Blogue de admin

A Caixa do Correo 2016

 

Postais de Nadal

Dende o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA, queremos presentarvos a segunda edición dunha das nosas propostas máis recentes: “A Caixa do correo”.

Tal como sucedeu na súa andadura inicial, vai ter como destinatarios o alumnado de 3º e 4º curso de Educación Primaria.

Este curso acordamos dar un novo pulo a esta actividade pasando a un nivel superior. Xa que o curso pasado practicamos a realización de cartas interciclo, nun tipo de sobre-carta particular, este ano acordamos a realización e envío de “POSTAIS DE NADAL” a amigos e familiares, que nun formato de sobre convencional serán elaboradas na aula con diversos formatos.

O EDLG fíxose cargo do custe do do selo e o sobre. Realizamos e revisamos as cartas ou postais na aula cos datos reais de destinatario e remitente que depositamos por cursos na caixa do correo do centro. Posteriormente á oficina de correos da localidade todas as cartas realizadas e debidamente seladas segundo o seu destino.

A continuación nun documento anexo, como sempre facemos, poderedes atopar información máis detallada do desenvolvemento desta actividade, cunha ampla galería fotográfica que ilustra cada momento vivido.

 

A Caixa Do Correo

Primeiros Auxilios

Tagged:  

Estes días tivemos unha actividade moi interesante impartida por persoal da Cruz Vermella de Valdeorras sobre primeiros auxilios para o alumnado de 6º.

A actividade foi recollida polo xornal O Sil neste artigo

O alumnado aprendeu moito sobre reanimación e pautas de actuación fronte a emerxencias sanitarias, un coñecemento que pode salvar vidas e que todos e todas deberiamos ter.

Esperemos que nos vindeiros cursos poidamos ter unha continuidade desta actividade que nos parece tan interesante.

artigo do Sil

Actividades extraescolares para as vacacións de Semana Santa

Tagged:  

Deixámovos aquí o cartel anunciador desta oferta dun obradoiro de pintura condutiva para nenos a partires de 8 anos, que se realizará nas datas do 21, 22, 23 e 28 de Marzo no Concello do Barco.

Para anotarse no curso deixámovos aquí o documento pdf co formulario de inscrición que deberedes enviar por e-mail a 123artesdigitales@gmail.com, ou ben realizar a inscrición directamente en www.ourenseiccweek.com

Para facilitar que cubrades xa directamente o documento no ordenador, sen necesidade de imprimilo e cubrilo, entregámovos un documento .odt de libreoffice, e un documento .doc de Windows.

Esperamos que estas actividades nos fagan moito máis divertidas as vacacións de Semana Santa

Cartel obradoiro pintura conductiva

Os nosos recursos, as nosas actividades, a nosa oferta!

Tagged:  

- Servizo de Orientación psicopedagóxica a tempo completo os 5 días da semana. Servizo de Orientación

 

- Programas de apoio, integración, reforzo e recuperación para todos os nen@s con dificultades de aprendizaxe (PROA). Así como Profesorado especialista de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.

 

- II Premio Nacional de Bibliotecas Escolares. A nosa biblioteca escolar

 - Centro Plurilingüe dende o vindeiro curso 2016-17. Con tres mestres de Inglés e un profesor nativo.

 

- INFORMÁTICA: Plan TIC, EDIXGAL e ALFIN. Ademais de contar con aula de Informática e Pizarra Dixital Interactiva en todas as aulas. E 4 aulas Abalar con ordenadores portátiles para todos os alumnos. Unha das nosas aulas Abalar en plena actividade

 - Servizo de Comedor con Cociña propia onde se elaboran menús saudables e equilibrados supervisados pola Consellería de Sanidade. O noso comedor dos maiores

 - Pavillón Polideportivo climatizado con vestiarios e duchas.

 - Horario continuado de atención ao alumnado de 10 a 17h.

 - Servizo de Transporte Escolar con Coidadoras, dende calquera punto do Concello.

 - 6 aulas de Infantil con 2 mestras de Apoio.

aulñas de infantil

 

infantil2

- Período de adaptación ao comezo do curso para unha boa incorporación á escola. Entrevistas coas nais/pais e seguimento individualizado do proceso en cada nen@.

Período de adaptación a infantil

- Clases de Informática, Música e Inglés dende Ensino Infantil.

 - Escola Medioambiental: con Axenda21, Comité Ambiental, horto ecolóxico e horto aromático.

Patrulleiros verdes controlando o bon uso dos colectores 

 - Escola Aberta á nosa contorna: Programa anual de visitas escolares para coñecer o máis relevante da nosa bisbarra.

Distintas saídas á contorna do centro

- Centro de referencia en Normalización Lingüística.

 - Curso gratuíto de natación en 3° de Primaria.

Clases de natación gratuíta

- Plans de Animación/fomento da lectura: con clubs de lectura, escritura e lectura dixital. Contacontos e lectura silenciosa colectiva integrada no horario escolar.

Club de lectura electrónico

 - Programa Madrugadores: para unha mellor conciliación da vida laboral e familiar.

 - Respectuosos/Sensibles coas nosas tradicións culturais e lingüísticas: magosto, festival de nadal, día da paz, día da árbore. Entroido, día do libro, día das Letras Galegas, día da muller, día contra a violencia de xénero...

día da paz

 

 día da paz

 

día do peón

Día do Entroido

ESCOLA PÚBLICA, DE CALIDADE, INTEGRADORA E SOLIDARIA. CUN ENSINO INDIVIDUALIZADO AO SERVIZO DA COMUNIDADE.

PODEDES VISITAR AS NOSAS INSTALACIÓNS, SEN NINGÚN COMPROMISO, DE LUNS A VENRES EN HORARIO DE 10 A 17 HORAS.

AGARDÁMOVOS!!

 

 

 

 

Ciencia en galego de Ensino Primario

 

CIENCIA EN GALEGO 2015-2016

EDUCACIÓN PRIMARIA

Co gallo do Día da Ciencia en Galego, o noso centro leva todo o mes realizando experimentos en galego polos rapaces e rapazas de Educación Infantil, 5º e 6º de Educación Primaria.

O día 27 de novembro no noso cole fixemos un FESTIVAL DE CIENCIA EN GALEGO, no que por grupos poidemos ver videomontaxes dos experimentos realizados.

Acordamos traballar as fases de investigación científica co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, sobre “Experiencias físicas e químicas”, encadradas nos temas do currículo: Circuitos eléctricos e Enerxías Renovables.

Como sempre, acompañamos esta entrada, coa información completa da implementación desta actividade, así como as catro videomontaxes (E.I., 5ºA/B, 6ºA e 6ºB) coas que poderedes disfrutar das experiencias realizadas.

 

 

Ciencia en Galego Educacion Primaria

Ciencia en galego en Educación Infantil

 

CIENCIA EN GALEGO 2015-2016

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

Comezamos coa actualización da lapela de Normalización, como cada ano para informar á comunidade educativa das actividades realizadas co gallo do fomento da lingua galega, e máis como un repositorio de actividades para o uso de profesorado e familias.

Unha das primeiras grandes actividades realizadas este curso, foi a Xornada de Ciencia en Galego. Actividade que realiza todo o centro, con enfoque e características diferentes.

Comezamos con Educación Infanti, que tamén participou da Ciencia en Galego coma o resto do alumnado, mediante a asistencia voluntaria ao visionado das “Experiencias de Ciencia en Galego” realizadas polo alumnado de 3º ciclo.

Pola tarde da mesma xornada, o 27 de novembro, realizaron os seus propios experimentos, contando coa colaboración dos pais e nais que fixeron as veces de científicos. Os experimentos realizados foron os seguintes:

  •  “Ondas bailarinas”.
  • "O papel que non arde”.
  • O vaso que bebe só”.

 

Ciencia en Galego Educacion Infantil

 

 

Baile do Día da Paz

PXA 2018-19

As chicas da Milla

Tagged:  

Como todos os anos nas Festas do Cristo celébrase unha Milla Urbana á que acoden moitos afeizoados ao atletismo de todas as idades.

Este ano temos 4 campeonas nas súas respectivas categorías, todo un orgullo para o centro!!

Aí vos quedan a fotas das nosas campionas: Aitana, Ángela, Sofía e Sandra

Campionas da milla urbana 2015

Distribuir contido