Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2022-2023) Durante os meses de febreiro e marzo tamén sucedeu todo isto en Infantil 2

Ao longo das semanas dos meses de febreiro e marzo, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais, tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Os encargados e encargadas, continuaron a desenvolver as súas funcións, entre outras sinalar as datas mas significativas no calendario online, e facer as rutinas e rexistros.

    

Particiamos, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, na construción da nosa cabana de bimbios.

       

Reciclamos e usamos o composteiro do colexio, para depositar os restos orgánicos, que non ían ao resto dos contenedores de cores. 

      

Continuamos a escoller as nosas palabras favoritas completando o "dicionario xigante" e os nosos dicionarios individuais.

    

Participamos na primeira sesión do obradoiro sobre as emocións, con Gloria.

   

Para conmemorar o 8M (Día da muller), xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, investigamos e creamos un panel informativo sobre unha muller relevante na defensa da natureza. No noso caso descubrimos todo o que fixo Jane Goodall

      

E tamén descubrimos a quen investigaron o resto de compañeiros e compañeiras.

   

Seguimos a empregar a aplicación de préstamo de libros, para anotar os que cada venres levamos para casa da biblioteca de aula.

   

Continuamos a levar por quendas, xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, a "mochila de lecer", que estará nas nosas casas durante unha semana completa.

 

Polo día da Poesía, intercambiamos poemas, escritos coa axuda das nosas familias, cos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria.

   

     

Creamos un agasallo para as nosas familias polo Día do Pai.

     

Regalámonos "cocholitanas" da amizade polo día de San Valentín, comentando algo "positivo" do compañeiro ou compañeira que nos tocou por sorteo.

     

Exploramos a nosa creatividade usando diferentes técnias para pintar con témpera.

     

Sementamos cenorias no invernadoiro, irémolas coidando ao longo das semanas para que vaian medrando.

  

Completamos cadanseu boletín de auto-avaliación, onde lles contamos ás nosas familias todo o que fixemos neste trimestre.

 

Para completar unha das partes, creamos uns vídeos onde cada que comentaba aspectos positivos dos restantes compañeiros e compañeiros. Engadimos un código QR no boletín de autovaliación, para puidese abrirse desde casa e puideran ver o vídeo de cada un de nos.

   

De seguido podes ver tódolos vídeos xuntos, onde contamos o que pensamos dos nosos compañeiros e compañeiras

   

Estrenamos, cun xogo de memoria, o novo panel interactivo que instalaron na nosa aula xunto antes de rematar este trimestre.   

   

Á volta desta semana de vacacións continuaremos a contarvos todo o que sucede na nosa aula. Aínda nos quedan moitas sorpresas e aventuras por vivir ata que remate o curso.

(2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de marzo

No mes de marzo estiveron de aniversario os nosos compañeiros e compañeiras ANA, KARINA E YOEL, así aparecía no calendario online, onde sinalamos tamén o día en que os celebraríamos ao rematar o mes. Nesa data axuda de todos e todas preparían unha tarta para convidar aos seus compañeiros e compañeiras/as e celebrar unha pequena festa.

Os compañeiros e compañeiras de cadansúa aula, preparáronlle unhas camisetas de agasalo, cos seus nomes e o debuxo que escollean (mans estampadas, arco da vella...). Tamén decoraron, como quixeron, a súas coroas de aniversario.

 

         

Os homenaxeados escolleron do libro de receitas a súa tarta favorita, despois de poñerse dacordo.

 

    

Cos ingredientes que trouxeron, o día anterior da celebración, prepararon a tarta seguindo os pasos da receita elixida, coa axuda dos compañeiros e compañeiras de ámbalas dúas aulas. 

        

Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na tarta.

      

   

Pero antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lles cantábamos o "cumpleanos feliz", "parabens para ti" e "happy birthday", usando os tres idiomas que coñecemos.

  

    

   

 E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartiran a tarta entre os seu convidados e convidadas.  

   

Estaba boísima!!! 

  

E como remate festa patacas fritidas, gusanitos e zume... e por suposto, aqueles que o preferiron, a súa merenda.

      

O vindeiro mes celebraremos os aniversarios do mes de abril, como sempre, poderedes estar ao tanto neste mesmo blog.

   

(2022-2023) Sabes como facer que o papel na auga non se molle? Descóbreo no noso experimento deste mes

Neste mes de marzo, un novo experimento foi o que nos fixo pensar e dialogar durante un anaco, sobre un feito moi curioso... "e que non parecía ter sentido".

Como sempre, o primeiro foi plantexar hipóteses sobre o que se podería facer con todo este material.

   

Finalmente probamos a encher o bote de auga, meter o pano dentro do vaso e metelo, boca a baixo na auga... cando o sacamos: O papel estaba seco!!!

Por que non se mollaba cando metíamos o papel, dentro do vaso, na auga... plantexamos as nosas hipóteses, ata que concluímos que "o aire que quedaba no vaso", impedía que a auga subise "a tocar o papel e mollalo".

       

Cada un dos equipos, empregou o diálogo, para chegar ao acordo de como levar a cabo o experimento, participando todos e todas.

     

Puxéronse mans á obra para seguir os pasos do mesmo.

    

Cada equipo deu repetido o experimento con éxito, o papel non se mollaba grazas ao aire que quedaba dentro do vaso.

    

Ao rematar avaliamos noso traballo en equipo, usando os paneis de "auto-avaliación" figuro-analóxica.

 

Tan só quedaba completar o noso "caderno de campo", para anotar as nosas observacións, deste cuarto experimento.

   

Nesta ocasión, os compañeiros e compañeiras de Infantil 1 foron os encargardos de crear o vídeo do experimento, podes velo, así como os anteriores deste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2022-2023

   

(2022-2023) Continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "coches e camións". Atopamos respostas ás primeiras preguntas.

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

08/12/22: (2022-2023) Escollemos democráticamente o tema da nosa próxima investigacion... queres saber cal é?

26/01/23: (2022-2023) Descubrimos o que sabemos, o que queremos saber e comezamos a xuntar información, para a nosa investigación sobre os coches e os camións

  

Con toda a información xa dispoñible no noso recanto da investigación, tanto en papel como online, así como con toda a que continuamos a recibir ao longo dos días; comezamos a investigar para atopar a resposta ás primeiras preguntas.

As primeiras delas afrontámolas en gran grupo, e conseguimos atopar a resposta a catro das preguntas que tiñamos plantexadas.

   

QUE PODEN LEVAR OS CAMIÓNS?

COMO SE TRANSPORTA AOS ANIMAIS?

Visualizando uns vídeos do noso recanto da investigación online, descubrimos todo o que podían levar os camións e como se chamaba cada tipo, segundo a súa carga. Fomos anotándoo entre todos e todas nun listado.

 

     

Plasmamos o descuberto no mural da investigación, acordando onde poñer a fotografía de cada tipo e escribindo ao seu lado o nome correspondente.

     

Por outra banda tamén anotamos que tipo de carga podían levar, incluídos os animais (que era outra das preguntas).

Os máis pequenos encargáronse de recortar e pegar as fotografías que escollimos entre todos e todas.

Os maiores foron os encargados de escribir, coa axuda de todos e todas, os nomes de cada carga. 

  

        

Así de completa quedou a resposta a estas dúas primeiras preguntas. Se queres saber que carga leva cada tipo de camión, tan só tes que seguir o seu camiño para descubrilo.

      

Anotamos na táboa de "Como nos organizamos", o número da pregunta na fila "todos xuntos e xuntas". Repetiríamos este proceso con cada nova resposta que fóramos atopando.

     

COMO SE CARGAN? CON GASOLINA OU CON "CARGA"?

OS COCHES DE "CARGA" SON DE VERDADE OU SÓ DE XOGUETE? 

Días despois, enfrontámonos a dúas das preguntas que máis debate suscitaran entre nós. Existían os coches "de carga" que funcionaban con electricidade?... eran coches de verdade ou de xoguete?.

Mirando varios vídeos do recanto online de información, así como toda a información que tiñamos en papel, remitido polas familias, descubrimos que existían tres modos de "cargar os coches".

Con GASOLINA ou GASOLEO: descubrimos que dentro do motor o combustible "explotaba", e por iso botaba fume polo tubo de escape, e que era moi contaminante.

     

ELÉCTRICOS: que se enchufaban e sí eran de verdade. Non botaban nada polo tubo de escape.

DE HIDRÓXENO: que se cargaban con hidróxeno.  Polo tubo de escape botaban auga (vapor de auga), e non fume.

   

Despois de comentar onde e como  se cargaba cada un (na gasolinera, na casa cun enchufe, en postes...); cada equipo buscou en toda a información que tiñamos, coches e camións dos tres tipos, para recortalos.

    

Cada equipo tivo que acordar quen pegaría cada unha das fotografías que recortaron, no mural da investigación. Calquera acordo era válido, sempre que todos e todas estiveran de acordo, e todos os integrantes participasen.

    

Foron pegando, por equipos, os coches e camións que atoparan, clasificándoos nalgún dos tres tipos no mural.

     

En cada tipo escribimos como se cargaban, se botaban ou non fume e, no caso dos de combustión, como funcionaba o motor, e por que botaban fume tan contaminante.

     

Así quedou a resposta a esta pregunta plasmada no mural.

     

Así está, neste momento, o noso panel da investigación coas primeiras preguntas e súas respectivas respostas, pero aínda nos quedan algunhas por resolver. Farémolo nas vindeiras semanas traballando en equipos e en gran grupo.

  

Irémosvos contando neste mesmo blog, como continuamos  con esta investigación.

  

   

(2022-2023) 28 días que deron para moito, aquí está a entrada de febreiro!

Un més que tachamos do calendario solo pode significar unha cousa... Unha nova entrada do blog!

Ao longo de febreiro, na páxina do cole, puidechedes ver algunhas das actividades que fixemos ao longo destas semanas, como por exemplo a recollida de alimentos solidaria ou a marcha que fixemos polo noso concello polo Entroido.

Pero dentro da clase tamén pasaron moitas cousas, e aprendemos outras tantas. No que se refire a lóxica matemática, seguimos introducindo novos xogos para traballar con nenos conceptos básicos, a tira numérica, as formas, clasificación, seriación... Sen duda esta hora estase a convertir en unha das favoritas da semana.

Tamén fixemos o experimento deste mes, que tiña como protagonistas os globos e a electricidade estática. E como calquer oportunidade e boa para reciclar e traballar a motricidade, estivemos cortando anaquiños moi pequenos de papel con restos que tiñamos gardados. Deste xeito, puidemos comprobar ata que punto podiamos cargar os globos de electricidade ao frotalos no noso pelo acercandoos a estes anacos de papel.

Tamén foi un mes moi artístico, xa que estivemos explorando diferentes formas de expresión. Recortamos formas xeométricas, as estampamos, coloreamos... E ata pintamos usando unha xiringa! Deste xeito o noso dossier de láminas de expresión artística sigue aumentando, estamos desexando que o vexades!

Como ben sabedes xa os pais e nais, estivemos moi liados co Entroido. Non so organizamos paso por paso como facer o disfraz, tamén tivemos que escoller que emoticono elaboraría cada un, fixemos as parellas e recibimos ás familias no cole. Todos o pasamos xenial, e o resultado dos disfraces o reflictiu perfectamente.

Pero tampouco descoidamos a lectoescritura. Non so escribimos de forma contextualizada todos os días na aula, tamén levamos a cabo distintos xogos para aprender as letras, sílabas e palabras de xeito divertido. Este e o caso das nosas ocas fonolóxicas, a elaboración dos diccionarios, rexistros de contos e experimentos, contrasinais diarias da aula...

E con isto nos despedimos... por agora; xa que pronto estaremos de volta con máis actividades tanto dentro da aula, como co resto de cole. Estade atentos e atentas, porque ven un mes moi completo!

(2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de febreiro

No mes de febreiro estivo de aniversario o noso compañeiro XOEL, así aparecía no calendario online, onde sinalamos tamén o día en que o celebraríamos ao rematar o mes. Coa axuda de todos e todas preparía unha tarta para convidar aos seus compañeiros e compañeiras/as e celebrar unha pequena festa.

Os compañeiros e compañeiras da súa aula, preparáronlle unha camiseta de agasalo, cos seus nomes e as súas mans estampadas. Quedou fantástica.

 

   

Tamén decorou, como quixo, a súa coroa de aniversario.

        

O homenaxeado escolleu do libro de receitas a súa tarta favorita e, cos ingredientes que trouxo, un día antes da celebración, preparou a tarta seguindo os pasos da receita elixida, co axuda dos compañeiros e compañeiras de ámbalas dúas aulas. 

 

   

Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na tarta.

   

Pero antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lles cantábamos o "cumpleanos feliz".

     

E por fin chegou o momento de que o homenaxeado repartira a tarta entre os seu convidados e convidadas.  

 

    

E como remate festa patacas fritidas, gusanitos e zume... e por suposto, aqueles que o preferiron, a súa merenda.

    

O vindeiro mes celebraremos os aniversarios do mes de marzo. Xa o contaremos neste blog cando chegue o momento.

(2022-2023) Chegou o Entroido das emocións a infantil: Organizamos un obradoiro de disfraces coas nosas familias, seguimos as instrucións de Serafín e participamos no desfile

Cando comezou o mes de febreiro, anotamos nos nosos calendarios online, unhas datas moi importantes. O día do desfile do Entroido e o día do obradoiro de disfraces, cando as nosas familias virían ás nosas aulas para axudarnos a facer o disfraz, nun obradoiro que teríamos que organizar antes de que viñeran.

Visionamos na web do colexio todo o que fixeramos na celebración do curso pasado, e descubrimos que este curso, sen restricións COVID-19, poderíamos recuperar o obradoiro de disfraces coas nosas familias.

Cada día da semana do Entroido, o Porcoespín Serafín, a mascota da biblioteca, foinos "mandando" traer posto algo diferente (cada un dos grupos de compañeiros e compañeiras do colexio, foron os encargados de escollelo).

Nós, en infantil, eliximos que viñeran todos co pixama posto o LUNS.

    

Despois de ir a buscar a "Serafín", escribimos un cartel anunciando a nosa decisión, que pegamos debaixo da mascota, para que todos e todas coñeceran o que mandaba traer.

  

Cada día, fomos a ver cal era a instrución, elixida polo resto dos compañeiros e compañeiras, anotándoo nunha nota que levamos para casa.

   

O luns os de infantil escollimos vir con PIXAMA:

         

O martes en primeiro e segundo decidiron que había que traer ALGO NA CABEZA:

 

     

O mércores en terceiro e cuarto acordaron que viñéramos con roupa dun FAMILIAR:

        

O xoves, os de quinto e sexto, pensaron que o mellor era que cada un trouxera posto un DISFRAZ: 

 

       

Cada día fomos pegando a fotografía de grupo, co que traíamos posto, rexistrando e escribindo o nome da instrución. Tan só quedaba o venres, que sería o desfile co noso disfraz de "emoción".

    

Para participar no desfile do Entroido, este curso todo o colexio iría disfrazado de "emoticonas" con emocións, así pois escollimos dez delas e logo, por sorteo, correspondeunos por parellas unha delas. Ese sería o noso disfraz.

 

   

Pero primeiro, antes de que viñeran as nosas familias a participar no obradoiro de disfraces, onde nos axudarían a facelos, tivemos que pintar os dous círculos do noso disfraz de cor amarela. 

   

Tamén previamente a que viñeran as nosas familias, a participar no obradoiro de disfraces, había que acordar, crear e escribir as instrucións de como facer o disfraz, para que os nosos familiares puideran lelas e seguilas o día do obradoiro. Fixemos unhas instrucións en cada unha das aulas.

    

Cando chegou o día que tiñamos marcada no calendario online, por fin viñeron as nosas familias a participar no obradoiro de disfraces que xa tiñamos organizado.

Nunha lista puidemos comprobar se nos tocaba na primeira ou na segunda quenda, buscando o noso nome, e vendo se estabamos antes (enriba) ou despois (debaixo) do recreo.

   

Xunto coas nosas familias, seguindo as instrucións, traballamos reo para facer os nosos disfraces de emocións... usando todo o material que xa tiñamos preparado e o modelo de emoticona que nos correspondera.

        

Encantounos poder traballar coas nosas familias na clase, e poder explicarlles cales eran os pasos que había que seguir para facer o disfraz.

    

Había que recrear a emoción, que nos tocara, na parte dianteira, e escribila na parte traseira. decorándoa como quixeramos. 

    

     

Grazas á colaboración das nosas familias, xa tiñamos os nosos disfraces listos, e agarandándonos para usalos no desfile.

         

Así de fantásticos quedaron os nosos difraces, unha vez rematados:

    

Cando chegou o día do desfile, que tiñamos anotado nos nosos calenadarios online, fomos recollendo os postres do Entroido, que trouxemos da casa para o fin de festa.

     

Fomos probando un anaco de cada un deles, e coñecendo os nomes dos diferentes postres típicos do Entroido, antes de xuntar os das dúas aulas, para deixalos listos para a festa posterior. Comentamos cales nos gustaban máis ou menos a cada un.

    

Tamén visionamos o percorrido que faríamos no desfile nun mapa na pantalla, e creamos a nosa pancarta para o desfile.

   

Quedou divertida.... verdade? 

      

Despois do recreo, e xa con todo preparado, percorrimos as rúas do concello no desfile do Entroido, acompañados e acompañadas polas nosas familias e os compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

      

Cando rematamos de desfilar, xa de volta no colexio e como fin de festa, degustamos postres típicos do Entroido.

 

      

De seguido, podes ver o vídeo de ben que o pasamos durante o desfile polas rúas do concello.

    

Podes ver tódalas imaxes do desfile, e da festa posterior cos postres do Entroido, no seguinte álbum da galería fotográfica.

Álbum da galería fotográfica: (2022-2023) Desfile do Entroido 2023

     

       

(2022-2023) Sabías que un globo pode pegar? contámoscho no vídeo que creamos deste novo experimento

Este mes, o noso experimento científico tivo que ver coa electricidade estática. O profe presentounos o material que iamos empregar e, cada quen, foi plantexando a súa hipótese do que se podía facer con el.

   

Seguindo as instrucións, frotamos o globo coa toalla e descubrimos que, papeis cortados en anacos moi pequiños voaban ata quedar pegados cando se achegaba o globo. Tamén probamos a facelo co noso pelo, que tamén quedaba de punta pegado.

 

   

Ata fomos capaces de deixar o globo pegado na porta da clase, despois de "cargalo" frotándoo coa toalla. 

  

  

Debatimos sobre cal podería ser a causa de que isto sucedese, e fomos pantexando diferentes hipóteses. O profe contounos finalmente, que cando se frotaba o globo "quedaba cargado" de electricidade estática, que era o que facía que se pegasen as cousas.

  

Cada un dos equipos cooperativos, repetiu os mesmos pasos para facer o experimento; tras acordar dialogadamente a cor do globo, a cor do folio e como organizar o traballo, para que todos e todas puidesen participar no mesmo.

     

Todos os equipos conseguiron "cargar os seu globo" e que voasen os papeis, puxera de punta o pelo e ata que quedase pegado na porta.

    

Unha vez todos e todas deron rematado de repetir o experimento; os integrantes do equipo "CABALO", engados nesta ocasión de crear o vídeo do mesmo puxéronse máns á obra. Recortaron e pegaron as imaxes que buscaron en internet, que logo imprimiron, escribindo a cantidade e o tipo de material ao seu lado.

Usaríamos este panel no vídeo.

   

Despois da grabación, e de que o profe "montase o vídeo", así quedou unha vez rematado, co equipo CABALO contando como podes facer este experimento... por se queredes repetilo na túa casa.

   

Tan só nos quedaba plasmar as observacións, e resultado final do experimento no caderno de campo de cada quen.

   

Lembra que podes acceder ós vídeos de tódolos experimentos que levamos a cabo, neste e nos cursos anteriores, desde aquí.

    

(2022-2023) E ademais, no mes de xaneiro, sucedeu todo isto en Infantil 2...

Nestas primeiras semanas do ano no mes de xaneiro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais, tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Os encargados e encargadas, continuaron a desenvolver as súas funcións, entre outras sinalar as datas mas significativas no calendario online, e facer as rutinas e rexistros.

   

Continuamos a escoller as nosas palabras favoritas completando o "dicionario xigante" e os nosos dicionarios individuais.

     

Seguimos a empregar a aplicación de préstamo de libros, para anotar os que cada venres levamos para casa da biblioteca de aula.

   

Comezamos tamén a levar por quendas, xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, a "mochila de lecer", que estará nas nosas casas durante unha semana completa.

Organizamos unha lista de quendas por sorteo... menos mal que o Beebot nos axudou a facelo.

   

Cada semana, a quen lle corresponde levar a mochila, ten tamén que escoller un libro da biblioteca do colexio, para meter dentro da mesma, xuntno a todo o material de lecer que leva dentro.

     

Desenvolvimos as nosas habilidades creativas, empregando diferentes técnicas de expresión plástica con témpera.

   

Xogamos a construír palabras con letras móbiles.

   

Lembra que podes ver e ler todo o que sucedeu neste primeiro mes do ano, nas entradas indicadas ao comezo desta publicación.

   

(2022-2023) Organizamos e participamos nunha carreira solidaria polo Día da Paz

Para celebrar o Día da Paz os alumnos e alumnas de Educación Infantil, organizamos a primeira "Carreira solidaria pola Paz", nesta ocasión en solidariedade cos refuxiados da guerra en Ucraína.

Comezamos, días antes da carrreira, dialogando sobre o significado da palabra paz, amizade e como solucionar os conflictos de forma dialogada.

   

Falamos tamén do que está a suceder en Ucraína, e porque precisaban axuda os refuxiados que fuxían da guerra en Ucraína.

Acordamos, que unha forma de axudalos podería ser facer unha carreira solidaria, para poder recoller doazóns e logo facerllos chegar.

      

Anotamos nos respectivos calendarios online o día que tería lugar a carreira e, comezamos a deseñar e crear os carteis que usaríamos para dar a coñecer esta carreira.

    

Así quedaron todos unha vez rematados, listos para pendurar no corredor:

    

Decoramos pedras, pintadas coas cores da bandeira de Ucraína, con palabras sobre a Paz e a tolerancia, que deixaríamos debaixo de cada un dos carteis que pendurásemos polas rúas.

    

Descubrimos cal sería o percorrido tanto da marcha como da carreira, que tería lugar no campo de fútbol.

    

Creamos un mapa representando este camiño, e que tamén empregaríamos para sinalar os lugares onde íamos colgar os carteis.

  

Para poder penduralos na rúa, fixemos copias dos carteis que metimos en fundas de plástico.

   

Con todo o material listo, chegou o momento de percorrer as rúas preto do Colexio, para pendurar os carteis e deixar as noas mensaxes de paz.

      

Comezamos a recoller motísimas doazóns, que dentro dunhas semanas faremos chegar á  "Asociación Galega de Axuda para Ucrania"  (AGA Ucrania) - https://www.agaucraina.org

 

    

Penduramos no corredor, enriba das caixas de doazóns, tanto os carteis como o mapa, no que sinalamos os lugares onde deixamos os carteis e as mensaxes de paz, pengando as nosas fotos nos citados lugares.

    

E finalmente chegou o 30 de xaneiro, o Día da Paz, no que tería lugar a 1ª carreira solidaria pola Paz, como resultado de todo o traballo de organización que levamos a cabo nos días precedentes.

Preparamos os nosos dorsais, que tiñan un número escrito tamén en ucraniano.

    

  

Xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, participamos tanto na marcha como na carreira solidaria, na que tamén participaron as nosas familias.

    

Como agradecemento pola participación, entregamos unha chapa conmemorativa a tódolos participantes, tanto nenos/as como familias.

Posamos para unha foto final por grupo, para recibir os merecidos aplausos de todos e todas.

     

Podes ver tódalas fotos da "Carreira pola Paz" no seguinte álbum da galería fotográfia, ao que podes acceder de seguido:

GALERÍA FOTOGRÁFICA (ÁLBUM): (2022-2023) 1ª carreira pola Paz polos refuxiados da guerra en Ucraína

   

  

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.