Blogue de admin

Mochilas pola Lingua

Tagged:  

Como xa se vai facendo habitual, o xoves 11 de xuño imos coller as nosas mochilas da lingua e imos facer unha visita ao barrio de Viloira, berce do que hoxe é o Barco, ata o punto de que en mapas antigos aparece como O Barco de Viloira.

Veremos a Igrexa e a Praza da man de Angel Fernández, nos deixarán visitar a casa de don Pepito (o médico e filántropo que venceu a epidemia da filoxera que acababa cos cultivos da vide) e veremos os xardíns da Casa Grande e os restos da ponte de San Fernando.

Para axudarnos na identificación das especies vexetais que existen no xardín elaboramos este pequeno caderno de campo, que esperemos que vos sexa de proveito.

Os Xardíns da Casa Grande de Viloira

Unha xornalista que comezou neste colexio

Tagged:  

A nosa ex-alumna Mireia ven de gañar con este artigo que reproducimos nesta páxina, o primeiro premio de xornalismo 2015, na modalidade de entrevista, da Voz de Galicia.

Dende logo é un artigo dunha calidade extraordinaria. De seguro que en breve poderemos ler os seus artigos nas páxinas dalgún xornal, porque o seu aponta á profesionalidade.

Noraboa.

Seguíndo a pista dos nosos ex-alumnos

Tagged:  

Xa hai 3 anos que deixaron o colexio, pero aínda nos veñen a ensinar as notas cando llas dan no instituto, e, dende logo, en matemáticas son do mellorciño... así que non nos extrañou cando o Xornal o Sil sacou a nova do seu moi merecido trunfo no rallie matemático.

Noraboa a tod@s el@s.

Rallie matemático

Juan e Lucía Herrero, dous irmáns que están demostrando os seus méritos niso do kárate... Esperemos que non pelexen na casa, porque iso podería ser espantoso.
Non, tranquilos, non hai medo, o kárate queda para as competicións, nas que teñen un gran futuro.

Juan Herrero by quinif


Jorge Fernández, xogador profesional de voleibol e membro da selección española.

jorgefdez by quinif

Grupo gañador dunha mención no Ourense Festival Film pola súa curtametraxe "Sen Saída".

Act Ores by quinif


Isabel Vázquez, ex-alumna do noso centro, que amosa un futuro moi prometedor no Kárate, como podemos comprobar nesta reportaxe de La Región co gallo do seu trunfo no Trofeo Teresa Herrera.

isabel by quinif

Uns ex-alumnos moi espelidos

Tagged:  

Estes mozos que xa andan por 4º da ESO non paran de darnos boas novas coas súas capacidades matemáticas.

Volven outra vez a traer a Valdeorras un premio do Rallie Matemático, o que nos enche de ledicia e de orgullo.

Dende aquí a nosa noraboa para todos eles.

Gañadores do Concurso Matemático

Para non desorientarnos

Tagged:  

A nosa orientadora, Natalia Longo, ten activo un blogue onde nos ofrece as últimas novas para sermos mellores educadores, tanto na escola coma na familia.

O blogue que ten recibido numerosos premios pola súa calidade, é un referente que nos pode achegar unha axuda inestimable para educar con criterio.

Preme aquí para acceder.

 

A Lingua nas Ondas (4)

Último programa da Lingua nas Ondas realizado neste curso 2015.

 

Cambio de horario

A partires do próximo luns 1 de xuño, e como é habitual, cambiaremos o horario de entrada e saída xa que comeza a xornada única.

Entraremos ás 09:15 h. e sairemos ás 14:15 h.

O alumnado que fai uso do comedor escolar saíra entre as 15:00 h e o transporte escolar ás 15:15 h.

 

A Lingua nas Ondas (3)

Deixamos aquí o terceiro programa da Lingua nas Ondas cos que no noso centro estamos a celebrar o mes das letras galegas, o mes das nosas letras.

Festival das letras galegas 2015

Dende o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA (O Barco de Valdeorras”-Ourense), queremos presentarvos unha das actividades que se desenvolveron co gallo da celebración xornada do día das Letras Galegas.

O día 15 de maio, celebramos no centro a “FESTA DAS LETRAS GALEGAS”, cunha programación de actividades para todo o día que contempla varias actividades.

Por unha banda, a realización pola mañá do “FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2015”, que debido ao grande número de actuacións e alumnado do centro, tivo que ser dividida en dúas grandes galas:

  • GALA 1: 3º, 4º, 5º E 6º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

  • GALA 2: EDUCACIÓN INFANTIL, 1º E 2º CURSOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Esta xornada festiva culmina, como é habitual, coa realización de BAILES TRADICIONAIS, no patio do centro, a cargo dun grupo de alumnos/as do centro, coreografiados pola mestra de Educación Física Pili.

Como sempre facemos, no seguinte documento SCRIBD, podedes atopar información detallada do programa de actividades desenvolvidas nesta xornada, así como unha ampla galería de imaxes que ilustran cada momento vivido. Agardamos que vos guste. Nós disfrutamos moito da nosa lingua.

 

 

Letras Galegas 14-15

A Lingua nas Ondas (segundo programa) 2015

Distribuir contido