Blogues

O noso Polo Creativo vai tomando forma no curso do 50 aniversario

Tagged:  

Comezamos unha nova xeira nesta nosa angueira de acadar un ensino de maior calidade para o  noso alumnado, que coincide coa celebración polo 50 aniversario da fundación do noso centro educativo.

Desta volta, e ao abeiro do proxecto de polos creativos, estamos construíndo unha aula onde poderemos poñer a nosa maxinación en marcha e así desenvolver os proxectos, as realizacións audiovisuais, e os deseños que compra facer como apoio aos nosos traballos documentais, e, como non, ás actividades extraescolares que desenvolvemos a cotío.

Tamén queremos que esta aula estea aberta a toda a comunidade escolar, polo que serán benvid@s as nais e pais que queran desenvolver iniciativas nestes campos.

Os polos son lugares de innovación educativa nas que se traballan as competencias STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics -ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas-) mediante a co-creación, a solución de problemas reais e o desenvolvemento do pensamento de deseño.

Así, neste polo contamos cunha zona de deseño e impresión 3D, outra zona cun banco de traballo dotado de ferramentas necesarias para a realización de múltiples pezas, unha zona de creación audiovisual, outra de robótica, e outra de miscelánea onde podemos atopar dende cociña, máquina de coser, máquina de chapas, materiais de e-téxtiles, etc...

Deixámovos aquí esta visita virtual pola aula, que aínda que non estea rematada, xa vai tomando forma.

Espazos lectores con vimbios

Tagged:  

Dentro das actividades da Biblioteca Creativa hoxe tivemos a visita de Julia de la Cal, unha especialista na cestería con vimbios, coa que nos puxemos a fabricar dous espazos lectores nos que participaron todo o alumnado de 4º, 5º  e 6º curso de primaria.
Estes espazos se colocarán polo centro e van servir como pequenas illas de repouso onde podermos ler dun xeito distendido, os libros que iremos colocando nestes relanzos literarios cos que pretendemos seguir promovendo ocasións para achegarnos aos libros.
En fin, un día moi creativo que abrirá novas oportunidades de achegamento á lectura

Nova entrevista sobre a enerxía eólica

Tagged:  

Ola a todas e a todos!

Volvemos a traer unha nova entrega de Dino Radio, desta volta cunha entrevista sobre a enerxía eólica.

Este ano, co gallo do proxecto documental sobre a enerxía, están saíndo moitos programas de Dino Radio cargados de enerxía e sabiduría.

Exposicións sobre a Enerxía

Tagged:  

Co gallo do proxecto sobre a Enerxía que estamos a desenvolver este curso, tócalle agora a quenda das exposicións dos traballos de investigación que teñen realizado o alumnado.

Velaquí os traballos do alumnado de 4ºA.

Desfrutádeos, que aí hai moito do que aprender!

 

Entrevista Hidroeléctrica

Tagged:  

Se o outro día faciamos a nosa entrevista fotovoltáica, sobre os paneis solares e a redución do consumo de combustibles fósiles, hoxe, @s nen@s de 4ºB entrevistamos a un enxeñeiro da empresa Iberdrola, especialista na produción de enerxía hidroeléctrica, quen nos aclarou moitas das dúbidas que tiñamos sobre este tipo de enerxía.

Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos para Dino Radio,

 

Programa do Día da Muller

Tagged:  

Velaquí estamos de novo, cun programa cargado de biografías de mulleres senlleiras en todos os campos.

Cada clase do colexio investigou sobre unha muller e fixeron un cartel onde explicaban todo o que descubriron sobre elas, e logo, como non podía ser menos, subiron á radio e gravaron un novo programa de Dino Radio para celebrar este 8 de Marzo e loitar, con todas as nosas forzas, contra da desigualdade e da marxinación que, por desgraza, aínda no século XXI, sofren as mulleres.

Daquela, aquí o noso grauciño de area para rematar con esta vergonza.

Programa do Día da Muller

Tagged:  

Velaquí estamos de novo, cun programa cargado de biografías de mulleres senlleiras en todos os campos.

Cada clase do colexio investigou sobre unha muller e fixeron un cartel onde explicaban todo o que descubriron sobre elas, e logo, como non podía ser menos, subiron á radio e gravaron un novo programa de Dino Radio para celebrar este 8 de Marzo e loitar, con todas as nosas forzas contra da desigualdade e da marxinación que, por desgraza, aínda no século XXI, sofren as mulleres.

Daquela, aquí o noso grauciño de area para rematar con esta vergonza.

Volvemos coa nosa Olimpíada máis sabia!

Tagged:  

Coma todos os anos, entre o Entroido e a Semana Santa, ten lugar a nosa Olimpíada do Saber.

Este ano vai adicada ao tema da enerxía, que é o proxecto documental no que andamos a traballar. Daquela, como tod@s imos estar moi ao tanto dos tipos

de enerxía, renovables ou non, contaminantes ou limpas, sustentables ou non, seguro que vai ser unha olimpíada mítica, desas que fan historia.

Xa vos iremos contando como vai a clasificación do concurso, pero antes, lembrarvos como se puntúa nel: podedes entregar a resposta calquera día da semana, pero se a entregades o primeiro día, e tedes a resposta correcta, acadaredes 4 puntos. O segundo día serán 3, o terceiro 2 e o cuarto día só 1 punto.

É importante que vos aseguredes de que a resposta é correcta, aínda que teñades que esperar un día máis para ler unha pista adicional, porque as respostas incorrectas puntuan 0 puntos, e iso é malo para as vosas aspiracións na olimpíada.

Por último, lembrade que é un xogo de equipo, e que teredes que estar de acordo tod@s @s integrantes do equipo na resposta que poñades.

Entrevista Fotovoltaica

Tagged:  

Ola amig@s, aquí estamos cun novo episodio dos nosos podcasts, desta volta cun moi relacionado co proxecto documental no que estamos embarcados este curso.

O alumnado de 4ºA entrevista ao delegado de GreenVolt, unha empresa que traballa a enerxía fotovoltaica, e que nos aclarou moitas das dúbidas que tiñamos sobre este tipo de enerxía e da súa aplicación á vida cotián.

Esperamos que tamén vós, ao escoitardes este podcast, aprendades moito e aclaredes as vosas dúbidas sobre a enerxía solar.

Proxecto de xornada continua

ELECCIÓNS XORNADA LECTIVA ÚNICA DE MAÑÁ

Estimadas familias:

Comunicamos que o Servizo de Transporte e a Inspección Educativa informaron favorablemente sobre o procedemento de cambio de xornada a sesión única de mañá. Polo tanto corresponde agora continuar coas seguintes fases do proceso:

1.INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO DE ACTIVIDADES DE XORNADA CONTINUA

Co fin de garantir o máximo coñecemento e amplo consenso da comunidade educativa achegamos enlace do PROXECTO DE ACTIVIDADES DE XORNADA CONTINUA

2.VOTACIÓNS DAS FAMILIAS

  1. A xornada de votación celebrarase o día 29 de marzo en horario de 8:30h da mañá a 20:00h. Deben presentar DNI ou documento de identificación.
  2. O censo electoral está exposto no taboleiro de anuncios do centro para a súa consulta. O voto é directo, secreto e non delegable.
  3. O cambio de horario debe ser aprobado polo 58% do censo, podendo votar o pai ou a nai ou un dos titores legais.
  4. Un voto por familia.

Animamos á participación de todos e quedamos á vosa disposición para aclarar calquera dúbida ao respecto

XORNADA ÚNICA de Natalia Longo

Distribuir contido