Blogues

Poñendo en marcha os hortos

Tagged:  

Estes días comezamos a limpeza do noso horto, onde esperamos en breve ter unha colleita importante.

Imos, tamén, facer unha reforma dos espazos, aumentando o grosor da capa de terra para poder cultivar mellor as nosas froitas e verduras.

Mmmmm! xa devecemos por comelas.

Programacións infantil LOMLOE

Programacións didácticas dos distintos cursos de ensino infantil:

  1. 4º Infantil
  2. 5º Infantil
  3. 6º Infantil

Festivais de Nadal

Tagged:  

Programa dos Festivais de Nadal

Tagged:  

Deixámovos aquí o programa dos Festivais de Nadal cos que imos recuperar, aínda que de xeito menos multitudinario que antes, un anaco desa normalidade que viviamos antes da pandemia do Covid.

Aínda así vos recomendamos algunhas medidas que sería bo que tod@s nós cumprisemos:

  • Evitar un exceso de acompañantes, xa que o aforo é limitado
  • A poder ser empregar máscara como elemento de protección
  • Non gravar o festival, xa o fai o colexio e o compartirá con tod@s vós. Se nos levantamos para gravar imos molestar á xente que sente atrás nosa.
  • @s nen@s ao saír do festival irán ao pavillón, onde quedarán custodiados por persoal do colexio ata que os vaiades recoller ao marchar.

 

FELIZ NADAL de Carmela García Fernández

Entrevista á profe Merche

Tagged:  

Deixámovos aquí un novo podcast de DinoRadio, onde os nenos e nenas de segundo de primaria fan unha entrevista á nosa Teacher, familiar de Florencio Delgado Gurriarán, e onde nos conta moitas cousas moi interesantes sobre o poeta á quen se lle adican as letras deste ano 2022 que está a rematar.

Cantiga para o 25 N

Tagged:  

Deixámovos aquí o vídeo de Sés co Diluvi que imos cantar e bailar o día 25, para conmemorar a xornada contra da violencia de Xénero.

 

Tamén queremos deixar un pequeno vídeo a vista de dron, onde podedes ver a "performance" que fixemos no patio para a conmemoración deste día tan importante para a convivencia.

Dino Radio e o cubo de Rubik

Tagged:  

Volvemos cun novo episodio de Dino Radio, desta volta adicado ao cubo de Rubik, ese cubo que algúns non damos resolto nin de broma, e que outra xente resolve coas mans nas costas. Asier, que é un destes últimos, nos fala do cubo nunha entrevista que se lle fixo no obradoiro de Radio que temos os venres no recreo do comedor.

Escoitádea, non ten desperdicio!

 

Outra vez "o martes... conto"

Tagged:  

Esta semana estamos de noraboa, porque estamos recuperando algunhas das actividades que máis felices nos facían, como son os apadriñamentos lectores, e como non, "os martes....Conto".

E nos fan felices porque é o alumnado e as familias as que collen as rédeas destas iniciativas e partillan o seu gusto pola lectura, facendo, de seguro, nenas e nenos lectores do futuro.

Moitas grazas ás nais e pais contadores de contos, por traernos a ilusión, a fantasía e a maxinación á biblioteca.

E ao resto, animádevos a vir escoitar contos e, porque non, a contalos!

Volven os apadriñamentos lectores

Tagged:  

Rematou a pandemia e podemos volver a atoparnos nos recreos, a ser unha comunidade lectora e solidaria. Así que volvemos ter a felicidade de ver no patio de infantil ao alumnado de sexto que van contar aos seus alumn@s apadriñad@s un contiño no recreo.

Por iso vos deixamos aquí a constancia gráfica dos apadriñamentos lectores que de novo volven a encher de historias os nosos recreos.

Distribuir contido