Excursión á Vila Real cos intercambios no Eixo Atlántico

Escolares do CEIP Condesa de Fenosa foron seleccionados para realizar un intercambio con estudantes da Escola Diogo Câo de Vila Real promovido polo Eixo Atlántico e que conta co financiamento do Concello do Barco.

Con este programa foméntase o intercambio entre escolares Valdeorreses e outros provenientes doutros países, promovendo o coñecemento doutras culturas da eurorrexión e a sensibilización sobre a importancia de vivir en municipios integrados no Eixo Atlántico.

O intercambio terá lugar o 10 e 11 de abril en Vila Real, e o 8 e 9 de maio cando os alumnos e alumnas da Escola Diogo Câo de Vila Real viaxarán ao Barco.

Os obxectivos desta iniciativa son, entre outros, os seguintes:

  • Promover entre os estudantes e docentes o coñecemento do seu municipio, dos municipios integrantes do Eixo Atlántico e do propio Eixo Atlántico, así como do seu patrimonio (cultural, natural, inmaterial).
  • Facilitar o intercambio entre estudantes dos diversos municipios do Eixo Atlántico.
  • Concienciar ós estudantes da importancia de vivir nun municipio integrante do Eixo Atlántico e que conforman unha Eurorrexión.
  • Promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educador.

Eixo Atlantico by Xoaquín Freixeiro