Blogues

O teu son vaime!

Mirade que fermoso vídeo realizado por centros de toda a xeografía da nosa fala (dende o norte de Portugal ata os territorios dos nosos irmáns do Bierzo), decindo algo que é a esencia do futuro do noso idioma: Arrecheguémonos para semos nós!

Podemos sentir todos os sotaques con que falamos ao longo do país, e aínda así comprobar como nos entendemos e podemos fundirnos neste canto xeral, harmonizando e acompasando os nosos sons.

E con Ghayoso fundíndose co seu micro!

Rosa Parks, sentouse para levantar ao seu pobo!

Tagged:  

Chéganos o seguinte episodio do noso podcast, desta volta da man das nenas e nenos de 4º de primaria, que nos contan moitas cousas de Rosa Parks, a muller que ao negarse a ceder o seu asento a un branco nun autobús encetou a loita contra da discriminación dos negros en USA.

 

Manifesto 25 -novembro

Tagged:  

Deixámovos aquí o noso primeiro podcast do curso, e precisamente o día internacional para a erradicación da violencia contra das mulleres.

O noso manifesto mostra o noso desexo de traballar activamente contra desta violencia de xénero.

 

Polo San Martiño, MAGOSTO e peóns ao Camiño

Tagged:  

Coma todos os anos, as castañas, o magosto, as caras tisnadas pola feluxe, as castañas amosegadas e aqueloutras que non e que estouran para risa de tod@s, e ao tempo o baile das buxainas (lembrade... polo San Martiño Peóns ao camiño) volven ao noso colexio.

E como dice a canción, Se chove... deixa chovere! aos galegos non nos asustan unhas cantas pinga. E se hai que facer o magosto, faise!!

M(P)adriñ@s Lectores

Tagged:  

Un ano máis volven as lecturas ao patio de infantil coas nos@s voluntari@s, as nosas madriñas e os nosos padriños lectores.

Crear afeizón á lectura, desenvolver lazos de amizade e solidariedade entre o alumnado, xogar xuntos... son moitas das cousas que promove esta iniciativa dos apadriñamentos lectores.

Dentro de pouco botaremos tamén a andar o club de lectura dos adultos, que este ano van ler "Senlleiras" de Antía Yáñez, e neste mesmo lugar vos informaremos de como vai indo a cousa.

Entrementres, deixámovos unhas fotos dos nosos apadriñamentos lectores que enfeitan o patio de infantil.

DinoTerror

Tagged:  

Onte á noitiña, quentando xa os ánimos para o Samaín, puidemos escoitar na Biblioteca do Condesa varios contos de terror.

Cunha boa afluencia de aterrorizad@s nen@s e nais e pais, os nosos contacontos nos regalaron unha presadiña de contos de terror que nos encantaron a tod@s e que nos animaron a ler estas historias nos fondos da Biblioteca.

Pois iso, nen@s, lede para pasar un terrorífico Samaín.

Ven e arrepíate no Samaín da Biblioteca

Tagged:  

Xa o fixemos antes da pandemia, e arestora volve O CONTACONTOS MÁIS TERRORÍFICO.

Vén ao Samaín da biblioteca o vindeiro luns á noitiña, porque ás sete e media imos ter unha xornada de terror con monstros, bruxas, sacauntos e bestas varias...

Vén..... se te atreves!!!

Calendario escolar e horario do curso 2023-2024

HORARIO DO CENTRO

Dende a Xefatura Territorial de Educación veñen de informar  que o horario do noso Centro será:

de 9:45 a 16:15 de setembro a xuño, ambos os dous incluídos.
Os servizos de comedor e transporte continuarán co funcionamiento habitual.

Deixámovos aquí o calendario do vindeiro curso 23/24 coas datas máis destacadas.

Ábrese o prazo de solicitude do Comedor Escolar

Tagged:  

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para facer uso do comedor escolar no vindeiro curso 2023-24.

Podedes recoller os impresos da solicitude ou ben na secretaría do centro (horario de 10:30 a 13:30 h.) ou ben descargalos neste mesmo anuncio.

Se tedes algún problema coa solicitude non dubidedes en contactar connosco.

festival do 50 aniversario

Tagged:  

como tod@s vós puidestes comprobar, estivemos de festa rachada para celebrar estes primeiros 50 anos da inauguración do Ceip Condesa de Fenosa do Barco, aínda que daquela só éramos a Concentración.

A máis do video que vos poñemos aquí para lembrar quen eramos e quen somos, deixámovos o enlace a unha páxina da nosa aula virtual, onde poderedes ver os vídeos das actuacións dos distintos grupos do colexio.

 

Distribuir contido