Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Seguimos descubrindo a Henry Moore. Xa sabemos como facer unha exposición.

Podes ver os pasos previos deste proxecto de investigación e traballo nas seguintes entradas:

21/05/16: (2015-2016) Comezamos a investigar sobre Henry Moore para crear a nosa propia exposición

28/05/16: (2015-2016) Continuamos a investigar sobre Henry Moore respostando a máis preguntas 

 

Como xa che contamos nas anteriores entradas, na nosa investigación sobre "Henry Moore" para poder facer unha exposición, aínda nos queba pendente unha pregunta moi importante.

COMO SE FAI UNHA EXPOSICIÓN?  TIÑA PERMISO PARA FACELAS NA RÚA HERNY MOORE?

Investigando todos xuntos atopamos unhas "fotocopias" onde explicaba que pasos había que seguir para organizar unha exposición. A medida que o profe ía lendo a información fomos anotando unha serie de pasos ordeaos no noso mural da investigación.

 

Agora xa sabíamos todo o que precisábamos para facer a nosa exposición, tan só quedaba poñerse mans á obra.

 

Con esta pregunta quedaban tódalas nosas preguntas respostadas.

 

E así quedou rematado o noso mural da investigación, con tódolos descubrimentos que fixemos ó longo destas semanas descubrindo a Henry Moore.

 

CREAMOS COMPOSICIÓNS COAS ESTATUAS DE HENRY MOORE:

Con tódalas obras que xa coñecíamos de Moore, cremos nos equipos cooperativos unha composición. Tivemos que acordar que queríamos representar e "que parte faría cada un dos membros do equipo" para dar feito o traballo.

 

Xa rematado, cada equipo escribiu no ordenador o título da súa obra.

 

Para poder pegala na mesma, como o último dos pasos que cada un dos equipos tiña que facer para crear a súa composición.

 

Xunto ós dos compañeiros e compañeiras da outra aula, pegámolos no corredor para todos e todas puidesen velo.

 

 

ONDE HAI ESCULTURAS DE HENRY MOORE NO MUNDO?:

Aproveitando un mapa interactivo que tiñamos no noso recanto da investigación da web do centro (podes velo desde aquí), descubrimos que as estatuas de Henry Moore estaba por todo o mundo.

 

Cada un de nos foi anotando nunha lista o país/lugar do mundo onde se atopaba a estatua que quería.

 

Para logo de imprimilas poder pegalas no mapa, que temos xa no corredor para as cartas a colexios de todo o mundo, e así poder logo empregalo na nosa exposición. Resultounos moi curioso descubir onde se atopan as estatuas que xa coñecíamos, e cales estaba preto ou lonxe de nos.

 

 

REPRESENTANDO CO CORPO AS ESCULTURAS DE HENRY MOORE:

Nunha das nosas sesións de psicomotricidade representamos co noso corpo diferentes esculturas de Henry Moore que xa coñecíamos.

Algunhas figuras "sentadas". 

 

E outras "recliandas".

 

A mecedora, con "bebé incluído".

 

O rei e a raiña non podían faltar... coa mesma "cara seria da escultura".

 

Representar á famiia non foi moi dodo, pero si super divertido ;)

 

Nas esculturas máis "simbólicas" tivemos que deixar voar a nosa imaxinación e usar a nosa creativididade. Xogando coas posturas das partes do noso corpo tentamos reproducilas.

 

Ás veces era necesario "poñerse dacordo" entre varios para representar esculturas como "figura de ovella".

 

Por suposto tamén representamos os cadros que pintou durante a guerra. Por parellas....

 

E en gran grupo....

 

COMEZAMOS A PREPARAR A NOSA EXPOSICIÓN:

Como os compañeiros e compañeiras da outra aula, non tiñan esta pregunta na súa investigación, contámolle os nosos descubrimentos sobre "como se creaban as exposicións", para poder acordar entre todos e todas como facela.

 

A medida que íamos facendo unha listaxe das cousas que precisabamos, a partir da información do nos mural, fomos debatindo como poderíamos facela.

 

Acordamos que o lugar para facela sería no corredor, pero habería que escribir unha carta pedindo permiso, como Henry Moore, no noso caso farémolo á directora do centro.

 

Como ves aínda nos queda moito traballo, pero desde xa comezamos a crear as nosas esculturas e a preparar todo o material para poder presentar a nosa exposción.

Non te perdas a seguinte entrada, seguro que xa poderemos ensinarche algunas das nosas creacións e como vai o noso traballo.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.