso (do que falamos este mes), e para quen o dubide, aquí tedes algunhas das fotos do proceso de elaboración do noso traballo.

Fixemos o experimento deste mes que, nesta ocasión non gravamos, pois foi o turno dos nosos compañeiros e compañeiras de EI2. Aceite e colorante foron as protagonistas deste divertido experimento, que podedes ver explicado aquí.

E en medio de todo isto tivemos o Entroido. Viñemos disfrazados ao cole seguindo as intruccións do Porco Espín Serafín, elaboramos os nosos disfraces de domadores e domadoras coas familias; e o pasamos xenial ensaiando o noso baile. A nosa ecola converteuse nun auténtico circo (literalmente) e se non nos credes, botade unha ollada aquí para ver a que liamos.

Na hora de alternativa a relixión, onde se xuntan nenos das dúas aulas, seguimos traballando motricidade e arte. Nesta ocasión o fixemos cun árbol moi especial con forma de corazón, que pintamos usando os dedos. O resultado foi moi chulo, pero o realmente especial foi o proceso, onde o pasamos xenial xogando coa pintura, os materiais, a auga para lavar as mans e moito máis!

Tamén estivemos a cargo da creación dunha merenda saúdable, como parte de programa Nutriescolas co que colaboramos baixo a guía do profe Paulo. Foi el precisamente quen nos fixo o encargo de preparar esta merenda e... Mans a obra! Tras unha relfexión sobre os alimentos saudables que podemos usar, unha posta en común, selección de xoguetes e moita moita plastilina; preparamos esta deliciosa merenda que podedes ver nas fotos. Bo proveito!

E por se fora pouco, aínda tivemos tempo para escollar o tema que queremo investigar. Sí... levamos moitos meses coa selección, pero e que é moi difícil escoller só un tema! De todolos xeitos, faremos todo o posible por aprender o máximo posible sobre o tema escollido durante os próximos meses, xa veredes o que se ven...

E isto e todo, foi un febreiro moi ben aproveitado... , pero aínda estamos a medio camiño do curso! Así que en marzo non baixaremos o ritmo, estade atentos porque aínda temos moito que ensinar e que aprender!

(2023-2024) Creamos unha fraga máxica e participamos nas actividades so Salón do Libro 2024

O pasado 5 de marzo, xunto aos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º, visitamos e participamos nas actividades do "Salón do libro 2024", que nesta ocasión tiña como tema "A maixa".

     

Semanas antes, tivemos que traballar a reo para crear o noso "traballo" sobre o tema. Acordamos que o faríamos sobre personaxes máxicas da tradición galega: O Nubeiro sería o protagonista en Infantil 2 e o Gatipedro en Infantil 1.

Cada unha das aulas elaborou o seu libro, escribindo sucesivos borradores, deseñando a personaxe...

   

E, por suposto, escribindo o libro entre todos e todas.

      

Os 3 libros (os dous de infantil e un de 1º e 2º)  formarían parte do traballo de centro, "unha parte da fraga máxica" onde viven as personaxes dos mesmos.

    

Acordamos entre todos e todas como debería ser o noso traballo de centro: como colocaríamos a árbore, de que cor debería ser a base...

     

E así quedou unha vez rematado, cos tres libros xa rematados e dentro da Fraga.

           

Así de fantástico quedou o libro dos compañeiros e compañeiras de Infantil 2, no que o protagonista era o Nubeiro.

    

Co traballo xa rematado, e entregado no Salón do Libro, preparamos o noso "mapa de fitos" para chegar ata o Pazo da Cultura, onde terían lugar as actividades do "Salón".

   

E por fin chegou o gran día, todos e todas marchamos cara Pontevedra, camiño do Pazo da Cultura.

    

Seguindo a ruta indicada polo noso mapa, sabíamos cantos lugares faltaban por pasar para poder chegar ata alí.

 

       

E cando chegamos... alí nos estaba agardando "O Lobo Orbil", disfrazado de mago.

   

Acompañados por Cuqui, asistimos a unha sesión de contacontos e música a cargo de "Migallas". 

 

   

E visitamos as diferentes zonas e salas do Salón do libro... todas elas cheas de máxia e misterio.

   

Nalgunhas tivemos que evitar pisar "a lava", ou facer cousas tan "máxicas" como camiñar polo teito... 

   

Durante o percorrido atopamos os nosos libros no traballo de centro, xunto aos feitos polos restantes compañeiros e copañeiras dos outros colexios participantes.

  

A Cuqui encantáronlle ámbalas dúas historias: A do Nubeiro (de Infantil 2) e a do Gatipedro (de infantil 1).

     

Rematada a visita, chegou o momento de repoñer forzas tomando a nosa merenda.

   

Antes de volta para o colexio, fixemos un percorrido pola "Illa das esculturas" camiñando ao lado do río. 

   

 

Lembra que podes ver tódalas fotografías desta saída no seguinte álbum da galería de imaxes:

ÁLBUM DA GALERÍA FOTOGRÁFICA: (2023-2024) Visita ao Salón do Libro 2024

   

(2023-2024) E ademais, no mes de febreiro, sucedeu todo isto en infantil 2

No mes de febreiro, en INFANTIL 2,  sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

  

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Cada día o encargado ou encargado foi o/a responsable de anotar o  calendario online, levar a cabo os rexistros e outra chea de responsabilidades.

     

Por quendas seguimos a levar a mochila "de lecer" para as nosas casas. 

   

Seguimos coa nosa colaboración na elaboración dun menú semanal saudable, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

   

   

Participamos nos "apadriñamentos lectores",  organizados pola Biblioteca do centro. Cada semana os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º veñen a lernos contos.

 

Continuamos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas. 

      

Cada venres participamos co préstamo de libros para casa, os venres, empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil.

     

Participamos nas actividades organizadas no Centro polo "Día de Rosalía de Castro", onde descubrimos moitos datos da sáu vida, e escoitamos algúns das súas creacións.

   

Xogamos con Abby nosa "auxiliar de conversa" a xogos en inglés moi divertidos.

 

      

Tamén creamos o noso traballo para visitar ao LOBO ORBIL, no Salón do Libro de Pontevedra, que xa vos contaremos nunha futura entrada, cando participemos nas actividades organizadas alí.

Tal vez che interese coñecer como usamos os "carnets QR" na aula, podes facelo na seguinte entrada:

Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula

(2023-2024) Experimentamos con aceite e colorante, e contámolo nun vídeo. Ques velo?

Este mes experimentamos con ceite, e colorante. Descubrimos que non se mesturan por moitos que o tentes e queda en "burbullas" sobre a auga. Contámolo todo nun vídeo para que poidas facelo tamén na túa casa.

O primeiro foi plantexar hipóteses do que se podería facer con ese material, en que orde se faría? que sucedería ao final?

   

Exploramos sensorialmente os materiais do experimento, ulindo, tocando...

    

Comprobamos que ao mesturar o colorante co aceite quedaba en boliñas

  

E que por moito que o remexeses non era posible mesturarlo. 

   

Chegou despois o momento de que cada equipo cooperativo repetise os pasos do experimento, e observase os resultados...

    

...todos comprobaron que sucedía o mesmo.

    

Rematado o traballo, cada equipo levou a cabo a súa auto-avaliación figuroanalóxica. 

       

Xa de modo individual completamos os nosos respectivos cadernos de campo, co observado no experimento.

   

Este mes correspondíanos a nós, INFANTIL 2,  crear o vídeo do experimento.

O equipo COCODRILO, encargado nesta ocasión de explicar o experimento no vídeo, elaborou o cartel co material preciso.

Velaquí como quedou o vídeo unha vez rematado

  

Podes ver os vídeos que creamos, de  cada un dos experimentos deste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2023-2024

  

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.