Blogues

Nova emisión de Radio

Hoxe emitiremos entre as 2 da tarde e as tres e media un programa de radio aproveitando a estancia do alumnado do colexio Diogo Cao de Vila Real, que nos devolven a visita que fixemos nós ao seu centro no mes pasado.

Coma queremos que se vaia facendo habitual, faremos unha emisión en directo e logo subiremos o programa gravado en podcast á páxina do colexio.

Deixámovos aquí o reprodutor de radio para que poidades seguir o programa.

Feliz Día da Nai

Todas as nais sodes un alicerce moi importante desta grande familia que é o Condesa, así que neste primeiro domingo de maio velaí vai a nosa sinceira felicitación.

Os nosos proxectos

Tagged:  

Este ano os nosos proxectos foron moitos e moi variados.

Aquí podedes enlazar cos blogs onde se mostran os traballos realizados nas clases.

A rá

3 anos B

Dinosauros

Clases de 4 anos


 

O Mar

Clases de 1º EP

O ruído e o silencio

Clases de 2º EP

 

Os indios

3º A de EP

Os 22 amigos

3ºB de EP

@ principiño que tod@s

levamos dentro

4º B de EP

A lactancia materna

6ºA de EP

Dino Radio

Tagged:  

Aquí podedes escoitar os programas da Radio Escolar da biblioteca do Ceip Condesa de Fenosa.

A radio é unha ferramenta moi poderosa para contar todo o que facemos na biblioteca, os proxectos de investigación nos que nos embarcamos nas aulas, os libros que lemos nos clubs de lectura e os textos que escribimos nos de escritura, para falar das nosas actividades do centro, para escoitarmos a música que somos quen de facer...

En fin, a radio, a nosa Dino Radio, vai ser un altofalante que espalle esas cousiñas que realizamos con todo o cariño, que as mimamos, pero que en moitos casos quedan agochadas no interior do colexio sen que ninguén máis saiba delas.

Pois aí vos van, voando nas ondas!

Ah, e por certo, dende agora imos transmitir tamén en directo aínda que tamén gardaremos os podcasts dos programas, pero imos iniciar unha etapa máis audaz lanzándonos ás ondas sen rede.... Se queres oirnos en directo teremos os días que emitamos este reprodutor:

 

Portafolio total do Talento

Tagged:  

Escornabots e impresión 3D

Tagged:  

Nesta páxina imos ir colocando os recursos que vaiamos xerando a respecto da robótica dende a nosa Biblioteca.

Pretendemos que sexa un lugar onde se poda ver o traballo que se está a facer, unha fonte de recursos e un lugar onde xermolen proxectos.

Polo de agora, outubro de 2017, andamos nesto en cueiros, e coma os nenos pequenos temos dificultades para comezar a andar... dar un paso mete medo e temos que pensalo moito.

Pero estamos convencidos que en breve seremos quen de andar, correr, choutar, anicarnos, bailar...

Ex-alumn@s do Condesa!

Tagged:  

Moit@s d@s nos@s alumn@s andan polo mundo facendo cousas do máis interesante; deportistas de elite, artistas, estudantes prodixiosos.... e a nós gústanos lembralos na nosa páxina.

Aquí poderedes explorar algúns artigos e publicacións sobre algúns deles... evidentemente non todos están aquí, así que se tes información sobre algún ex-alumno fai o favor de comunicar connosco e decontado meterémolo nesta escolma.

Seguímosvos a Pista...

Comeza a nosa Semana do Libro

Coma todos os anos celebramos por todo o alto a semana do Libro.

Dende hoxe deica venres imos ter mercadiño de intercambio de libros na Biblioteca, cada día adicado a un ciclo ou etapa educativa. Hoxe comezaron @s pequen@s de infantil, e mañá será a quenda dos do primeiro ciclo. Xoves e venres serán os días para os intercambios do alumnado de segundo e terceiro ciclo respectivamente.

Tamén mañá imos ter unha emisión en directo dun programa de radio no que a nosa emisora, Dino Radio, quere dar un impulso á nosa programación achegando esa brisa fresca que trae a emisión en directo.

Se queredes seguir o transcurso do programa podedes facelo dende este reprodutor, aínda que tamén o imos gravar para que o podades dispoñer en podcast dende a páxina de Dino Radio.

Por último o día 25 contaremos coa presencia da escritora Antia Yáñez, que escribiu "O misterio de Portomarín", libro de lectura este ano en cuarto, e "Senlleiras" que foi o título elixido para o club de lecturas de Nais e profesores dentro do proxecto de "Lectura e Familias".

Antía terá un encontro co alumnado e tamén cos lectores adultos, asinando os exemplares das súas obras.

Celebramos a Semana do Libro

Este ano temos unhas cantas actividades coas que imos celebrar o Día do Libro no noso colexio: un encontro con Antía Yáñez, que nos virá falar do libro que leron en cuarto "O misterio de Portomarín", e logo, pola tardiña, cos adultos que fixemos a lectura de "Senlleiras", dentro das actividades do programa de Lectura e Familias.

Tamén, e non podía ser doutro xeito, imos realizar o noso tradicional mercadiño de intercambio de libros, unha actividade coa que pretendemos darlle máis vida a eses nosos compañeiros firmes e leais: os libros.

 

Mercadiño Do Libro Usado 2024 by Quini Freixeiro

Distribuir contido