2º Curso

TALLER CON XEOMETRÍA COMESTIBLE en 2º nivel de Primaria

Quen dixo que a xeometría comestible non existe?

Par levar a cabo isto só necesitamos pauñios de de dentes ou de brochetas e ... comida!!! Sí, si froita ou chuches, a elexir!

Empezamos xa!!!!!

Primeiro libremente experimentarán cos materiais creando figuras ou corpos xeométricos, por equipos fomentando o traballo cooperativo. Logo examinaremos e comentaremos as formas creadas facendo énfase nos diferentes elementos a traballar en xeometría como lados, vértices, caras, aristas, base...Elaboramos fichas das diferentes formas que sairon: polígonos como triángulos, cuadrados, rectángulos, rombos, pentágonos, exágonos...e corpos xeométricos como pirámides, prismas... tetraedros, cubos, e composicións varias. 

Foi super interesante todo o que aprendemos, e ramatamos a sesión cunha pequena degstación da xeometría , bueno , mais ben dos conectores da xeometría!

 

 

 

 
 

HALL ROOM NO SEGUNDO NIVEL DE PRIMARIA

Antes do Nadal sempre facemos unha actividade lúdica como premio ao traballo ben feito no trimestre.

Fomos a COCOROOM, en Santiago de Compostela para facer unha actividade de SCAPE ROOM/HALL ROOM.

Alí, Iván, o noso game master, explicounos as normas de como xogar e logo adentrámonos no Cairo, en Exipto.

Na actividade EXPLORADORES EN O CAIRO, partese de que o Val dos Reises non é un lugar seguro, xa que os últimos descubrimentos arqueolóxicos no Deserto do Cairo fixeron que aumenten os grupos de mercenarios/exploradores na procura de novos tesouros cos que poder traficar por todo o mundo a través do mercado negro. O noso obxectivo  é poñer a salvo eses tesouros. Pero temos que ter presente que se esconden numerosos perigos.

Fixemos catro equipos, os mesmos que temos na clase para o festival de Nadal: Frozen, Peter Pan, Libro de la Selva e A sereíña  e fomos quen de atopar os tesouros ...os vasos canopos que xunto cos logros do outro equipo seriamos capaces de abrir a caixa onde se gardan os tesouros de O Val dos Reises.

NON É NON!!!! 25 de novembro e os 365 días restantes

Os nenos e nenas de 2º A de Educación Primaria seguen sementando para construir un mundo mellor en canto a igualdade, respecto e liberdade, dando exemplo da implicación con este tema que tanto urxe  erradicar da nosa sociedade, das nosas vidas.

Preme na imaxe se queres saber máis dos seus traballos


 

 

CORREO POSTAL CUN COLE DE A CORUÑA

Carmen, a profe de música do curso pasado tivo unha grande idea!!!

Ela este curso está no seu novo colexio cun grupo de 24 alumnos/as de segundo nivel de primaria.

Polo que, dentro do Plan Escritor, decidimos levar a cabo un miniproxecto intercentros: envío dunha postal onde se reflexan diferentes lugares de Arzúa elexidos polo alumnado matriculado en 2º nivel de EP desta vila. Eles e elas xa nos mandaron unas fermosas postais co que máis lle gusta da sua cidade, A Coruña.

Se queres saber máis preme na imaxe:

 

 

 

SEMANA DA CIENCIA EN SEGUNDO NIVEL

Como o curso anterior, no mes de novembro, celebramos a SEMANA DA CIENCIA, tratando diferentes temas relacionados con este eido.

A programación sería: 

Para saber mais das diferentes actividades que imos levar a cabo prema na imaxe de ANAMINION, a nosa científica

 

SAÍDA AO MUNCYT DO 2º NIVEL DE EP

HOXE O GRUPO DE 24 NENOS E NENAS DE 2º NIVEL SAÍMOS DE EXCURSIÓN LÚDICO CULTURAL AO MUNCYT.

SE QUERES VER TODO O QUE FIXEMOS, preme na imaxe

 

 

SAMAÍN NO SEGUNDO NIVEL DE EP

Na aula de 2º nivel de primaria levamos acabo a celebración do Samaín con moitas actividades, tanto a nivel aula como familias. se queredes ver como o pasamos e o que fixemos preme na imaxe

 

REMATAMOS CODE WEEK EN 2º NIVEL DE PRIMARIA

Xa chegou o remate deste proxecto a nivel europeo, só falta rematar uns pequenos requisitos do curso online MOOC. Xa nos enviaron os nosos diplomas de recoñecemento pola intensa e activa participación con 13 actividades relacionadas coas STEAM, vistas, comentadas e realizadas por moitos e moitas  profes de moitos países.

 

Para poder entendernos tivemos que acudir ao traductor de google, sen el non poderiamos entender alguns comentarios en croata, turco...unha gran variedade de idiomas.

Gracias a CODE WEEK aprendemos a programar, con e sen ordenador, diferentes actividades, proxectos, xogos, Scratch...unha experiencia moi favorable para nós, uns nenos e unhas nenas de 2º EP capaces de comernos o mundo, aínda sendo tan diminutos/as en idade.

Para saber máis das actividades entra no noso blogue de aula

xuntasexuntosmedramos.blogspot.com

 

 

 

OS NENOS E NENAS DE 2º NIVEL XA ESTAMOS DENTRO DA EUROPE CODE WEEK

A EUROPE CODE WEEK é un evento a nivel dos estados da UE, unha iniciativa que pretende achegar a todos e todas, especialmente, aos máis pequenos/as, a programación informática e a alfabetización dixital dunha maneira divertida e atractiva.

A proxima edición de CODE WEEK celebrarase entre o 5 eo 20 de outubre.

Aprender a programar axúdanos a comprender o noso mundo actual, altamente tecnificado e sometido a grandes cambios tecnolóxicos

  

 

 

Para seguir o seu desenvolvemento preme na seguinte imaxe 

CHIQUITECTOS E CHIQUITECTAS no 2º NIVEL DE EP ...Un mergullo o mundo da arquitectura!

Para comenzar con este proxecto imos de excursión a Santiago, á Cidade da Cultura, para asistir a un taller ARGALLAR, este mércores e continuaremos con actividades na clase.

Se tedes curiosidade en todo o traballo que estamos a facer, preme na seguinte imaxe, onde todo empezou!  


                

Powered by Drupal - Design by artinet