Presentación de Brian o Chinés

Tagged:  

Unha vez máis temos que agradecer ao noso compañeiro (resistímonos a escribir o ex diante) David, que nos agasallase celebrando a presentación deste o seu novo libro, Brian o Chinés, editado pola editorial Embora, no noso centro. 

O libro, gañador da primeira edición do premio de novela da Fundación Xosé Neira Vilas, falanos do mundo de emocións dun neno con síndrome de Down.

A habelencia de David como escritor e a súa sensibilidade humana reflíctese nas páxinas deste fermoso libro que remove as conciencias, que nos leva a pensar que todos somos diferentes e que iso non é razón para trazar liñas entre persoas.