Blogues

Axudas do Concello para libros e material de Educación Infantil

Tagged:  

A Xunta de Goberno do Concello do Barco de Valdeorras o día 12 de maio de 2022 tomou o acordo de aprobar as bases reguladoras e a convocatoria para compra de libros e material escolar de segundo ciclo de educación infantil 2023/2024.

Estas bases saíron publicadas no “Boletín Oficial da Provincia de Ourense” nº 124 do xoves1 de xuño de 2023 para o coñecemento de toda a cidadanía, abríndose o prazo para a súa solicitude dende oDIA 2 DE XUÑO ATA O DIA 30 DE XUÑO DE 2023.
Achégase como adxunto un resumo dos requisitos, así como o Anexo I(solicitude, inclúe a documentación a presentar) e AnexoII (declaración).
As bases os anexos para a solicitude pódense encontrar tamén:

  • No taboleiro de editos dixital na sede electrónica deste Concello: https://www.sede.concellodobarco.org/
  • No departamento de Servizos Sociais, sito na praza do concello nº 1.

Os interesados poderán presentar estas solicitudes:

  1. Rexistro telemático a través da sede electrónica do Concello do Barco de Valdeorras (https://sede.concellodobarco.org) e
  2. a través do Rexistro de entrada do Concello do Barco de Valdeorras de 9:00 a 14:00 os días hábiles, (situado no edificio nº 2 da Praza do Concello da Vila do Barco).

Para mais información consulta ou aclaración dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais. Praza do Concello nº 1. 32300 TLF: 988320202 Extensión: 2168

Festival do 50 Aniversario

Tagged:  

Copia de programa 50 aniversario 1 de Carmela García Fernández

Aberto o prazo de solicitude de axudas para libros de texto e material escolar

Tagged:  

Na Orde do 10 de maio de 2023, sae publicado o texto da convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

O prazo da solicitude vai do 20/05/2023 ao 21/06/2023, ambos os dous incluídos. O número do procedemento administrativo que se corresponde coa orde é ED330B.

O xeito de presentacións das solicitudes será preferentemente electrónica (na sede electrónica da Xunta de Galicia, presentando unha solicitude individual para cada un dos seus fill@s), Presencial con asistencia da aplicación (cubrindo os datos na aplicación fondolibros [https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/], imprima os anexos I e II producidos e presentándoos no centro educativo) ou de xeito Presencial Manual, empregando os Anexos I e II da orde da convocatoria (que se anexan a este post) e presentándoos na secretaría do colexio.

 

Trágame Terra 2023

Tagged:  

Deixámovos aquí a versión dixital da nosa revista, adicada, como non podía ser doutro xeito, a Francisco Fernández del Riego a quen a Real Academia Galega adicou a festa das letras deste ano 2023.

Tamén unha boa parte da revista recolle a celebración do 50 aniversario da apertura do noso centro escolar.

Desfrutade coa lectura!

 

Revista Letras Condesa Fenosa by Quini Freixeiro on Scribd

Cumprimos 50 anos

Tagged:  

Como xa moit@s saberedes este curso escolar é o número 50 dende a creación da Concentración Escolar, que traía ao alumnado das escolas unitarias das aldeas da contorna a estudar na cabeceira  do concello.

Co paso dos anos este centro foise convertindo no colexio que hoxe tod@s coñecemos, o Ceip Condesa de Fenosa.

Para celebralo temos unha serie de actos nos vindeiros días que iremos compartindo convosco a través de distintos medios, pero queremos comezar cunha escolma da nosa memoria fotográfica recollida entre membros actuais e pasados da nosa comunidade escolar.

Desfrutade deste paseo polo pasado do colexio, que a fin de contas é o pasado de todos e todas nós.

Feira de proxectos

Tagged:  

Programa Radio Voz

Tagged:  

Deixámovos neste post o programa de Radio que fixemos para RadioVoz dende a nosa emisora no que resumimos as investigacións realizadas dentro do proxecto documental da Enerxía realizado no curso 2022-23.

 

A nosa árbore dos enca(o)ntos

Tagged:  

A nosa árbore de libros, símbolo do nosocompromiso coa lectura, xa é unha realidade.

E canda el temos os dous espazos lectores feitos con vimbios hai a penas un mes.

Durante toda esta semana, no tempo en que imos realizar os mercadiños de intercambio de libros, estarán no patio cuberto, na entrada peonil do colexio, lembrando a todos que os libros sempre estarán aí, facendo medrar en nós, igual que unha árbore, o coñecemento, a fantasía e o desfrute.

Día (mellor dito, semana) do libro

Tagged:  

Deixámovos aquí o cartel desta semana na que imos celebrar a festa dun invento que nos fai máis felices, máis sabios e, probablemente, mellores persoas.... o libro.

Comezaremos a semana realizando unha árbore, esta árbore dos enca(o)ntos que aparece no cartel, con libros expurgados da biblioteca.

Logo nos días sucesivos teremos 4 mercadiños de intercambio de libros, cos nosos dólares coa efixie de Francisco Fernández del Riego, autor ao que homenaxeamos merecidamente nas letras galegas deste ano 2023.

Desfrutade desta semana na honra do libro, e lembrade de coidar estas xoias da creación humana, pois como dixo Jorge Luis Borges:

De los diversos instrumentos del hombre, el más asombroso es, sin duda, el libro. Los demás son extensiones de su cuerpo. El microscopio, el telescopio, son extensiones de su vista; el teléfono es extensión de la voz; luego tenemos el arado y la espada, extensiones de su brazo. Pero el libro es otra cosa: el libro es una extensión de la memoria y de la imaginación.

Proxecto educativo 2023

Distribuir contido